Orco (Terra Media): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Bot: Reemprazo de texto automático (-[[Imaxe: +[[Ficheiro:)
m Eliminouse a referencia ó ficheiro '''STAGE_ORC.jpg''' que foi borrado en Commons por Abigor. Motivo: In category Copyright violations; not edited for 0 da
Liña 1: Liña 1:
{{Outroshomónimos|Orco (homónimos)}}
{{Outroshomónimos|Orco (homónimos)}}

[[Ficheiro:STAGE ORC.jpg|thumb]]
[[Ficheiro:Orc.svg|thumb|right]]
[[Ficheiro:Orc.svg|thumb|right]]



Revisión como estaba o 27 de setembro de 2009 ás 18:25

Esta criatura fantástica é moi frecuente en relatos de fantasía épica. É unha raza antropomorfa de costumes brutais creada pola imaxinación de J.R.R. Tolkien dentro da súa obra de fantasía sobre a Terra Media, que inclúe O Hobbit e O Señor dos Aneis.

Hai varias versións dentro da propia mitoloxía tolkieniana en relación coa orixe concreta dos Orcos.

  • Unha delas baséase na crenza dos propios elfos de que os Orcos eran unha parte dos Avari ou Elfos Renuentes (aqueles que non quixeran facer a Grande Viaxe), que se volveran salvaxes e malvados nas súas terras.
  • A outra, segundo se nos conta no Silmarillion, narra que nos primeiros tempos da Terra Media, tempos en que o malvado Melkor xa estaba enfrontado ó resto dos Valar, moitos elfos que se afastaban sós dos seus dominios eran raptados por Melkor, que os mantiña cativos e escravizados, para ilos corrompendo coa súa crueldade. Estes seres, contrariamente a moitas das creacións de Melkor, tiñan vida propia e reproducíanse á imaxe do resto do fillos de Ilúvatar.

Así se creou, disque, a raza dos Orcos, unha raza que non era máis ca unha imaxe distorsionada dos propios elfos, nacida do odio e a envexa que Melkor lles tiña a eles.