Conversa usuario:Xeol'oartabro: Diferenzas entre revisións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Pexego (conversa | contribucións)
Liña 47: Liña 47:
Acouga, por favor. Creo que non entendiches como funciona o proxecto (non só da Galipedia senón da wiki en calquera lingua). Aquí, repítoche, hai unha serie de editores que voluntaria e individualmente empregan o seu tempo a prol da lingua e a cultura galegas, e punto. Non hai máis. Nin conxuras nin conspiracións nin criterio único. Quita esa idea de que che estamos detrás arramplando co que fas. Amais, ten moi presente que ningún artigo é teu ou meu ou daqueloutra. Os artigos non teñen dono nin editor con privilexios. Tanto ten o que se edite e tanto ten quen o edite. Teño a impresión de que non entendiches como vai iso, pero iso non debe de ser problema ningún, pois vas ter toda a axuda que precises para achegarte a el, pero iso si: cambia de atitude e sobre todo de maneiras. --[[Usuario:Atobar|Atobar]] <sup>([[Conversa Usuario:Atobar|conversa comigo]])</sup> 14:54, 2 outubro 2009 (UTC)
Acouga, por favor. Creo que non entendiches como funciona o proxecto (non só da Galipedia senón da wiki en calquera lingua). Aquí, repítoche, hai unha serie de editores que voluntaria e individualmente empregan o seu tempo a prol da lingua e a cultura galegas, e punto. Non hai máis. Nin conxuras nin conspiracións nin criterio único. Quita esa idea de que che estamos detrás arramplando co que fas. Amais, ten moi presente que ningún artigo é teu ou meu ou daqueloutra. Os artigos non teñen dono nin editor con privilexios. Tanto ten o que se edite e tanto ten quen o edite. Teño a impresión de que non entendiches como vai iso, pero iso non debe de ser problema ningún, pois vas ter toda a axuda que precises para achegarte a el, pero iso si: cambia de atitude e sobre todo de maneiras. --[[Usuario:Atobar|Atobar]] <sup>([[Conversa Usuario:Atobar|conversa comigo]])</sup> 14:54, 2 outubro 2009 (UTC)
:Xeol'oArtabro Até o de agora penso que tiñas razón en algunhas cousas, trata de non perdela por favor. Todos remamos no mesmo barco, e aquí ningué cobra polo traballo que fai. Frena e reconsidera a túa postura por favor. --[[User:Pexego|Pexego]]<sup>[[User talk:Pexego|(conversa)]]</sup> 14:56, 2 outubro 2009 (UTC)
:Xeol'oArtabro Até o de agora penso que tiñas razón en algunhas cousas, trata de non perdela por favor. Todos remamos no mesmo barco, e aquí ningué cobra polo traballo que fai. Frena e reconsidera a túa postura por favor. --[[User:Pexego|Pexego]]<sup>[[User talk:Pexego|(conversa)]]</sup> 14:56, 2 outubro 2009 (UTC)
::Insisto, calma. Non vandalices, con iso non gañas nada; ao contrario. --[[Usuario:Atobar|Atobar]] <sup>([[Conversa Usuario:Atobar|conversa comigo]])</sup> 14:58, 2 outubro 2009 (UTC)

Revisión como estaba o 2 de outubro de 2009 ás 14:58

Dámosche a benvida á Galipedia, Xeol'oartabro!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface, como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Atobar (conversa comigo) 09:19, 9 setembro 2009 (UTC)

Varios

Ola, Xeol. Vexo que estás a facer artigos, e iso é motivo de celebración, que falta nos fan novos colaboradores. Daquela, parabéns. O que si che pediría é que te cinguises ao formato da propia Galipedia na medida do posíbel. É normal que aínda non lle teñas pillado o truco, que ninguén nace aprendido, de maneira que entendo que é algo que virá de a pouco. Non obstante, para ir vendo a que me refiro podes botarlle un ollo a esta corrección mínima que che fixen neste artigo. E outra cousa: vexo que tes algúns problemas de lingua. Nada grave. Mais si sería bo que botes man de gramáticas, correctores e dicionarios. Aquí che vai unha ligazón que deseguro che vai valer de guieiro. Un saúdo e para calquera dúbidas non temas en nos contactar a calquera dos que andamos habitualmente por aquí. --Atobar (conversa comigo) 09:26, 9 setembro 2009 (UTC)

  • Pediríache que engadas referencias e fagas artigos máis longos e sobre todo máis enciclopédicos. Bota man doutras fontes sempre que poidas e pide axuda se fai falla. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 21:24, 28 setembro 2009 (UTC)
  • Benvido á Galipedia Xeol'oartabro. Con respecto ao marcador {{Atención}} o procedemento na Galipedia é que debes esperar a que o colaborador que colocou dito marcador verifique que efectivamente se correxiron os problemas que obrigaron a poñer o aviso no artigo. É un procedemento incorrecto que retires o marcador ti mesmo, por ese motivo vouno recuperar por segunda vez. Non debes interpretar ese xeito de actuar como unha desvaloración da túa colaboración, trátase dun modo de proceder para garantir que se cumpren os requisitos para a publicación de artigos na Wikipedia. Por outra banda, un dos principios fundadores da Wikipedia é que non é fonte primaria (digoo pola frase "O autor deste artigo fixo un traballo de campo in situ"), iso significa que non se poden publicar investigacións propias senón datos referenciados en fontes externas. Para calquera dúbida non tes máis que preguntar nunha das páxinas de conversa. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 22:15, 28 setembro 2009 (UTC)

referencias

Boa noite de novo, Xeol. Vouche comentar unhas cousiñas sobre a forma de referenciar. Por exemplo: ti puxeches como referencias estas:

