Diferenzas entre revisións de «Calgary»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
Bot: substituír 'perto' por 'preto'
m (Bot: substituír 'perto' por 'preto')
'''Calgary''' é a cidade máis grande da provincia de [[Alberta]] ([[Canadá]]). Está situada no Sur da provincia, nunha rexión de outeiros e mesetas a unha distancia aproximada de 80 km ao Leste das [[montañas Rochosas]]. É a terceira cidade do Canadá por poboación, contando, segundo o censo de abril de 2006, con 988.193 habitantes (1.079.310 na metrópole urbana en 2006, o que a coloca no quinto posto metropolitano canadiano). O « corredor Calgary-[[Edmonton]] » é a zona urbana máis poboada entre Toronto e Vancouver. Tomou o seu nome dunha praia sita na illa de [[Mull]] en [[Écosse]].
 
Calgary é un destino ben coñecido para deportes de inverno e ecoturismo; un grande número de lugares de vacacións importantes se sitúan pertopreto da cidade. A economía de Calgary está principalmente centrada na industria petroleira; porén, a agricultura, o turismo e máis a alta tecnoloxía contribúen de xeito importante no desenvolvemento económico veloz da urbe. Calgary acolle tamén varios dos festivais anuais máis importantes como a Stampede de Calgary, o Folk Music Festival, o Lilac Festival, a GlobalFest, e o segundo festival da cultura dos Caribes do país (Carifest). En [[1988]], Calgary converteuse na primeira cidade canadiana que acolleu os [[Xogos Olímpicos de inverno de 1988|Xogos olímpicos de inverno]].
 
Calgary é a cidade máis próspera na provincia máis rica do Canadá.
44.135

edicións

Menú de navegación