Anís: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ku:Sorê (riwek); cambios estética
Pexego (conversa | contribucións)
Estaba mal clasificada
Liña 2: Liña 2:
{{Taxonomia-filo |FILO= Magnoliophyta }}
{{Taxonomia-filo |FILO= Magnoliophyta }}
{{Taxonomia-clase |CLASE= Magnoliopsida }}
{{Taxonomia-clase |CLASE= Magnoliopsida }}
{{Taxonomia-orde |ORDE= Lamiales }}
{{Taxonomia-orde |ORDE= Apiales }}
{{Taxonomia-familia |FAMILIA= Apiales }}
{{Taxonomia-familia |FAMILIA= Apiaceae }}
{{Taxonomia-xenero |XENERO= Apiaceae }}
{{Taxonomia-xenero |XENERO= Pimpinella }}
{{Taxonomia-binomial-planta |NOME_CIENTIFICO= Pimpinella anisum}}
{{Taxonomia-binomial-planta |NOME_CIENTIFICO= Pimpinella anisum}}
{{Taxonomia-fin}}
{{Taxonomia-fin}}

Revisión como estaba o 30 de setembro de 2009 ás 13:32

Anís
Estado de conservación
[[Ficheiro:Status_iucn3.1_{{{ESTADO}}}_gl.svg|250px|]]
{{{ESTADO_NOME}}}
Clasificación científica
Reino: Plantae
Filo: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Apiales
Familia: Apiaceae
Xénero: Pimpinella
Nome científico
Pimpinella anisum
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos


O anís (Pimpinella anisum), é unha planta da familia das apiáceas orixinaria de Asia e naturalizada en numerosas rexións.

Descrición

Forma matogueiras de máis de 50 cm de altura, con follas pinnadas na base e máis profundamente divididas na parte superior do talo. As pequenas flores brancas son pentapétalas. Os froitos-sementes consisten en dous carpelos unidos, chamados cremocarpos, os cales teñen un forte sabor e arrecendo.

Emprego

A súas sementes empréganse como condimento nas panaderías e reposterías, na elaboración de licores (anís, anisette) xunto con algúns curries e pratos de marisco. Tódalas partes vexetais da planta nova son comestibéis. Os talos teñen unha textura semellante á do apio e posúen un sabor máis suave cás súas sementes.

Principios activos

A destilación das sementes libera un aceite volátil que se emprega no tratamento de cólicos flatulentos. Como infusión serve para trastornos dixestivos.

O elemento principal do aceite (máis do 90%) é o anetol (C10H12O or C6H4[1.4](OCH3)(CH:CH.CH3.) Tamén contén chavicol metileno, aldehido anísico, ácido anísico e un terpeno.

O anís estrelado obtido do pericarpo en forma de estrela da planta Illicium verum, nativa da China, tamén contén anetol, mais non está emparentado botanicamente co anís, aínda que debido ao seu sabor e aroma semellante, adoita empregarse como un sustituto máis barato en panadería e na elaboración de licores.

Ligazóns externas