  1. O autor deste artigo fixo un traballo de campo in situ
  2. Antón Pena Graña; Arqueólogo
  3. Guía dos castros de Galicia-- Ed. do Cumio

Como comprenderás os artigos non teñen un autor. Son simplemente da Galipedia. Amais, mesmo se o propio Shakespeare quixera explicar que o levou a dar tales ou cales atributos a Hamlet, non podería facelo doutro xeito máis que remitíndose a fontes constrastábeis de críticos ou de textos que el mesmo teña escrito. É dicir, por moito que saibas, se iso non se pode comprobar, para a Galipedia non vale como fonte. As referencias 2 e 3 pois máis ou menos o mesmo. Non abonda con que digas estes señor di isto, senón que cómpre que especifiques onde exactamente. Ao principio resulta complicado isto das referencias, pero verás que non ten moita ciencia. A pouco que un se saiba mover sempre termina atopando. Pois nada, o dito: dálle un repaso á lingua e a seguir contribuíndo, que se che agradece. Aburiño. --Atobar (conversa comigo) 22:34, 28 setembro 2009 (UTC)

Borrado de imaxe

Ola, Xeol. A imaxe que subiches co tartán galego foi borrada. É unha imaxe que sacaches dunha web, e que, ao non indicarse outra cousa, está suxeita a copyright. Non se pode publicar material con copyright na wikipedia. Se tes calquera dúbida sobre esta cuestión, non dubides en consultarmo a min ou a outros editores da Wikipedia. --Xabier Cid Conversa 07:11, 29 setembro 2009 (UTC)

Problemas cunha iamxe

Por outra parte, a bandeira que sinalaches como da Terra Eo-Navia non está referenciada, nuin a súa orixe, nin o seu uso para ese territorio. Polo tanto, procedín a retirala do artigo e a propor unha votación do seu borrado. Se tes referencias sobre esta cuestión, prégoche que as achegues. --Xabier Cid Conversa 07:11, 29 setembro 2009 (UTC)

Xeol, o que estás poñendo non son referencias, son webs que a empregan e a páxina de quen as vende, unha referencia é outra cousa, un artigo ou libro dun investigador no que fale da bandeira por exemplo, iso sería unha referencia correcta, que como todo se podería discutir pero a referencia sería iso unha referencia.--RNC 14:23, 29 setembro 2009 (UTC)
Valería a web de Bandeira galega ou da asociación Abertal?.--Usuario:Xeol'oartabro
  • Bandeira galega é unha web comercial dedicada a vender produtos, non pode ser unha web de referencia, que a bandeira apareza na web da asociación Abertal o único que podería indicar é que é a bandeira que usa Abertal na súa web, nin máis nin menos. Mirei é non hai nesa web artigo ningún dunha bandeira. Unha referencia ten que ser clara, non se trata de buscar como tolos en internet para atopar unha case referencia que xustifique a elección, é pola contra a elección a que debe estar claramente referenciada, é dicir a referencia debe dicir claramente que esa, exactamente esa, é a bandeira da Terra Eo Navia, e de onde procede, quen di que é a bandeira dese territorio, etc.--RNC 14:49, 29 setembro 2009 (UTC)
Mirando máis polo miúdo, vexo que nesa web si hai unha indicación de bandeira da Terra Eo-Navia, nese caso o que indica é que a Asociación Abertal propona/recoñécea (ou simplemente se fai eco da súa creación por alguén, non se pode deducir máis) como a bandeira do Eo-Navia, pero segue sen haber referencias sobre o seu uso real, que realmente estea considerada por unha barte importante da sociedade local como a bandeira do Eo-Navia.--RNC 15:04, 29 setembro 2009 (UTC)
Tamén o falan na Voz del Eo.Navia; que é un xornal e non unha web de venta de productos; tamén noutros blogues; e incluso hai unha nova en vieiros acerca desta bandeira; a web de universo andalucista [[1]] tena rexistrada como bandeira do eo-navia... ¿cales serían as webs que valen de referencia; ou os libros que valen de referencia? ¿existe un libro de estilo sobre referencias correctas? Desculpade a miña falta de coñecemento sobre como editar na wiki, pero creo que hai cousas que están suxeitas mais a non levantar polémica que a idea de informar da sua existéncia. As webs que puxen son o que atopei na rede, é unha mostra da sua existéncia; tamén é unha mostra de alguns sectores e asociacions do eo-navia usandoa. Hai colantes e a prova da existéncia física. Se o vedes mais políticamente correcto podese poñer ou describir como bandeira do movemento eonaviego ou algo así, mais coido que se un sector da poboazón o usa, non sei por que non pode sair na Wiki ¿hai algún problema con respecto a esto que veña de atras e que non saiba? .--Xeol'oartabro

