Conversa usuario:Prevert/arquivo 1: Diferenzas entre revisións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
m Arranxando unha mensaxe mal posicionada..
non sou moi experto asi que perdona si volvo a faxar
Liña 303: Liña 303:
gracias
gracias
----
----



== mi resposta==

aprecido amigo ,acabo de tomar tu consejo y me anime a imprimir las hojas del curso que me dijistes, lo estudiare en mi casa y quizas logre aprender a la perfeccion tu lengua, no estoy seguro que tan bien lo logre peor lucha por lograrlo,


ala te puedo pedir un favor? ayudame a crear una wikipedia en lengua creole del español andino colombiano,soy mienbro creador de la clandestina academia de la lengua del criollo andino colombiano.

Revisión como estaba o 18 de decembro de 2004 ás 16:08

Por favor: engada a súa mensaxe na parte inferior da páxina e non se esqueza de asinar (co segundo botón pola dereita da caixa de edición, ou con catro ~~~~, ou na parte inferior co terceiro signo pola dereita dos caracteres especiais).


Benvido / benvida á galipedia! Hai moito que facer, entre todos, sairá. Agremon


Creo que tes razón máis ou menos en todo o que dis; os malos hábitos son difíciles de sacar de xeito consciente. Iremos avanzando cara aí. Agremon --Agremon 22:20, 5 Oct 2004 (UTC)


Cine e os títulos das películas

Non sei se fun quen de enviarche esta mensaxe, Prevert. Por suposto, estou interesado en que comentemos as dificultades que existen ó redactar informacións sobre cine. Por exemplo, en canto ós títulos das películas, o ideal sería utilizar os títulos nas súas emisións na TVG (ou no seu caso, moi infrecuente, nos cines ou por outros medios). A dificultade, no meu caso, é que descoñezo se existe algunha base de datos que escolme esa información. A falta desa información eu opto polos seguintes criterios:

  1. Procuro dar sempre a seguinte información: Título en galego (Título orixinal, Director, Ano); agás que algún destes datos fose presentado anteriormente no texto. Isto coido que permite a calquera situarse aínda que o título en galego ou orixinal non o faga.
  2. As películas que foron estreadas ou que son accesibles (en vídeo ou DVD ou por TV) en España procuro traducilas dende o seu título en castelán (coido que facilita a tarefa ó lector mantendo o texto en galego). Pero, ¿e se o título en castelán ten que ser traducido a galego de forma que non é facilmente recoñecible polo lector?. ¿Que facer con Candilejas, por exemplo? Neste caso, eu opto por escribir o título directamente en castelán: Candilejas (Charles Chaplin, 1954). O meu criterio é que debo manter os referentes culturais do lector no posible.
  3. Se unha película é máis coñecida polo seu título orixinal altero a orde: Título orixinal (Título en galego, Director, Ano).
  4. Se a película non foi estreada ou non ten versión en castelán, anótoa como Título orixinal (Director, Ano)

Por suposto, son os criterios que eu veño utilizando porque son os que busco nos textos que leo. Por suposto, son persoais e coido que é moi máis importante acadarmos unhas convencións comúns e uniformes.

--Joseveiga 16:57, 14 Oct 2004 (UTC)


Títulos das películas en galego

Respecto ó que apuntabas, coido que discrepamos en canto á tradución dos títulos.

Persoalmente, coido que a referencia relevante é o título orixinal (aínda que habería moito que matizar sobre isto xa que moitas películas son coproducións con diversos títulos, moitas películas -especialmente na época dos estudios- foron distribuídas con varios títulos, etc.). Para min o título orixinal, co nome do director/es e o ano de produción (non o de estrea, aínda que sobre isto habería moito que falar) son as referencias importantes.

Os títulos noutros idiomas de filmes con versións nacionais son obviamente unha referencia para o lector posto que en moitos casos coñeceunas así e o título orixinal non lle di nada. Polo tanto, no meu caso, que o título da película se traduza ou non a galego é secundario posto que, normalmente, indico a referencia para min relevante (título orixinal, director, ano) e non teño ningún problema con facer unha tradución máis ou menos correcta.

Sen embargo, por riba do meu criterio persoal, que é puramente meu, penso que sería bo acordarmos un criterio común de vez.

Unicamente gustaríame apuntar unhas observacións a prol das miñas teses. Coido que de seguirmos estritamente o teu criterio (tal e como eu o entendo) tódolos títulos deberían aparecer en castelán (o cal non é necesariamente malo, aínda que, penso, pouco desexable) posto que tódalas películas foron estreadas, promocionadas, distribuídas e proxectadas co título en castelán. É así como as coñeceu o público galego por moito que despois fosen emitidas na TVG co seu título en galego. Ademais, ¿que criterios seguen na TVG para traducir os títulos senón vertelos directamente do castelán e non dos títulos orixinais? Non vexo porque non podemos nós fornecer as nosas propias versións dos títulos tal e como fan os tradutores da TVG.

En todo caso, reitero a miña disposición a acatar calquera criterio que adaptemos.

