Panceltismo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m recupero edición boa.
O contido da páxina foi eliminado
Liña 1: Liña 1:
O '''Celtismo''' é un movemento social e cultural que trata de pór en valor a ''identidade céltiga'' coma trazo salientábel dentro dun determinado [[territorio]]<ref>Diccionario Xerais da Lingua</ref> basándose en estudos científicos e [[etnografía]] comparada<ref>A Galicia Celta. Antonio Balboa Salgado. Ed. Lóstrego. páx 17-20</ref>.

==Historia==
O '''Celtismo''' comeza a tomar forma a mediados do [[século XVII]] co nacemento dun movemento literario coñecido coma [[Rexurdimento celta]] que se estendeu por boa parte de [[Europa]]. Este movemento cultural foi mudando co decorrer do tempo e as situacións sociopolíticas de [[Europa]] e pervive en maior ou menor grao ata os días de hoxe{{cómpre referencia}}.


===O ''Rexurdimento Celta'', a semente do celtismo===
{{artigo principal|Rexurdimento celta}}
No ano [[1746]] prodúcese a derrota dos [[xacobismo|xacobitas]] na [[Batalla de Culloden]]. Este é o punto de inflexión para o nacemento do que se deu en coñecer como [[Rexurdimento celta]].

No ano [[1762]] [[James Macpherson]] publica ''Fragments of Ancient Poetry Collected in the Highlands of Scotland, and Translated from the Gaelic or Erse Language'' (''Fragmentos de poesía antiga recollidos nas Terras Altas de Escocia, e traducidas do [[lingua gaélica de Escocia|gaélico]] ou Erse''). En [[1762]] sae do prelo ''Fingal'' e en [[1763]] ''Temora''. Estas dúas obras foron invencións de supostas traducións dos [[poema épico|poemas épicos]] en gaélico dun poeta chamado [[Ossian]].

Non tardan en sumarse [[poeta|poetas]] doutras zonas da Europa atlántica. Un claro exemplo son as obras de poesía [[Literatura galesa|galesa]] publicadas por [[Ieuan Brydydd]] en [[1764]]; tamén cultiva este [[xénero literario]] o inglés [[Thomas Gray]] en obras como ''Elexía sobre un cemiterio de aldea'' e ''O bardo''.

===O celtismo do século XIX e os seus primeiros pasos===
Coa chegada do [[século XIX]] o que viña sendo un movemento literario convértese nun movemento político, social e cultural; tinguido todo el do carácter [[Romanticismo|romántico]] que se estendía dende [[Alemaña]] ao resto da Europa occidental.

No ano ??? publicáronse moitas traducións de obras das literaturas celtas, nomeadamente, o ''Mabinogion'' (Charlotte Guest, 1838-1849), o ''Barzaz Breiz'' e ''Os Bardos bretóns do século VI'' (Hersart de la Villemarqué, 1839-1850). En [[1854]] Ernest Renan publicou ''A Poesía das razas celtas'', un estudo moi influente e en 1865 e 1866 Mathew Arnold pronunciou unha serie de conferencias sobre a literatura celta en [[Oxford]] que vinculaba todas as literaturas celtas e contribuíu a promover a creación da cátedra de Celta nesta universidade en 1877.

Durante o s.XIX moitos escritores ingleses empregaron a temática celta, como [[Thomas Love Peacock]], Tennyson e Gerard Manley Hopkins. En [[Escocia]] destacaron William Black e William Sharp (este co pseudónimo de Fiona Macleod). O rexurdimento foi especialmente vigoroso en [[Irlanda]], con autores como [[W.B. Yeats]], "AE" (pseudónimo de George William Russell), Oliver St John Gogarty, [[Sean O'Casey]] e James Stephens. En Irlanda recibiu o nome de "Lusco-fusco celta" {{cómpre referencia}}.

Na Galiza coñeceuse como "celtismo" e o seu maior representante foi [[Eduardo Pondal]].
{{en uso}}


==Notas==
{{Listaref}}

==Véxase tamén==
===Outros artigos===
*[[Cultura castrexa]].
*[[Nacións celtas]].

[[Categoría:Literatura]]

<!--Categorías ocultas-->

Revisión como estaba o 2 de outubro de 2009 ás 14:56