Tribos celtas

Estás a facer algúns cambios que non sei até que punto teñen valor. Pon referencias, por favor. E con respecto ao que lle dis a RNC, non hai problemas co politicamente correcto ou non, aquí só se procura dar información seria, iso é todo. Así, por exemplo, cando preguntas se a web dun xornal, vale, pois relativamente. Valería se o xornal está entrevistando ou facéndose eco dunha asociación ou dunha tese científica, pero non se o pon sen máis. Pregaríache tamén que lle deas un repaso ao teu galego. Déixoche unha ligazón que che pode resultar de utilidade. Aquí a tes. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 20:35, 29 setembro 2009 (UTC)

E para responder, faino na páxina de conversa do usuario ao que desexes dirixirte. E lembra asinar. Faise co cuarto botonciño pola dereita, enriba do cadro da escrita, o do garabato. --Atobar (conversa comigo) 20:36, 29 setembro 2009 (UTC)
Ola, Xeol'oartabro: sería bo que te centrases nun artigo concreto dos que xa creaches. Digocho pensando que aínda non dominas nin a lingua nin sobre todo o formato ao que cómpre cinguirse na Galipedia. Se me permites un consello, sería bo que comezases con cousas máis sinxelas ca o Celtismo. Non porque non teñas os coñecementos, que non o sei, se non por unha mera cuestión de facilidades. Amais, para que che poidamos axudar sen medo a entremeternos, non estaría de máis que deixases os marcadores EnUso só para cando esteas seguro de que o vas e comezar do tirón. Saúdos. Hai outras cousas que che quería comentar, pero xa chas irei dicindo máis adiante. --Atobar (conversa comigo) 18:44, 30 setembro 2009 (UTC)

Celtismo

Por definición, celtismo e panceltismo nunca pode se-lo mesmo. Á marxe do que entendas por celtismo, o prefixo pan- engade un matiz de totalidade que fai imposible consideralos sinónimos. Pedro --Lameiro (conversa) 23:21, 30 setembro 2009 (UTC)

  • Xoel, teñamos a festa en paz. Nin ti nin eu estamos aquí para definir conceptos nin discutir se quen ten a autoridade para facelo está errado ou non. Colle un dicionario e le a definición do prefixo pan-. Vou borrar outra vez o panceltismo e, advírtocho, se volves editalo procederei a solicitar a outro administrador o teu bloqueo (non o farei eu por ser parte interesada na discusión). Naturalmente, podes pedir a calquera administrador que desfaga o meu borrado e, se o cres oportuno, mesmo pedir accións contra min se cres que actúo inxustificadamente. Pedro --Lameiro (conversa) 23:45, 30 setembro 2009 (UTC)
Xeol, como ben di Lameiro, non é cuestión de que el sexa administrador ou editor, nin de que ti sexas unha cousa ou outra. Tampouco é a opinión del contra a túa, senón a dunhas referencias (véxase Conversa:celtismo) ou a da ausencia delas. E se ti non achegas referencias de que panceltismo sexa un sinónimo de celtismo, pois haberá que borrala, claro. --Xabier Cid Conversa 12:07, 2 outubro 2009 (UTC)

Índice

Ola Xeol'oartabro! Os índices créanse automaticamente cando hai varias seccións no artigo. Non lembro exactamente o número, creo que é a partir de 3 seccións que aparece o índice. Non fai falta crear ningún modelo. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 20:00, 1 outubro 2009 (UTC)

Tranquilidade

Acouga, por favor. Creo que non entendiches como funciona o proxecto (non só da Galipedia senón da wiki en calquera lingua). Aquí, repítoche, hai unha serie de editores que voluntaria e individualmente empregan o seu tempo a prol da lingua e a cultura galegas, e punto. Non hai máis. Nin conxuras nin conspiracións nin criterio único. Quita esa idea de que che estamos detrás arramplando co que fas. Amais, ten moi presente que ningún artigo é teu ou meu ou daqueloutra. Os artigos non teñen dono nin editor con privilexios. Tanto ten o que se edite e tanto ten quen o edite. Teño a impresión de que non entendiches como vai iso, pero iso non debe de ser problema ningún, pois vas ter toda a axuda que precises para achegarte a el, pero iso si: cambia de atitude e sobre todo de maneiras. --Atobar (conversa comigo) 14:54, 2 outubro 2009 (UTC)

Xeol'oArtabro Até o de agora penso que tiñas razón en algunhas cousas, trata de non perdela por favor. Todos remamos no mesmo barco, e aquí ningué cobra polo traballo que fai. Frena e reconsidera a túa postura por favor. --Pexego(conversa) 14:56, 2 outubro 2009 (UTC)
Insisto, calma. Non vandalices, con iso non gañas nada; ao contrario. --Atobar (conversa comigo) 14:58, 2 outubro 2009 (UTC)