Curry: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Modificado: pt:Caril (culinária)
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ro:Curry
Liña 44: Liña 44:
[[pl:Curry]]
[[pl:Curry]]
[[pt:Caril (culinária)]]
[[pt:Caril (culinária)]]
[[ro:Curry]]
[[ru:Карри (блюдо)]]
[[ru:Карри (блюдо)]]
[[simple:Curry]]
[[simple:Curry]]

Revisión como estaba o 15 de outubro de 2009 ás 09:39

Pratos feitos con curry.
Curry de polo.

O curry é unha mestura de especias que se emprega na India para guisos ou estofados con mollo, comercializadas orixinalmente na Inglaterra e nos Países Baixos. Así mesmo, refírese ós pratos preparados con este mollo. A palabra curry deriva de kari, que significa "mollo" en támil.

As especias que a miúdo adoitan incluírse na mestura do curry son: chile, asubiote, alcaravea, azafrán, canela, cardamomo, cebola seca, apio, coendros, comiño, cúrcuma, alforfa, xenxibre, mostaza, noz moscada, pementa de caiena, pementa, tamarindo. O curry varía de rexión en rexión e a súa cor depende da mestura de ingredientes.

Na gastronomía de China emprégase un curry chamado po dos cinco sabores ou po de cinco especias, que mestura cinco ingredientes (cúrcuma, comino, pementón, canela e cardamomo). É coñecido como "Um Gion Fan"(cinco sabores) e é moi utilizado na preparación de diversos pratos, achegando moito sabor e arrecendo.

Véxase tamén

Outros artigos