Lingua húngara: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: rm:Lingua ungarèsa |
m bot Modificado: rm:Lingua ungaraisa |
||
Liña 142: | Liña 142: | ||
[[pt:Língua húngara]] |
[[pt:Língua húngara]] |
||
[[qu:Unriya simi]] |
[[qu:Unriya simi]] |
||
[[rm:Lingua |
[[rm:Lingua ungaraisa]] |
||
[[ro:Limba maghiară]] |
[[ro:Limba maghiară]] |
||
[[ru:Венгерский язык]] |
[[ru:Венгерский язык]] |
Revisión como estaba o 23 de setembro de 2009 ás 00:16
Húngaro 'Magyar' | ||
---|---|---|
Falado en: | Hungría, e minorías en Austria, Israel, Romanía, Eslovaquia, Eslovenia, Ucraína, Serbia | |
Rexións: | Europa oriental | |
Total de falantes: | 14,5 millóns | |
Posición: | 66 | |
Familia: | Urálica Urálica Fino-Úgrica Úgrica Húngaro | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Hungría]] Voivodina (Serbia) Unión Europea | |
Regulado por: | Instituto de Investigación de Lingüística da Academia Húngara de Ciencias | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | hu
| |
ISO 639-2: | hun | |
ISO 639-3: | hun
| |
SIL: | HNG
| |
Mapa | ||
Status | ||
O húngaro e unha lingua da familia fino-úgrica. É falada en Hungría e áreas adxacentes de Romanía, Serbia, Eslovaquia, Croacia, Austria e Eslovenia. O nome da lingua en húngaro e Magyar. Dos 14,5 millóns de falantes, uns 10 millóns viven na Hungría. O pobo que orixinou a lingua, os maxiares, emigraron dos Montes Urais no século IX para o oeste, fixándose na actual Hungría.
Clasificación
O húngaro pertence ao grupo das linguas ugrofinesas da familia das linguas urálicas, máis específicamente, dentro do subgrupo das linguas ugrias. Xunto co estoniano, o éuscaro e o finés, pertence ao grupo das linguas europeas que non son da familia das linguas indoeuropeas, coas que tamén comparte o trazo tipolóxico de ser unha lingua aglutinante.
Ésta é a teoría aceptada entre os lingüistas profesionais, se ben existen outras que pretenden emparenta-lo co turco polas semellanzas que comparten, ou co huno; porén, a maioría desas teorías alternativas non ten fundamento lingüístico algún, polo tanto non son aceptadas pola Academia Húngara de Ciencias, sendo consideradas pseudocientíficas.
Status oficial
O húngaro é a lingua oficial de Hungría, polo que posúe un status de lingua oficial da Unión Europea.
O húngaro tamén é lingua oficial da rexión serbia de Voivodina e en tres concellos de Eslovenia: Hodoš, Dobrovnik e Lendava.
A lingua húngara é considerada unha lingua minoritaria ou lingua rexional en Austria, Croacia, Romanía, Bucovina e Zakarpattia na Ucraína, e en Eslovaquia.
Na Romanía e na Eslovaquia, a lingua húngara ten status oficial naquelas vilas e concellos cunha poboación de etnia húngara maior do 20% da poboación total.
Distribución xeográfica
O húngaro fálase como lingua materna nos seguintes países:
País | Falantes |
---|---|
Hungría | 10 millóns(censo do 2001) |
Romanía (principalmente na Transilvania) |
1.443.970 (censo do 2002) |
Eslovaquia | 520.528 (censo do 2001) |
Serbia (principalmente en Vojvodina) |
293.299 (censo do 2002) |
Ucraína (principlamente no óblast de Zakarpattia) |
149,400 (censo do 2001) |
Estados Unidos | 117.973 (censo do 2000) |
Canadá | 75.555 (censo do 2001) |
Israel | 70.000 |
Austria (principalmente no estado de Burgenland) |
22.000 |
Croacia | 16.500 |
Eslovenia | 9.240 |
Total | 12-13 millóns |
- Fonte: Censos nacionais, Ethnologue
No mundo viven arredor de nove millóns de falantes de húngaro, salientando, ademais dos países mencionados ao comezo do artigo, a Arxentina, Australia, Bélxica, Brasil, Canadá, na República Checa, Finlandia, Francia, Alemaña, nos Países Baixos, Italia, Suíza, no Reino Unido, nos Estados Unidos e en Venezuela.