Nabucodonosor II: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: hr:Nabukodonosor II. Modificado: cy:Nebuchadnesar II
m bot Modificado: ro:Nabucodonosor al II-lea
Liña 49: Liña 49:
[[pl:Nabuchodonozor II]]
[[pl:Nabuchodonozor II]]
[[pt:Nabucodonosor II]]
[[pt:Nabucodonosor II]]
[[ro:Nabucodonosor]]
[[ro:Nabucodonosor al II-lea]]
[[ru:Навуходоносор II]]
[[ru:Навуходоносор II]]
[[sh:Nabukodonosor II]]
[[sh:Nabukodonosor II]]

Revisión como estaba o 12 de outubro de 2009 ás 07:50

Nabucodonosor II (605-562 a.C.) foi un rei de Babilonia da dinastía caldea. Os seus 43 anos de reinado foron os do máximo esplendor do imperio neobabilónico.

Campañas

Fillo maior e sucesor de Nabopolasar. Casado coa filla ou neta de Ciaxares, rei de Media, foi un hábil negociador e diplomático. O seu pai enviouno a conquerir Siria en poder dos exipcios tras a disgregación do imperio de Asiria. Vencedor da batalla de Carchemish (605), someteu Siria e Fenicia. Ese mesmo ano subiu ao trono, trala morte de Nabopolasar.

Derrotou a cimerios e escitas. Tras consolidar a súa amizade cos medos, dirixiu as súas expedicións cara Occidente. Conquistou Xerusalén no ano 597. Coincidindo con outro intento de invasión por parte dos exipcios, un novo levantamento de Xudá rematou coa destrucción de Xerusalén e o seu templo, así como coa deportación de moitos cidadáns prominentes a Babilonia. Durante 13 anos sitiou a cidade de Tiro, que acabou recoñecendo a autoridade de Nabucodonosor. Realizou varias operacións de castigo sobre Exipto.

Construcións

Nabucodonosor foi un soberano moi devoto (especialmente do gran deus Marduk) que ergueu e restaurou gran número de templos. Fixo de Babilonia unha das grandes marabillas da historia da humanidade. O pazo real, a ponte e o túnel que cruzaban o Éufrates, canles, a porta de Ishtar con ladrillos esmaltados, o zigurat de Etemenanki de 90 metros de altura (posiblemente a torre de Babel da Biblia) e os irrepetibles xardíns pendurantes de Babilonia realizados para aliviar a morriña de raíña Amitis, que sospiraba polas primaveras das montañas de Media, onde se criara. Nada diso sería posible sen a actividade obreira de numerosos cativos traídos das terras conquistadas.

Sucedeuno o seu fillo Amel-Marduk