Voivodina: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
SieBot (conversa | contribucións)
Liña 148: Liña 148:
[[sr:Војводина]]
[[sr:Војводина]]
[[sv:Vojvodina]]
[[sv:Vojvodina]]
[[th:วอยโวดีนา]]
[[tr:Voyvodina]]
[[tr:Voyvodina]]
[[uk:Воєводина]]
[[uk:Воєводина]]

Revisión como estaba o 23 de setembro de 2009 ás 10:16

Република Србија
Аутономна Покрајина Војводина
Autonomna Pokrajina Vojvodina
Vajdaság Autonóm Tartomány
Autonómna Pokrajina Vojvodina
Provincia Autonomă Voivodina
Автономна Покраїна Войводина
Provincia autónoma da Vojvodina
Lingua oficial Serbio, húngaro, eslovaco, romanés, croata e rutenio
Capital Novi Sad
Presidente1 Bojan Pajtić
Área
- Total
- % auga

88.361 km²
 %
Poboación


- Total (2000)
- Densidade


2.031.992
94,51 hab./km²

Moeda dinar serbio
Fuso horario UTC +1 (CET)
Himno Nacional Bože pravde Deus da xustiza
TLD (Internet) .yu
Compañia aérea Jat Airways
Código telefónico 381

A Provincia autónoma de Voivodina (en serbio: Аутономна Покрајина Војводина ou Autonomna Pokrajina Vojvodina, en húngaro: Vajdaság Autonóm Tartomány, en eslovaco: Autonómna Pokrajina Vojvodina, en romanés: Provincia Autonomă Voivodina, en croata: Autonomna Pokrajina Vojvodina) é unha das provincias coas que conta Serbia, ao norte do país. A capital e principal cidade é Novi Sad, sendo a segunda cidade en importancia Subotica.

A Voivodina é diversa etnicamente falando, habitando na rexión máis de 26 grupos distintos. Hai 6 idiomas oficiais.

Etimoloxía

O nome Voivodina en serbio significa voivodato (territorio gobernado por un voivoda, equivalente a un duque). O nome hitórico era provincia serbia do voivoda, pero desde que depende de Serbia o epíteto "serbio" foi eliminado. En serbio a voz Vojvodina presenta unha variante, Vojvodstvo, que é o equivalente á palabra polaca województwo que significa provincia.

Historia

O territorio que ocupa a provincia de Voivodina foi un territorio moi disputado ao longo do tempo, pasando sucesivamente dunhas mans a outras, o que explica a enorme diversidade étnica do país.

Durante a dominación romana, Sirmium (actualmente Sremska Mitrovica) foi una das catro capitais do Imperio romano e seis emperadores romanos naceron na cidade ou nos seus arredores. A cidade era capital de varias unidades administrativas romanas, como por exemplo, a Baixa Pannonia, a Pannonia secunda e a prefectura pretoriana de Iliria. O dominio romano mantívose ata o s.IV, cando a rexión comezou a ser ocupada polos pobos veciños.

Os eslavos (incluídos os serbios) asentáronse na rexión no s.VI e VII. No s.IX os duques búlgaros Salan e Glad mantiveron o control sobre a rexión. A sede de Salan estaba en Titel. Tras a derrota dos nobres búlgaros algunhas partes da rexión (Bačka e o Banato) foron incluídos no reino de Hungría, mentres que Syrmia pasou á administración do Imperio bizantino ata o s.XII, cando tamén foi incluída no reino de Hungría.

Entre 1282 e 1316 o rei serbio Stefan Dragutin gobernou o reino de Syrmia, que constistía nas partes setentrionais de Serbia, Mačva, Usora e Soli, e a súa sede foi fixada na cidade de Debrc. O seu reino atopábase na Baixa Syrmia (actualmente Mačva), mentres que outro líder local, Ugrin Čak, rexeu a Alta Syrmia (actualmente Syrmia), Eslavonia e Bačka, con capital en Ilok. En principio Stefan Dragutin era vasalo do rey húngaro, pero desde a caída do poder central dese reino, produciuse a independencia de facto dos dous reinos de Syrmia. Stefan Dragutin morreu en 1316 e foi remprazado polo seu fillo Vladislav II entre os anos 1316 e 1325, mentres que Ugrin Čak morreu en 1311. Vladislav II foi vencido polo rei de Serbia Stefan Dečanski en 1324, tras o cal, a Baixa Syrmia pasou a ser disputada entre os reino serbio e o húngaro.

