Arsenio Martínez-Campos Antón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
Liña 34: Liña 34:
[[es:Arsenio Martínez-Campos Antón]]
[[es:Arsenio Martínez-Campos Antón]]
[[fr:Arsenio Martínez-Campos Antón]]
[[fr:Arsenio Martínez-Campos Antón]]
[[la:Arsenius Martínez-Campos Antón]]
[[pt:Arsenio Martínez-Campos Antón]]
[[pt:Arsenio Martínez-Campos Antón]]
[[ru:Мартинес де Кампос, Арсенио]]
[[ru:Мартинес де Кампос, Арсенио]]

Revisión como estaba o 10 de outubro de 2009 ás 08:17

Arsenio Martínez-Campos Antón (Segovia, 14 de decembro de 1831 - Zarautz, 23 de setembro de 1900) foi un oficial español que proclamou un pronunciamento en contra da Primeira República en 1874, iniciando a restauración borbónica. Foi máis tarde Capitán Xeneral de Cuba e Presidente do Goberno Español (1879-1879)

Formación e primeiros destinos

Foi un militar de carreira que se formou na Escola do Estado Maior. En 1854 foi nomeado membro do Estado Maior español, do que máis tarde sería profesor. En 1860 foi destinado a África, nunha expedición conxunta con Franza e Inglaterra, acadando o grao de tenente coronel; tamén tomaría parte na campaña de 1862 en México sob as ordes do xeneral Joan Prim.

Durante o Sexenio Democrático

En 1868 a raiña Isabel II foi destronada. Un ano despois Martínez-Campos será destinado a Cuba, onde acababa de comezar a Guerra dos Dez Anos. Regresa a España tres anos logo como brigadier por méritos de guerra. Unha vez na Península, recibe o mando dunha brigada para combater os carlistas en Cataluña. En 1873, durante a Primeira República española, o presidente Nicolás Salmerón, noméao Capitán Xeneral de Valencia e encárgalle submeter os cantóns de Almansa e de Valencia, cousa que consegue sen demasiada dificultade, pero empregando toda a dureza posíbel; así a última cidade foi bombardeada e tomada a asalto.

O 2 de xaneiro de 1874 o xeneral Manuel Pavía disolveu as Cortes republicanas, aínda que a Primeira República sobrevíu case todo ese ano, dirixida por Serrano, estaba ferida xa de morte.

Pronunciamento de Sagunto e Restauración

Mentres, Martínez-Campos, que estaba confinado en Mallorca, pasou a Castela, onde se dedicou a conspirar en favor da restauración da monarquía borbónica, apesar da oposición de Antonio Cánovas del Castillo, que prefería chegar á mesma fin por vía parlamentaria. O 29 de decembro de 1874, o biografiado pronunciouse en Sagunto, a favor de Alfonso de Borbón, fillo da exiliada Isabel II, precipitando a súa chegada ao trono como Alfonso XII. Máis tarde será nomeado Capitán Xeneral de Cataluña, despois de derrotar os carlistas en Navarra e Cataluña (onde ocupou Olot e La Seu d'Urgell, en 1875). Na Restauración, foi destinado novamente a Cuba, en 1876, como Capitán Xeneral, asinando un tratado de paz en 1878, que outorga a Cuba maior autonomía.

Presidente do Goberno

Volto a España, presidirá en 1879 o goberno, pero somente sob tutela de Cánovas del Castillo. Forzado a deixar o partido Conservador, logo de propor a total liberación dos negros de España. Pasou entón ás filas liberais, converténdose en Ministro de Guerra no gabinete Sagasta. Fundaría nese cargo a Academia Militar General.

Últimos anos

En 1893, foi designado xeneral xefe do Exército de África, conseguindo cerrar un tratado de paz co Sultán magrebí en 1894. No mesmo ano de 1893, sufríu un atentado, do que poido saír ileso, en Barcelona, onde á sazón estaba destinado como Capitán Xeneral de Cataluña. Dous anos máis tarde, retornou a Cuba, pero enfrondo á necesidade de endurecer as medidas contra os rebeldes, nesa época apoiados polos Estados Unidos de América, demite do seu posto para voltar a España, onde sería nomeado presidente do Tribunal Supremo de Guerra e Mariña, cargo que exercería até a súa morte en 1900.


Predecesor:
Antonio Cánovas del Castillo
Presidente do Goberno de España
1879
Sucesor:
Antonio Cánovas del Castillo