Provincia de Cidade Real: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: nn:Provinsen Ciudad Real
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: no:Ciudad Real (provins)
Liña 38: Liña 38:
[[nl:Ciudad Real (provincie)]]
[[nl:Ciudad Real (provincie)]]
[[nn:Provinsen Ciudad Real]]
[[nn:Provinsen Ciudad Real]]
[[no:Ciudad Real (provins)]]
[[oc:Ciudad Real (província)]]
[[oc:Ciudad Real (província)]]
[[pam:Ciudad Real (lalawigan)]]
[[pam:Ciudad Real (lalawigan)]]

Revisión como estaba o 5 de outubro de 2009 ás 15:49

Situación de Cidade Real en España

A provincia de Cidade Real (Ciudad Real en castelán e oficialmente) está situada na Comunidade Autónoma de Castela - A Mancha, que ten como capital a cidade do mesmo nome. Conta cunha poboación de 506.864 habitantes (2006), e ocupa unha superfície de 19.813 km², que se reparten entre 100 concellos. Limita polo Norte coa provincia de Toledo, polo Nordeste coa provincia de Cuenca, polo Leste coa provincia de Albacete, polo Sur con Andalucía (provincias de Córdoba e Xaén), e polo Oeste con Estremadura (provincia de Badaxoz).

Xeografía

Relevo

A súa paisaxe está definida pola Meseta Central Ibérica na súa metade septentrional: trátase dun esteso altiplano de horizonte chairo apenas interrompido por outeiros de pouca altura. O sur da provincia está delimitado pola Serra Morena, na que o principal paso cara Andalucía está en Despeñaperros; mentres que no Norte érguense os Montes de Toledo, unha cadea montañosa non moi elevada.

Grande parte do territorio pertence á comarca da Mancha, arredor da cal aparcen as subcomarcas do Campo de Calatrava, o Campo de San Juan e o Campo de Montiel.

Hidrografía

O río Guadiana é a principal cunca hidográfica; nace nas lagoas de Ruidera, na parte oriental da provincia, desaparecendo e voltando a aparecer nos arredores da localidade de Villarrubia de los Ojos. Algúns dos seus afluentes importantes na provincia son o Cigüela, o Záncara e o Jabalón.

Clima

O clima da província é continental, caracterizado por invernos fríos e veráns moi calorosos.