Nova Zelandia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
SpBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: pih:Niiw Siiland
Liña 246: Liña 246:
[[os:Ног Зеланди]]
[[os:Ног Зеланди]]
[[pam:New Zealand]]
[[pam:New Zealand]]
[[pih:Niiw Siiland]]
[[pl:Nowa Zelandia]]
[[pl:Nowa Zelandia]]
[[pms:Neuva Zelanda]]
[[pms:Neuva Zelanda]]

Revisión como estaba o 23 de setembro de 2009 ás 00:24

Modelo:Infobox País

Nova Celandia é un país situado no Océano Pacífico sur, ó leste de Australia, composto por dúas illas principais e unha manchea de pequenas illas. A capital é Wellington. A poboación é de orixe europea e aborixes maorís, que denominan ao país Aotearoa.
De Nova Celandia dependen as Illas Cook e Niue e administra Tokelau e a Dependencia de Ross. Pola súa ubicación, pode considerarse que está na antípoda de Galiza.

Xeografía

Nova Celandia está relativamente illada xeograficamente, o seu veciño máis próximo, Australia, sitúase a 2.000 km ao noroeste. O clima é temperado e húmido, a temperatura promedio é de 12 °C. O extremo norte ten un clima subtropical mentres que no sur o inverno é rigoroso. Nova Celandia está formada por dúas illas maiores, a Illa Norte (Te-Ika-a-Maui) en maorí e a Illa Sur (Te Wai Pounamu) e algunhas illas menores.

As illas principais atópanse entre as maiores do mundo e a suma da área total que ocupan é de 268.680 km². De norte a sur este país esténdese por 2.000 km aproximadamente e está situado a 1.600 km ao sueste de Australia. A illa Norte atópase separada da Sur polo estreito de Cook e numerosos illotes.

Estas illas formaban parte do supercontinente de Gondwana fai uns 85 millóns de anos, época na cal pola deriva continental comezaron a separarse do bloque que conformaban con Australia.

A Illa Sur é a maior e atópase dividida de nordés a suroeste polos Alpes Meridionais (ou Alpes Neocelandeses), coa súa maior altura no Monte Cook de 3.754 metros. Hai 18 picos de máis de 3.000 metros nesta illa. A Illa Norte é menos montañosa, pero contén volcáns. O pico máis alto desta illa é o Monte Ruapehu de 2.797 metros, o cal é un volcán activo. Os Alpes Neocelandeses aínda están nun proceso de elevación posuíndo xeos eternos nos seus cumes e numerosos glaciares que desembocan en lagos pola vertente oriental ou en fiordes pola vertente occidental.

As outras illas teñen menos área e poboación. As máis importantes son:


Ademais de volcáns, na illa Norte hai abundantes, grutas, augas termais e géiseres, así como un gran lago (o Taupo) que ocupa a gran caldeira dun volcán extinto.

O clima é tépedo e húmido, cunha temperatura media de 12 °C. O extremo norte ten un clima subtropical mentres que o inverno do sur adoita ser rigoroso. Wellington é coñecida polos seus días ventosos.


Entre as cidades principais atópanse:

Vista de Wellington

Subdivisións

Artigo principal: [[Subdivisións de Nova Celandia]].

Está subdividida en 16 rexións:

Historia

O territorio de Nova Celandia é un dos últimos lugares en ser habitado. Probablemente os maoríes chegaron entre os anos 500 e 1300 adC, substituíndo aos nativos Moriori. Os primeiros europeos en chegar á rexión fixérono na probable viaxe de Juan Jufré e de Juan Fernández á Oceanía, ocasión na cal descubrirían Nova Celandia para España, a fins de 1576; este suceso baséase nun documento que se presentou a Felipe II e en vestixios arqueolóxicos (cascos estilo español) atopados en covas no extremo superior da Illa Norte. Pero máis famoso é a viaxe do neerlandés [[Abel Janszoon Tasman quen navegou polas costas da Illa Sur e Illa Norte en 1642. Os holandeses chamaron ás illas Staaten Land (Terra dos Estados) aínda a inicios do século XXI uns 100.000 neozelandeses teñen orixes neerlandeses; máis tarde recibiu o nome de Nova Celandia. En 1769 James Cook realizou varios recoñecementos destas illas. Isto encabezou expedicións de baleeiros europeos e o seu consecuente colonización.

Ficheiro:Waitangi Treaty-1-.jpg
Firma do tratado de Waitangi, 1840

Nova Celandia converteuse en colonia británica co Tratado de Waitangi de 1840, baixo promesas que non foron totalmente cumpridas. Ata o día de hoxe, este tratado está sendo discutido e permanece como a orixe de divisións e resentimentos para moitos, en 1861 o descubrimento de praceres auríferos en territorios que o tratado aceptaba como maoríes significou un novo ataque aos dereitos dos aboríxenes quen responderon cunha heroica resistencia chamada Guerra Maorí .

En 1893 Nova Celandia converteuse no primeiro país do mundo en outorgar o sufraxio feminino sen restricións, grazas ao movemento liderado por Kate Sheppard, aínda que ás mulleres só permitíaselles votar pero non presentarse a eleccións. As papeletas femininas de votación adoptáronse apenas semanas antes das eleccións xerais. Máis recentemente, desde 1919, as neocelandesas tiveron o dereito a ser elixidas para un cargo político. Actualmente a gobernadora xeral, a primeira ministra e a xefa estranxeira de Estado son mulleres.

Este país transformouse nun dominio independente o 26 de setembro de 1907 por unha proclamación real. A independencia foi cedida polo Parlamento do Reino Unido co Estatuto de Westminster en 1931 e foi adoptado polo Parlamento de Nova Celandia en 1947. Desde entón, é un estado independente que pertence á Mancomunidade Británica de Nacións ou Commonwealth.

Economía

Artigo principal: Economía de Nova Celandia.

Un dos principais produtos que exporta Nova Celandia é o kiwi. Ademais destínase unha ampla superficie a pastos para obter produtos como carne, lácteos e la, vendidos tanto a nivel mundial como ao seu principal socio comercial, Australia. Con máis de 10 millóns de cabezas de gado vacún, o sector agrario emprega ao 10% da poboación activa e contribúe nun 8% ao produto interior bruto.

A comezos da década dos 70 do século XX, a adhesión do Reino Unido á Comunidade Económica Europea producíu un estancamento da economía neocelandesa, que tivo que orientarse cara países de América Latina e Xapón.



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.