Rage Against the Machine: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
SpBot (conversa | contribucións)
m bot Eliminado: zh:愤怒反抗机器
Liña 81: Liña 81:
[[uk:Rage Against the Machine]]
[[uk:Rage Against the Machine]]
[[uz:Rage Against the Machine]]
[[uz:Rage Against the Machine]]
[[zh:愤怒反抗机器]]

Revisión como estaba o 21 de setembro de 2009 ás 23:48

Rage Against the Machine
OrixeOs Ánxeles, Estados Unidos de América Estados Unidos
Período1991-2000
Xénero(s)Rock
Selo(s) discográfico(s)Epic
MembrosZack de la Rocha
Tom Morello
Tim Commerford
Brad Wilk
Na rede
http://www.ratm.com
IMDB: nm1500281 TV.com: people/rage-against-the-machine
Facebook: RATM Twitter: ratm Instagram: rageagainstthemachine Tumblr: ratm MySpace: ratm Youtube: UCFcytuxeGAHyM67L_nHDTIA Spotify: 2d0hyoQ5ynDBnkvAbJKORj iTunes: 899409 Last fm: Rage+Against+the+Machine Musicbrainz: 3798b104-01cb-484c-a3b0-56adc6399b80 Songkick: 470548 Discogs: 12212 Allmusic: mn0000863790 Deezer: 113 Genius: Rage-against-the-machine Editar o valor em Wikidata

Rage Against the Machine (escrito moitas veces como RAtM) foi unha banda de rock formada nos Ánxeles no ano 1991 e estivo formada durante toda a súa traxectoria (separouse no 2000) por: Zack de la Rocha (voz), Tom Morello (guitarra), Tim Commerford (baixo) e Brad Wilk (batería). En abril de 2007, coincidindo coa disolución de Audioslave, anunciaron o seu regreso no festival de música de Coachella en California. A raíz disto, a banda continuou dando concertos en varios festivais, mesmo non se descarta a posibilidade de que tiren un novo disco.

O seu estilo característico é unha sólida fusión de hip hop, rap, funk, punk, hardcore, e rock duro. Os sons do guitarrista de Tom Morello recálcanse polas seu prominentes uso de pedais e efectos, e sobresaen as súas emulacións dos scratch e outros efectos dos djs de hip hop. O cantante, Zack da Rocha, participou en grupos de punk e hardcore metal antes de volverse un apaixonado das rimas do rap: de aí vén o seu estilo agresivo de rapear e os fortes berros que inclúe nalgunhas cancións. Apréciase tamén un pequeno toque de jazz por parte do baixista Tim Commerford, que pertenceu a un grupo dese estilo a mediados dos anos 1980; finalmente, a batería de Brad Wilk está cargada de ritmos funk especialmente contundentes. Este estilo de fusión foi máis tarde imitado por outras bandas, atribuíndoselle a etiqueta de Rapcore ou Rap metal.

Son tamén coñecidos polo contido sociopolítico das súas cancións. As súas letras son rotundas, cun claro posicionamiento en contra do capitalismo e a globalización, e as formas de pensamento, mentalidade e relación social que xeran. De tendencias políticas de esquerda,[1] R.A.T.M. destacou, ademais, polas súas múltiples iniciativas de protesta e solidariedade con distintos movementos de reivindicación sociais e musicais. O cantante Zack Da Rocha participou en movementos derivados do EZLN. Nos días posteriores aos atentados do 11 de setembro, as emisoras de radio estadounidenses censurarían ao grupo por alentar o antipatriotismo.

Discografía

Ligazóns externas

Modelo:Link FA

Modelo:Link FA

Modelo:Link FA