Sete marabillas do mundo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Categoría propia
JAnDbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: fy, gan, mn, mr Modificado: ro, zh
Liña 70: Liña 70:
[[fi:Maailman seitsemän ihmettä]]
[[fi:Maailman seitsemän ihmettä]]
[[fr:Sept merveilles du monde]]
[[fr:Sept merveilles du monde]]
[[fy:Sân Wrâldswûnders]]
[[gan:古世界嗰七大奇跡]]
[[he:שבעת פלאי תבל]]
[[he:שבעת פלאי תבל]]
[[hi:विश्व के सात आश्चर्य]]
[[hi:विश्व के सात आश्चर्य]]
Liña 87: Liña 89:
[[lv:Septiņi pasaules brīnumi]]
[[lv:Septiņi pasaules brīnumi]]
[[mk:Седум светски чуда на античкиот свет]]
[[mk:Седум светски чуда на античкиот свет]]
[[mn:Дэлхийн долоон гайхамшиг]]
[[mr:जगातील सात आश्चर्ये]]
[[ms:Tujuh Keajaiban Dunia]]
[[ms:Tujuh Keajaiban Dunia]]
[[nds:Söven Weltwunners]]
[[nds:Söven Weltwunners]]
Liña 97: Liña 101:
[[pt:Sete maravilhas do mundo]]
[[pt:Sete maravilhas do mundo]]
[[qu:Qanchisnintin Tiksimuyu Achachilla]]
[[qu:Qanchisnintin Tiksimuyu Achachilla]]
[[ro:Cele şapte minuni ale lumii]]
[[ro:Şapte minuni ale lumii antice]]
[[ru:Семь чудес света]]
[[ru:Семь чудес света]]
[[sh:Sedam svjetskih čuda]]
[[sh:Sedam svjetskih čuda]]
Liña 115: Liña 119:
[[wa:Set pus beas monumints sol Daegne]]
[[wa:Set pus beas monumints sol Daegne]]
[[yi:זיבן וואונדער פון דער וועלט]]
[[yi:זיבן וואונדער פון דער וועלט]]
[[zh:世界七大奇迹]]
[[zh:古代世界七大奇迹]]

Revisión como estaba o 30 de setembro de 2009 ás 12:27

As sete marabillas do mundo (ou as sete marabillas do mundo antigo) son as máis belas e maxestosas obras artísticas e arquitectónicas realizadas na Antigüidade.

As sete marabillas do mundo antigo

Velaquía a lista das sete marabillas do mundo antigo, ordenadas por data de construción.

  1. A Gran Pirámide de Giza. Rematada arredor do ano -2570, foi utilizada como tumba ou cenotafio do faraón Khufu, denominado Keops por Herodoto. Ubicada en Giza, Exipto, é a única das sete marabillas que aínda se pode contemplar.
  2. Os Xardíns colgantes de Babilonia. Construídos en -605 - -562. Ubicados en Babilonia, actual Iraq.
  3. O Templo de Artemisa en Éfeso. Construído cara a -550 - -325. Ubicado en Éfeso, actual Turquía.
  4. A Estatua de Zeus, en Olimpia (Grecia). Esculpida cara a -430 por Fidias. Ubicada en Olimpia, Grecia.
  5. O Mausoleo de Halicarnaso. Construído arredor de -353. Situado en Bodrum, actual Turquía.
  6. O Coloso de Rodas. Construído entre -294 e -282. Ubicado na illa de Rodas, actualmente pertencente a Grecia.
  7. O Faro de Alexandría. Construído entre -294 e -283. Ubicado en Alexandría, Exipto.

Orixe da lista

A orixe da lista é dubidosa, pero atribúeselle ao poeta grego Antípatro de Sidón, que escribiu sobre estas obras nun poema. Outro documento que contén a lista é o libro De Septem Orbis Miraculis, do enxeñeiro grego Filón de Bizancio. A lista tamén se coñece co nome grego de ta hepta thaemata (as sete cousas dignas de seren vistas). Esta catalogación das marabillas polos gregos debeuse producir entre os anos 150 e 120 aC.

De todas as sete marabillas, a única que resistiu até os días actuais foi a Gran Pirámide de Giza]], construída hai mais de 4.000 anos. Dos outros monumentos podemos imaxinar o aspecto que tiñan, a partir de descricións en textos antigos e de reproducións estilizadas en moedas. Ese é o caso da Estatua de Zeus Olímpico, construída en ouro e marfil, e con 40 pés de altura, do que conservamos ademais de descricións escritas detalladas, a súa reprodución nas moedas de Elis.

Actualización

A comezos do século XXI o cidadán suízo Bernard Weber promoveu a selección das novas sete marabillas do mundo, que viría substituír esta lista. Esa decisión foi tomada pola Unesco o 7 de xullo de 2007.

Marabillas naturais

Tal como con outras listas, non existe consenso sobre sete marabillas naturais. Unha das listas foi compilada pola CNN [1]:

Véxase tamén

Ligazóns externas

Modelo:Link FA

Modelo:Link FA