Monte Triglav: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sh:Triglav (vrh)
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: substituír 'estructura' por 'estrutura'
Liña 40: Liña 40:


==Curiosidades==
==Curiosidades==
Na cima áchase unha chamativa construción a "torre de Aljaž", un refuxio cilíndrico con estructura metálica, que constitúe outro símbolo esloveno, e que sirve aos alpinistas de refuxio extremo durante as tempestades. Foi edificado o [[7 de agosto]] de [[1895]] por [[Jakob Aljaž]], un sacerdote de [[Dovje]]. Foi restaurado en 1922.
Na cima áchase unha chamativa construción a "torre de Aljaž", un refuxio cilíndrico con estrutura metálica, que constitúe outro símbolo esloveno, e que sirve aos alpinistas de refuxio extremo durante as tempestades. Foi edificado o [[7 de agosto]] de [[1895]] por [[Jakob Aljaž]], un sacerdote de [[Dovje]]. Foi restaurado en 1922.





Revisión como estaba o 28 de setembro de 2009 ás 21:30

Monte Triglav
Monte Triglav

Elevación: 2.864 metros
Latitude: 46° 22′ N
Lonxitude: 13° 49′ W
Localización: Eslovenia
Cordilleira: Alpes Xulianos
Primeira acensión: 25.08.1778:Lovrenc Willomitzer, Luka Korošec, Stefan Rožič und Matija Kos
Rota máis fácil:
Localización do Triglav no NW de Eslovenia

O monte Triglav ou Terglou (en alemán Dreikopf, en italiano Monte Tricorno) é con 2.864 m.s.n.m. o cume máis alto dos Alpes Xulianos e de Eslovenia.

O Triglav é un dos símbolos nacionais de Eslovenia, formando parte dos motivos centrais do escudo do país, e que se reproduce na bandeira. Segundo un antigo costume, cada esloveno debe subir polo menos unha vez na súa vida ao Triglav.

Xeografía

Sitúase no medio do denominado Parque Nacional do Triglav, o único parque nacional esloveno, que se extende por 84.800 ha., no extremo noroeste do país e non demasiado lonxe das fronteiras con Austria e Italia. Con o seu típico perfil é inconfundíbel desde unha distancia duns 100 km. A súa parede norte sobre o val de Vratatal é impoñente pola súa anchura de 3 km e a altura de 1.500 m., o que a converten nunha das paredes máis elevadas dos Alpes orientais, xunto con as do Watzmann (cara leste) e do Hochstade (cara norte).

Hidrografía

Aos seus pés nacen dúas importantes correntes fluviais: o río Sava, que é un afluente do Danubio; e o Soča (italiano Isonzo), que, por contra, flúe cara o Mar Adriático.

No suroeste da montaña, hai tamén unha zona con sete lagoas, de orixe cárstica, denominada o Vale dos lagos do Triglav (en esloveno Dolina Triglavskih jezer).

O vigoroso relevo de paredes verticais do Triglav, como o doutros picos dos Alpes Xulianos, débese, en parte, aos materiais xeolóxicos de que están constituídos, que son maioritariamente calcarias e dolomitas.

Orixe do nome

O nome significa "tres cabezas" ou "tricéfalo". Triglav era tamén o nome dunha antiga divindade eslava, precisamente tricéfala, e así se representaba.

Curiosidades

Na cima áchase unha chamativa construción a "torre de Aljaž", un refuxio cilíndrico con estrutura metálica, que constitúe outro símbolo esloveno, e que sirve aos alpinistas de refuxio extremo durante as tempestades. Foi edificado o 7 de agosto de 1895 por Jakob Aljaž, un sacerdote de Dovje. Foi restaurado en 1922.