Kilt: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
O contido da páxina foi eliminado |
|||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[Ficheiro:Kilted.jpg|thumb|250px|''Highland dress'': Kilt, sporran e chaqueta Argyll.]] |
|||
O '''''kilt''''' é unha [[saia]] masculina confeccionada cun deseño en [[tartán]], típico de [[Escocia]]. A [[cor]] do ''kilt'', así como o deseño da cadrícula do tartán, diferencia aos diferentes [[clan]]s das [[Highlands]]. |
|||
==O kilt orixinal== |
|||
[[Ficheiro:Plaid_Kilt_Nontraditional.jpg|thumb|150 px|Kilt.]] |
|||
A orixe do kilt está na '''''feileadh mor''''', unha túnica longa e sen confeccionar, duns cinco metros de longo, que se recollía e ataba cun [[cinto]] para cubrirse tanto o corpo como as pernas. A tela sobrante colocábase sobre o ombreiro, suxeitándose cun broche. A súa colocación sobre os ombreiros variaba en función das condicións climáticas ou da necesidade de liberdade de movementos. |
|||
===Evolución=== |
|||
A ''feileadh mor'' simplificouse prescindiendo da parte de arriba, deixando só o cinto e a saia. A prenda resultante recibiu o nome de '''''feileadh beg''''', ou ("kilt pequeno"). Segundo a tradición, esta transformación debeuse a un inglés, director dunha fundición en [[Invergarry]], que considerou que os seus empregados (todos eles ataviados co kilt tradicional), necesitaban maior liberdade de movemento para levar a cabo a súa angueira{{cómpre referencia}}. |
|||
===Prohibición e supervivencia=== |
|||
Trala derrota dos [[xacobitas]] na [[batalla de Culloden]] en [[1746]] prohibíronse o ''kilt'' e outros elementos da vestimenta das [[Highlands]]. Porén, superviviu en parte grazas ó seu uso por parte dos reximentos das Highlands ao servizo do [[exército británico]]. |
|||
Na [[Primeira Guerra Mundial]] (a primeira guerra moderna que desenvolveu unha preocupación pola camuflaxe das tropas, rexeitando os coridos e abigarrados uniformes anteriores, demasiado visibles para o inimigo) os reximentos escoceses do exército británico levaban un ''kilt'' de cor caqui. |
|||
Os actuais reximentos das Highlanders adoitan levalo (pero non en acción), se ven xa non como unha prenda de vestir decote. Tamén acostuma ser usado en eventos como vodas, xogos e acontecementos similares. |
|||
==Adopción nas [[nacións celtas]]== |
|||
{{sen referencias}} |
|||
{{FormatoWiki}} |
|||
Foi popularizada durante o Rexurdimento do [[século XIX]] en [[Escocia]]. Desde finais do [[século XX]], o kilt comezou tamén a ser adoptado progresivamente no resto dos [[Nacións celtas| países celtas]] como un sinal da moderna [[celtismo|identidade celta]] e de rexurdimento histórico en certos contextos folclóricos. |
|||
Malia que o kilt é comunmente asociado só a [[Escocia]], onde esta prenda é o traxe nacional desde hai dous séculos, o certo é que a saia masculina non é unicamente escocesa senón que é parte dunha máis extensa moda europea. |
|||
No espazo cultural atlántico sempre houbo intercambios desde moi antigo, e estes intercambios continúan a darse hoxe baixo diversas formas. |
|||
Desde que a saia con [[tartán]] ou kilt se recuperou como traxe nacional da [[Escocia]], esta vestimenta foi progresivamente espertando o interese doutros curmáns celtas modernos na [[Irlanda]], [[Gales]], [[Galiza]], [[Bretaña]] e [[Cornualles]]. |
|||
Irlanda mantivo sempre unhas relacións moi estreitas cos seus viciños escoceses. Isto levou a que o kilt e o tartan fosen importandos con naturalidade como un elemento complementario máis do folclore irlandés moderno. Aínda que obviamente con moita menor intensidade que na Escocia, onde cada familia ou clan ten o seu propio tartan, na Irlanda é posible ver individuos e grupos de gaitas vestindo en tartan e en kilt nalgúns eventos folclóricos. O tartan preferido para representar a Irlanda en kilt é o Irish National tartan, que sobre un fondo verde -a cor nacional irlandesa- ten fíos brancos, verde-escuros e laranxas, igual que as cores da bandeira do Éire. |
