Baal: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
m bot Engadido: roa-rup:Baal
Liña 74: Liña 74:
[[pt:Baal]]
[[pt:Baal]]
[[ro:Baal]]
[[ro:Baal]]
[[roa-rup:Baal]]
[[ru:Баал]]
[[ru:Баал]]
[[sl:Baal]]
[[sl:Baal]]

Revisión como estaba o 1 de outubro de 2009 ás 10:36

Estatua de Baal achado en Ugarit, s. XIV-XIII, Museo do Louvre

Baal é o nome dun deus dos semitas occidentais: cananeos, fenicios, arameos e outros, aínda que é coñecido sobretodo como divindade dos dous primeiros. O seu nome significa "señor".

Baal aparece nos textos da cidade de Ugarit (actual Ras Shamra, na costa norte mediterránea da actual Siria), datábeis arredor de 1400 a.C. Por estes textos coñecemos algún relatos míticos referidos a este deus.

O Baal de Ugarit

Consonte os textos atopados entre 1928 e 1960, Baal é o deus da chuvia e do trebón, sen dúbida unha transposición da importancia destes fenómenos para os pobos mediterráneos. E tamén o deus dos ceos e como "Baal dos ceos" (Baal-shamem) figurará en numerosos textos posteriores dos diversos semitas occidentais. De xeito que Baal será representado cun raio na man destra. Identificábase tamén con o touro novo, o almallo, símbolo da forza xenesíaca, mentres, El, o deus creador era asimilado ao touro.

Dous deses importantes textos mostran mitos acerca de Baal. Nun deles, perante a asemblea de deuses, presididos por El, Baal combate contra Yam, o deus do mar. Armado por Kuthar, o deus artesán, Baal vence a seu rival, vitoria que se interpreta como o triunfo fronte ao caos.

Logo Baal reclama a construción do seu pazo -un templo -. A resistencia contra este desexo seu, é vencida pola súa irmá e consorte, Anat. Por último Baal combate contra Mot, o deus da morte, que habita no mundo subterráneo. Aparentemente morto, debe ser resgatado por Anat, que despedaza a Mot, e consegue retornarlle a vida a seu irmán.

Citado como fillo de Dagán ou Dagón, un deus agrario, Baal non pertence ao círculo de El, de modo que estes mitos ugaríticos son interpretados como a instauración dun segundo ciclo de divindades semíticas, que en parte serán relagadas a ociosas. O seu triundo sobre a morte fará del un deus querido, pois el mesmo a sufre.

Desde Ugarit, Baal foi acollido no panteón exipcio desde inicios do primeiro milenio.

O santuario por excelencia de Baal era o monte Safón, sito sobre a cidade, que sería coñecido en época romana como monte Casio.

O Baal fenicio

Baal non conservou o seu lugar preeminente nas cidades -estados da Fenicia, aínda que figuraba nos seus panteóns e recibíu culto. Figuraba entre a lista de divindades de Tiro, pero o lugar principal estaba ocupado por Melqart. Porén este era coñecido en Cartago como Baal Melqart. Porén, o Baal Hammón de Cartago era unha divindade diferente, aínda que conservase algún trazo do Baal fenicio.

En Biblos, a deusa principal é Baalat, "a señora", a quen se lle asocia un Baal masculino, mais é evidente que ten un papel secundario. En Berytus (actual Beirut), un deus Baalmarcodes era posibelmente unha forma local do gran deus. No Val do Líbano, a cidade de Baalbek, recibía un nome epónimo, pero aquí exercía funcións de deus solar e asimilábase a deus helénico Helios.

Aparece tamén na Biblia, pois cítase como un dos pecados máis frecuestes, dar as costas a Iahvé para adorar a Baal ou os baais (baalim).

Noutros pobos

O "Baal do ceos" é citado como divindade dos arameos, na Siria interior, ou entre os nabateos de Palmira.

Outros nomes

Baal é identificado con o deus Hadad da cidade aramea de Alepo, na costa siria, identificación que remonta aos textos da época ugarítica.

Durante a época helenística foi asimilado ao deus grego Zeus, e, por suposto, xa en época romana a Xúpiter. Como ele é un deus celeste e das tormentas.

Ver tamén

Bibliografía

  • Caquot, André, Las religiones de los semitas occidentales, in Puech, H. Ch. (ed.), Las Religiones Antiguas. Vol. II, in Historia de las Religiones. Siglo XXI de España. 1977.
  • Diccionario de las religiones. Madrid. Espasa-Calpe. 1998, sv. Baal.
  • Harden, Donald, Los fenicios. Barcelona. Orbis. 1987.