Despois da conquista de Serbia polos otomanos en 1459, déspotas serbios rexeron zonas da Voivodina como vasalos dos reis húngaros. A sede estaba fixada en Kupinik (hoxe en día Kupinovo) en Syrmia.

Tras a batalla de Mohács e a caída do reino de Hungría en mans otomanas, a rexión sumiuse nun preríodo de anarquía e guerras civís. En 1526 o emperador Jovan Nenad, líder dos mercenarios serbios, estableceu o seu poder en Bačka, o norte do Banato e unha pequena parte de Syrmia. Creou un estado independente efémero, con capital en Subotica. Jovan Nenad aproveitou a situación para proclamarse emperador serbio, coa vantaxe da confusión política e militar que había daquela. A nobeza húngara uniuse ás forzas contrarias ao emperador e venceron ás tropas serbias no verán de 1527. O emperador foi asasinado e o estado desapareceu. Unhas décadas máis tarde a rexión pasou a formar parte do Imperio otomano, que gobernou a zona ata fins do s.XVII e primeiros do s.XVIII cando pasou a ser dependencia dos Habsburgo.

Na asemblea celebrada en Sremski Karlovci en maio de 1848 os serbios declararon a creación da provincia-ducado serbia de Voivoda, unha rexión autónoma dentro do Imperio austríaco. Estaba composta por Syrmia, Bačka, o Banato e Baranja. O metropolitano de Sramski Karlovici, Josif Rajačić, foi elixido patriarca mentres que Stevan Šupljikac foi o primeiro duque.

En novembro de 1849, por decisión do emperador autríaco, esta rexión converteuse nun novo territorio real austríaco coñecido como Voivodato de Serbia e Banato Tamiš. Estaba composto polo Banato, Bačka e Syrmia. Un gobernador austríaco con sede en Temesvár encargaríase de dirixir a área e o título sobre o voivodato era propiedade do emperador. O título completo era "Gran Voivoda do Voivodato de Serbia" (alemán: Großwoiwode der Woiwodschaft Serbien). A provincia quedou abolida en 1860 e sete anos máis tarde pasou a ser parte do reino de Hungría.

Tras a Primeira Guerra Mundial e a caída do Imperio austro-húngaro a rexión pasou a formar parte do estado dos eslovenos, croatas e serbios. En 1918 creouse a república do Banato, recoñecida por Hungría.

O 25 de novembro de 1918 proclamouse a unión da rexión ao reino de Serbia. A decisión tomouna unha asemblea de representantes das distintas nacionalidades. Un día máis tarde, a asemblea de Syrmia tamén proclamou a súa unión con Serbia.

Entre 1929 e 1941 a rexión foi coñecida como a Banovina do Danubio, unha provinca do reino de Iugoslavia. A capital era Novi Sad. Estaba composta de Syrmia, Bačka, o Banato, Baranja e Šumadija.

Na Segunda Guerra Mundial o eixe ocupou a rexión entre 1941 e 1944. Bačka e Baranja foron unidas a Hungría mentres que Syrmia pasou a formar parte de Croacia. As outras dúas zonas seguiron formando parte de Serbia. Porén, o Banato tiña un réxime de autonomía controlado pola minoría alemá.

Tras a fin da ocupación do eixe a rexión volveuse converter nunha provincia autónoma de Serbia e pasou a ter a denominación actual coa mesma capital.

En principio, a provincia tiña un baixo nivel de autonomia dentro de Serbia, pero foi gañando dereitos sobre todo baixo a constitución de 1974, que define a Voivodina como un dos integrantes da Federación Iugoslava e lle deu o mesmo dereito de voto que á propia Serbia dentro da federación.

Baixo o goberno de Slobodan Milošević, a Voivodina e Kosovo perderon a maior parte da súa autonomía en setembro de 1990. Despois disto, a Voivodina deixous de ser unha parte da federación iugoslava, mantendo unha pequena autonomía.

A caída de Milošević en 2000 creou un novo clima reformista na rexión e o nivel de autonomía da provincia incrementouse en 2002.

Xeografía

A rexión está dividida polo río Danubio e o río Tisa en Bačka ao noroeste, o Banato ao leste e Syrmia ao suroeste. Unha pequena parte de Mačva está tamén na Voivodina. Hoxe en día a parte occidental de Syrmia pertence a Croacia, a parte norte de Bačka é húngara, e a parte oriental do Banato está en territorio romanés. A área total da Voivodina é de 21.500 km².