|||
Seguindo o exemplo de irlandeses, os entusiastas da identidade nacional galesa adoptaron un tartan nacional galés para identificar ao País de Gales en kilt. O Welsh National tartan leva unha combinación simples de liñas verdes e vermellas sobre un fondo verde, representando as cores da bandeira nacional galesa. |
|||
Galegos, bretóns, e cornualleses foron os seguintes en ir acollendo a noción do kilt ou saia celta como prenda que representa un ideal de irmandade cultural entre as fisterras celtas do Atlántico. |
|||
Cornualleses e bretóns teñen os tartans Cornish National e Brittany National para representar aos seus respectivos países en kilt. O Cornish National tartan inclúe as cores negra e branca da bandeira nacional sobre un amarelo que representa a liñaxe de reis cornualleses. O Brittany National ten unha laboriosa combinación de fíos cuxas cores representan o branco da bandeira, o verde do país e o azul do Atlántico. |
|||
De xeito similar aos anteriores, o Galicia National tartan ou Tartan Gallaecia é o tartan nacional galego para representar ao país en kilt. O tartan está baseado na cor azul, cunha gama de azul marino representando o noso Atlántico e un azul cobalto simbolizando o ceo e a cor histórica do Reino. Sobre o fondo azul discorren fíos en cor de prata, inspirados no branco da resaca do Atlántico do oeste, as neves das serras galegas do leste, e os mil ríos que percorren toda a Galiza, ademais de estar esta cor presente na bandeira histórica do Reino galego. |
|||
Alén do traxe propio tradizonal galego; desde hai anos, na Galiza pódense ver kilts ou saias en tartan en eventos culturais como a Festa Castrexa de Xunqueira de Ambía, o Lughnasad de Bretoña, o Intercéltico de Ortigueira, o Intercéltico de Moaña, a Festa da Carballeira de Zas, ou o San Pipote de Bardaos entre outros. Cada ano que pasa, o uso desta saia celta ven sendo máis común tanto entre afeizoados ao revivalismo histórico galego como entre homes que buscan un xeito diferente e elegante de vestir moda. |
|||
Na Bretaña, un grupo de seareiros da saia celta uniu forzas nunha asociación co fin de promocionar o uso do kit no seu país. Desde o ano 2003, os bretóns da Association Breizhlanders reúnense en festivais folclóricos e conmemoracións de todo tipo para mostrar a vestimenta desta elegante prenda de vestir masculina que eles consideran que xa non é unha exclusividade escocesa, senón un símbolo identitario dos celtas modernos. |
|||
No website desta asociación afirman que «O kilt é o símbolo da vestimenta intercéltica por excelencia». «Todas as persoas xustifican a súa maneira de ser e o seu modo de vivir en base á súa libre pertenza a un grupo cultural. Os bretóns poden vestir o kilt por todas as razóns que se queiran, mais o motivo principal é a vontade de afirmar a diferencia cultural da Bretaña e de achegar ao país as modas que existen nas outras [[nacións celtas]]». |
|||
==Véxase tamén== |
|||
===Ligazóns externas=== |
|||
{{commonscat|Kilts}} |
|||
[[Categoría:Vestimenta]] |
|||
[[Categoría:Escocia]] |
|||
[[ar:الإزار الإسكتلندي]] |
|||
[[cs:Kilt]] |
|||
[[da:Kilt]] |
|||
[[de:Kilt]] |
|||
[[en:Kilt]] |
|||
[[eo:Kilto]] |
|||
[[es:Kilt]] |
|||
[[eu:Kilt]] |
|||
[[fi:Kiltti]] |
|||
[[fr:Kilt]] |
|||
[[he:קילט]] |
|||
[[id:Kilt]] |
|||
[[it:Kilt]] |
|||
[[ja:キルト (衣装)]] |
|||
[[ko:킬트]] |
|||
[[ksh:Kilt]] |
|||
[[nl:Kilt]] |
|||
[[no:Kilt]] |
|||
[[pl:Kilt]] |
|||
[[pt:Kilt]] |
|||
[[ru:Килт]] |
|||
[[simple:Kilt]] |
|||
[[sv:Kilt]] |
|||
[[th:คิลท์]] |
|||
[[tl:Kilt]] |
|||
[[tr:Kilt]] |
|||
[[zh:蘇格蘭裙]] |