Samuel Eiján: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
RNC (conversa | contribucións)
m mudo data de nacemento segundo a páxina da RAG, a data de falecemento non coincide coa da wikipedia en español pero alí remítense ao DLG que non dá a data polo que é unha referencia falsa
RNC (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 17: Liña 17:
*''El Patronato Real de los Santos Lugares en la historia de Tierra Santa'' (Madrid: Ibarra, [[1945]]–[[1946]]).
*''El Patronato Real de los Santos Lugares en la historia de Tierra Santa'' (Madrid: Ibarra, [[1945]]–[[1946]]).


== Notas ==
<references/>
{{Personalidades de Galicia en progreso}}
{{Personalidades de Galicia en progreso}}



Revisión como estaba o 17 de outubro de 2009 ás 15:41

Samuel Eiján Lorenzo, nado en San Clodio o 10 de maio de 1876 e finado en Santiago de Compostela o 1 de decembro de 1945[1], foi un sacerdote franciscano e escritor galego.

Traxectoria

Samuel Eiján foi superior do convento do Santo Sepulcro en Xerusalén, procurador xeral de Terra Santa, definidor provincial, ministro provincial e custodio da provincia de Ourense. Foi membro da Real Academia Galega, correspondente do Instituto Histórico do Minho, membro nato da Xunta do Padroado da Obra Pía dos Santos Lugares e cabaleiro comendador con placa da orde de Isabel a Católica.

Escribiu unha extensa obra literaria na que tocou varios xéneros (poesía, narrativa, teatro,...). Colaborou en revistas e dirixiu El Eco Franciscano. A súa obra, en galego e castelán, inspírase na relixión e no sentimento da terra.

Obra

  • Barnabé d’Alsace, OFM, Nueva guía de Tierra Santa, tr. Samuel Eiján (Barcelona-Vich: Tipografía Franciscana, 1908).
  • Mágoas. Versos gallegos, (1902; 2 ed. 1913). (poemario).
  • Narraciones y leyendas del oriente Barcelona, (1910).
  • D'a y'-alma. Versos gallegos, (1915). (poemario).
  • Historia de Ribadavia y sus alrededores, 1920. Editorial Alvarellos, Edic. facsímil, (1981), ISBN 84-85311-40-X. (ensaio historiográfico).
  • Froliñas de San Francisco. Romanceiro seráfico galicián, (1926). (poesía).
  • España mirando a Tierra Santa: Nuevas anotaciones históricas, Santiago de Compostela, Tipografía de “El Eco Franciscano,” (1934).
  • Hispanidad en Tierra Santa; actuación diplomática, Madrid, Imprenta de Galo Sáez, (1943).
  • El Patronato Real de los Santos Lugares en la historia de Tierra Santa (Madrid: Ibarra, 19451946).

Notas

  1. http://www.realacademiagalega.org/academy/FindNumeraryAcademic.do?academicIdentifier=271&card=BIO_CARD&day=5&month=5&year=2005&from=COMP&startIndex=1&count=10 Real Academia Galega

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade galega é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.