Panceltismo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
O contido da páxina foi eliminado
m Tranquilidade, por favor. Desfíxose a edición 1306701 de Xeol'oartabro (conversa)
Liña 1: Liña 1:
O '''Celtismo''' é un movemento social e cultural que trata de pór en valor a ''identidade céltiga'' coma trazo salientábel dentro dun determinado [[territorio]]<ref>Diccionario Xerais da Lingua</ref> basándose en estudos científicos e [[etnografía]] comparada<ref>A Galicia Celta. Antonio Balboa Salgado. Ed. Lóstrego. páx 17-20</ref>.

==Historia==
O '''Celtismo''' comeza a tomar forma a mediados do [[século XVII]] co nacemento dun movemento literario coñecido coma [[Rexurdimento celta]] que se estendeu por boa parte de [[Europa]]. Este movemento cultural foi mudando co decorrer do tempo e as situacións sociopolíticas de [[Europa]] e pervive en maior ou menor grao ata os días de hoxe{{cómpre referencia}}.


===O ''Rexurdimento Celta'', a semente do celtismo===
{{artigo principal|Rexurdimento celta}}
No ano [[1746]] prodúcese a derrota dos [[xacobismo|xacobitas]] na [[Batalla de Culloden]]. Este é o punto de inflexión para o nacemento do que se deu en coñecer como [[Rexurdimento celta]].

No ano [[1762]] [[James Macpherson]] publica ''Fragments of Ancient Poetry Collected in the Highlands of Scotland, and Translated from the Gaelic or Erse Language'' (''Fragmentos de poesía antiga recollidos nas Terras Altas de Escocia, e traducidas do [[lingua gaélica de Escocia|gaélico]] ou Erse''). En [[1762]] sae do prelo ''Fingal'' e en [[1763]] ''Temora''. Estas dúas obras foron invencións de supostas traducións dos [[poema épico|poemas épicos]] en gaélico dun poeta chamado [[Ossian]].

Non tardan en sumarse [[poeta|poetas]] doutras zonas da Europa atlántica. Un claro exemplo son as obras de poesía [[Literatura galesa|galesa]] publicadas por [[Ieuan Brydydd]] en [[1764]]; tamén cultiva este [[xénero literario]] o inglés [[Thomas Gray]] en obras como ''Elexía sobre un cemiterio de aldea'' e ''O bardo''.

===O celtismo do século XIX e os seus primeiros pasos===
Coa chegada do [[século XIX]] o que viña sendo un movemento literario convértese nun movemento político, social e cultural; tinguido todo el do carácter [[Romanticismo|romántico]] que se estendía dende [[Alemaña]] ao resto da Europa occidental.

No ano ??? publicáronse moitas traducións de obras das literaturas celtas, nomeadamente, o ''Mabinogion'' (Charlotte Guest, 1838-1849), o ''Barzaz Breiz'' e ''Os Bardos bretóns do século VI'' (Hersart de la Villemarqué, 1839-1850). En [[1854]] Ernest Renan publicou ''A Poesía das razas celtas'', un estudo moi influente e en 1865 e 1866 Mathew Arnold pronunciou unha serie de conferencias sobre a literatura celta en [[Oxford]] que vinculaba todas as literaturas celtas e contribuíu a promover a creación da cátedra de Celta nesta universidade en 1877.

Durante o s.XIX moitos escritores ingleses empregaron a temática celta, como [[Thomas Love Peacock]], Tennyson e Gerard Manley Hopkins. En [[Escocia]] destacaron William Black e William Sharp (este co pseudónimo de Fiona Macleod). O rexurdimento foi especialmente vigoroso en [[Irlanda]], con autores como [[W.B. Yeats]], "AE" (pseudónimo de George William Russell), Oliver St John Gogarty, [[Sean O'Casey]] e James Stephens. En Irlanda recibiu o nome de "Lusco-fusco celta" {{cómpre referencia}}.

Na Galiza coñeceuse como "celtismo" e o seu maior representante foi [[Eduardo Pondal]].
{{en uso}}


==Notas==
{{Listaref}}

==Véxase tamén==
===Outros artigos===
*[[Cultura castrexa]].
*[[Nacións celtas]].

[[Categoría:Literatura]]

<!--Categorías ocultas-->

Revisión como estaba o 2 de outubro de 2009 ás 14:44

O Celtismo é un movemento social e cultural que trata de pór en valor a identidade céltiga coma trazo salientábel dentro dun determinado territorio[1] basándose en estudos científicos e etnografía comparada[2].

Historia

O Celtismo comeza a tomar forma a mediados do século XVII co nacemento dun movemento literario coñecido coma Rexurdimento celta que se estendeu por boa parte de Europa. Este movemento cultural foi mudando co decorrer do tempo e as situacións sociopolíticas de Europa e pervive en maior ou menor grao ata os días de hoxe[Cómpre referencia].


O Rexurdimento Celta, a semente do celtismo

Artigo principal: Rexurdimento celta.

No ano 1746 prodúcese a derrota dos xacobitas na Batalla de Culloden. Este é o punto de inflexión para o nacemento do que se deu en coñecer como Rexurdimento celta.

No ano 1762 James Macpherson publica Fragments of Ancient Poetry Collected in the Highlands of Scotland, and Translated from the Gaelic or Erse Language (Fragmentos de poesía antiga recollidos nas Terras Altas de Escocia, e traducidas do gaélico ou Erse). En 1762 sae do prelo Fingal e en 1763 Temora. Estas dúas obras foron invencións de supostas traducións dos poemas épicos en gaélico dun poeta chamado Ossian.

Non tardan en sumarse poetas doutras zonas da Europa atlántica. Un claro exemplo son as obras de poesía galesa publicadas por Ieuan Brydydd en 1764; tamén cultiva este xénero literario o inglés Thomas Gray en obras como Elexía sobre un cemiterio de aldea e O bardo.

O celtismo do século XIX e os seus primeiros pasos

Coa chegada do século XIX o que viña sendo un movemento literario convértese nun movemento político, social e cultural; tinguido todo el do carácter romántico que se estendía dende Alemaña ao resto da Europa occidental.

No ano ??? publicáronse moitas traducións de obras das literaturas celtas, nomeadamente, o Mabinogion (Charlotte Guest, 1838-1849), o Barzaz Breiz e Os Bardos bretóns do século VI (Hersart de la Villemarqué, 1839-1850). En 1854 Ernest Renan publicou A Poesía das razas celtas, un estudo moi influente e en 1865 e 1866 Mathew Arnold pronunciou unha serie de conferencias sobre a literatura celta en Oxford que vinculaba todas as literaturas celtas e contribuíu a promover a creación da cátedra de Celta nesta universidade en 1877.

Durante o s.XIX moitos escritores ingleses empregaron a temática celta, como Thomas Love Peacock, Tennyson e Gerard Manley Hopkins. En Escocia destacaron William Black e William Sharp (este co pseudónimo de Fiona Macleod). O rexurdimento foi especialmente vigoroso en Irlanda, con autores como W.B. Yeats, "AE" (pseudónimo de George William Russell), Oliver St John Gogarty, Sean O'Casey e James Stephens. En Irlanda recibiu o nome de "Lusco-fusco celta" [Cómpre referencia].

Na Galiza coñeceuse como "celtismo" e o seu maior representante foi Eduardo Pondal.


Notas

  1. Diccionario Xerais da Lingua
  2. A Galicia Celta. Antonio Balboa Salgado. Ed. Lóstrego. páx 17-20

Véxase tamén

Outros artigos