Wikipedia:Toponimia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
m corrixo problema coas ligazóns cara a Alacant
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: substituír 'alomenos' por 'polo menos'
Liña 26: Liña 26:


*'''Toponimia doutros Países do Mundo'''
*'''Toponimia doutros Países do Mundo'''
:Tanto en nome de cidades como de países (en caso de existir) utilízase o mesmo criterio que nas cidades con nomes cooficiais. Exemplos: [[Portugal]] o título da páxina inclúe un so termo porque Portugal sería o nome do país en Portugal e en Galicia, en cambio [[Suecia - Sverige]], Suecia inclúe os nomes en galego e en sueco. Créase unha páxina chamada [[Suecia]] que se redirixe a [[Suecia - Sverige]]. Na parte superior da páxina indícase o nome do país en alomenos catro idiomas que son: galego, idioma orixinal, e calquera outros dous (escollendo mellor os nomes do país máis coñecidos). Exemplo: '''En galego: Suecia''', En sueco: Sverige, En portugués: Suécia, En inglés: Sweden.
:Tanto en nome de cidades como de países (en caso de existir) utilízase o mesmo criterio que nas cidades con nomes cooficiais. Exemplos: [[Portugal]] o título da páxina inclúe un so termo porque Portugal sería o nome do país en Portugal e en Galicia, en cambio [[Suecia - Sverige]], Suecia inclúe os nomes en galego e en sueco. Créase unha páxina chamada [[Suecia]] que se redirixe a [[Suecia - Sverige]]. Na parte superior da páxina indícase o nome do país en polo menos catro idiomas que son: galego, idioma orixinal, e calquera outros dous (escollendo mellor os nomes do país máis coñecidos). Exemplo: '''En galego: Suecia''', En sueco: Sverige, En portugués: Suécia, En inglés: Sweden.


:Tómase como fonte do nome da cidade ou país a Wikipedia que corresponda ao país. Exemplo: Suecia [[:sv:Huvudsida|Wikipedia de Suecia]].
:Tómase como fonte do nome da cidade ou país a Wikipedia que corresponda ao país. Exemplo: Suecia [[:sv:Huvudsida|Wikipedia de Suecia]].

Revisión como estaba o 29 de setembro de 2009 ás 10:40

Nesta páxina están as normas acordadas o 12 de novembro de 2004 sobre Toponimia. Para ver o conxunto de normas e recomendacións ir a Wikipedia:Política e normas.

  • Toponimia de Galicia
Séguese a toponimia oficial segundo a documentación que existe na páxina da Xunta de Galicia: Nomenclátor de Galicia - Toponimia oficial.
  • Galicia - Galiza
1. Nos títulos das páxinas utilízase Galicia, exemplos: Concellos de Galicia, Ríos de Galicia,...
2. No caso do artigo sobre Galicia o título será "Galicia", e Galiza será unha redirección a esta páxina.
3. No contido das páxinas pódese usar indistintamente Galicia ou Galiza. Procurarase ser coherentes no uso dos termos.
4. Nunha mesma páxina poden convivir ambos termos Galicia e Galiza, intentando na medida do posible non cambiar o uso que usuarios anteriores fixeran dos termos.
  • Toponimia dos concellos galegofalantes onde o galego non é oficial
Para preservar a toponimia tradicional dos concellos galegofalantes de Asturias e Castela-León, onde o galego carece de status de oficialidade, utilizarase a toponimia tradicional coa ortografía oficial da lingua galega. Nos concellos galegofalantes de Cáceres, polos séculos de separación destas falas do resto do territorio galegofalante, terán dobre denominación: o nome en galego normalizado xunto co nome tradicional da zona.
  • Toponimia de España
Nos títulos das páxinas úsase o nome galego xunto co nome oficial segundo a lexislación oficial. Pode consultarse no Ministerio de Administracións Públicas:
MAP - Municipios, MAP - Provincias, MAP - Illas. E toponimia oficial española e a lexislación estatal e autonómica. Fonte: Parlamento Europeo
  • Cidades con nomes cooficiais:
Alicante - Alacant , Castellón - Castelló, Valencia - València escríbese o título da páxina incluíndo os dous nomes separados por un guión e deixando un espacio antes e despois do guión, e precedidos do nome galego, exemplo: Alacant - Alicante
No contido da páxina e en primer lugar escríbese en negrita o nome do cidade ou lugar en galego, exemplo: Para a páxina Alacant - Alicante escríbese En galego: Alacant.
Cando existe un caso como o anterior créase previamente unha páxina co título galego que logo se redirixe á páxina co nome oficial, exemplo: Alacant redirixida a Alacant - Alicante e no comezo da páxina pon: En galego: Alacant.
Cos nomes das Comunidades pasa algo parecido: Illes Balears (nome oficial), créase unha páxina chamada Illas Baleares e redirixese a Illas Baleares - Illes Balears na parte superior da páxina escríbese En galego: Illas Baleares. O mesmo con La Rioja.
No contido das páxinas escríbese o nome en galego.
  • Toponimia doutros Países do Mundo
Tanto en nome de cidades como de países (en caso de existir) utilízase o mesmo criterio que nas cidades con nomes cooficiais. Exemplos: Portugal o título da páxina inclúe un so termo porque Portugal sería o nome do país en Portugal e en Galicia, en cambio Suecia - Sverige, Suecia inclúe os nomes en galego e en sueco. Créase unha páxina chamada Suecia que se redirixe a Suecia - Sverige. Na parte superior da páxina indícase o nome do país en polo menos catro idiomas que son: galego, idioma orixinal, e calquera outros dous (escollendo mellor os nomes do país máis coñecidos). Exemplo: En galego: Suecia, En sueco: Sverige, En portugués: Suécia, En inglés: Sweden.
Tómase como fonte do nome da cidade ou país a Wikipedia que corresponda ao país. Exemplo: Suecia Wikipedia de Suecia.
  • Lugares co mesmo nome
Cando coincide o mesmo nome para diversos lugares ou accidentes xeográficos, no caso dos lugares úsase o nome do lugar separado por unha coma de outro dato de localización, exemplo: Miño, entre outros pode ser o concello de Miño, na provincia da Coruña, ou o río Miño.
Outro exemplo: París créase a páxina correspondente a París e faise que sexa a páxina que faga referencia á capital de Francia, na parte de arriba da páxina inclúese unha ligazón á páxina París (homónimos) onde se introducen as ligazóns a todos os lugares que se chamen París.

Véxase tamén

Para máis información véxase: