Gogol Bordello: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: substituír 'mentras' por 'mentres'
Liña 25: Liña 25:
Varios membros da banda, xunto con membros de [[Balkan Beat Box]], teñen un proxecto paralelo que mestura [[dub]] e [[música electrónica|electrónica]] chamado [[J.U.F.]] (Jewish-Ukrainian Freundschaft).
Varios membros da banda, xunto con membros de [[Balkan Beat Box]], teñen un proxecto paralelo que mestura [[dub]] e [[música electrónica|electrónica]] chamado [[J.U.F.]] (Jewish-Ukrainian Freundschaft).


No 2007 actuaron nunha presentación en vivo no Live Earth de [[Londres]] xunto con [[Madonna]], coa que tocan mentras cantan "La Isla Bonita", o 7 de xullo de 2007.
No 2007 actuaron nunha presentación en vivo no Live Earth de [[Londres]] xunto con [[Madonna]], coa que tocan mentres cantan "La Isla Bonita", o 7 de xullo de 2007.


==Membros==
==Membros==

Revisión como estaba o 3 de outubro de 2009 ás 16:03

gogol bordello
OrixeNova York,
Período1999-
Xénero(s)gipsy punk
Selo(s) discográfico(s)SideOneDummy Records
Rubric Records
MembrosEugene Hütz
Sergey Ryabtzev
Yuri Lemeshev
Oren Kaplan
Karl Álvarez
Eliot Ferguson
Pamela Jintana Racine
Elizabeth Sun
Na rede
www.gogolbordello.com
IMDB: nm2056576 Facebook: gogolbordello Twitter: gogolbordello Instagram: gogolbordello MySpace: gogolbordello Youtube: UCMIR3hEDm2gMtN8DfgvS-yQ Souncloud: gogolbordello Spotify: 2SVw939fwuqSobLjF8u78b Last fm: Gogol+Bordello Musicbrainz: f47fc54d-b334-4321-8218-00c5b11d4dd1 Songkick: 474383 Discogs: 192610 Allmusic: mn0000670273 Editar o valor em Wikidata

Gogol Bordello é un grupo de gypsy punk do Lower East Side de Nova York, formado en 1999. Un dos seus trazos máis característicos son os seus frenéticos directos, e outro o seu son inspirado na música xitana. A maior parte dos seus membros son inmigrantes de Europa do leste, e o grupo utiliza sons de acordeón e violín (e, nalgúns dos seus discos, saxofón e música de cabaret, punk e dub.

Nunha entrevista para a National Public Radio, o líder Eugene Hütz citou a Jimi Hendrix e Parliament-Funkadelic como influencias musicais do grupo, e a Nikolái Gogol (homenaxeado no nome da banda) como unha influencia ideolóxica. Entre as súas influencias están tamén Manu Chao, Fugazi, Kalpakov, Rootsman ou The Clash.

Lanzaron o seu primeiro single en 1999, e desde entón publicaron dous álbums, un EP e un álbum en colaboración con Balkan Beat Box. En 2005 o grupo firmou ca discográfica de punk rock SideOneDummy Records.

A gravación de "Start Wearing Purple" do disco Voi-La Intruder deunos a coñecer no Reino Unido, e foi regravada para o seu disco Gypsy Punks, convertíndose no seu primeiro sinxelo internacional. “Not a Crime” foi seleccionado como segundo sinxelo.

A melodía de "Start Wearing Purple" aparece en varias esceas ó longo da película de 2005 Everything Is Illuminated, e nos títulos de crédito óese a canción con letra; é tamén a última canción da banda sonora. Ademais, Eugene Hütz tivo un papel protagonista no filme.

Varios membros da banda, xunto con membros de Balkan Beat Box, teñen un proxecto paralelo que mestura dub e electrónica chamado J.U.F. (Jewish-Ukrainian Freundschaft).

No 2007 actuaron nunha presentación en vivo no Live Earth de Londres xunto con Madonna, coa que tocan mentres cantan "La Isla Bonita", o 7 de xullo de 2007.

Membros

Membros actuais

Antigos membros

Discografía

Outros discos

Ligazóns externas