Respecto a esas plantillas que mencionas de es.wikipedia, ¿onde podería consultalas?

Estou de acordo co que dis sobre cine galego e sector audiovisual galego. Bótalle unha ollada ó epígrafe estrutura empresarial por se che parece conveniente pasalo tamén a esa páxina de audiovisual galego.

Antes esquecínme de asinar, desculpa

--Joseveiga 16:17, 19 Oct 2004 (UTC)


Continúa ...

Estou de acordo contigo en que o título en galego fai referencia ó feito de que existe unha versión galega. Non tivera en conta ese criterio e coido que é moi valorable.

Propóñoche que acordemos uns criterios, polo menos, como referencia a ter en conta:

  1. Coido que sería interesante referir as películas do seguinte xeito: Título da versión galega ou castelán (Título orixinal, Director, Ano de produción ou de estrea)
  2. O título da versión será en galego cando se poida confirmar que existe unha versión galega (o problema é por suposto cómo confirmar este estremo) e en castelán cando non exista unha versión galega pero si unha castelá. En todo caso, podería indicarse a continuación e entre comiñas dobres unha posible tradución ó galego; p. e. Bésame, tonto ("Bícame, estúpido"; Kiss me, stupid; Billy Wilder, 19..) -supoñendo que non existise versión galega.

¿Que che parece?


P.D.: Non consigo firmar os comentarios a pesar de utilizar o botón que me indicas. Se cadra, non estou enviando as mensaxes onde debería facelo.

--Joseveiga 08:28, 21 Oct 2004 (UTC)

--- Por fin saiu o da categoría na portada. Pensando, debín de non por : ó comezo. --Agremon 22:32, 23 Oct 2004 (UTC) ---

Galiza

No de categorías, como vas meter Galiza?. Nestes momentos é un artigo máis extenso que Galicia.--Agremon 17:55, 4 Nov 2004 (UTC)

O de Galiza/Galicia é un problema: teóricamente, as dúas versións están admitidas, con preferencia normativa por Galicia. Persoalmente, Pasei de estar 'galiciaconvencido' a 'mediogalizaconvencido'. Parece que a voz Galicia é un castelanismo que titunfou a base de imposición en documentos legais estatais, mentras que a tradicional sería Galiza. Pero sei que é un tema espiñoso e que calquera solución collida vai xerar polémica se se elimina unha delas. Por eso non hai collida ningunha opción aínda como definitiva. Aínda legalmente, parece que Galiza vai ganando terreo, pero eso son cousas de política e nós debemos manter outra liña. Eu seguirei metendo ligazóns a Galiza con preferencia, alomenos mentras non teñamos un certo consenso, pero comecei meténdoas a Galicia, e son consciente do problema.--Agremon 09:13, 5 Nov 2004 (UTC)

Puxen na central de discusión o que me puxeches na páxina; creo que é acertada a orientación que propós, aínda que non nos libre dalgunhas intervencións en contra.--Agremon 20:22, 5 Nov 2004 (UTC)


Prevert sobre o que dis de que "cando un usuario quere saber cousas por exemplo sobre as Illes Balears problamente o mellor sitio para atopar eses coñecementos é a Wikipedia Catalana" creo que tes toda a razón. En realidade eu emprego tamén a wikipedia en español e en ingles e non tería demasiados problemas en visitar as versións en portugués, catalán, francés, italiano e (ainda que con dificultades) en alemán. Claro que, segundo iso, se quero información sobre a revolución bolxevique terei que acudir a wikipedia rusa, se busco información sobre a era Meiji, á Xaponesa e se quero saber máis sobre Mao deberei acudir á versión Chinesa. E como eu, tamén deberíano facer todos. Por suposto que ninguén coñece tódolos idiomas do mundo pero iso que o arranxe cada un coma poida. Así que será mellor que borremos tódolos artigos que non teñan nada que ver con Galiza (aforraríase un monte de espacio innecesario) e que cada un que se apañe como poida.

Sinto se estas palabras che sentan mal (por se non se nota, tentei ser sarcástico). Se é así pedireiche excusas tódalas veces que faga falla pero simplemente digo o que penso

Un saúdo --Alyssalover 15:16, 6 Nov 2004 (UTC)


Prevert gústame iso que dis de "En canto os nomes de paises estranxeiros son partidario de utilizar nos títulos das páxinas o nome galego e o nome oficial da cidade que corresponda no seu país separados por un guión" paréceme moi boa idea, pero, porqué limitarse somente ós nomes de países? non sería máis lóxico facelo mesmo con tódolos nomes?

En canto ó dos caracteres "raros" eu non lle vexo ningún problema e penso que se deberían empregar na medida do posíbel

Tamén é certo que ninguén mellor que nós para falar da nosa terra pero creo que autolimitarse a só iso sería un erro descomunal e imperdoábel.

Sinto non ser máis enxeñoso pero xa é bastante tarde e o meu cerebro xa non traballa tan ben coma pola tarde :lol:

Saudos --Alyssalover 22:10, 6 Nov 2004 (UTC)

Translation of the week

Currently we have started a project on meta.wikipedia to get an article translated in as many wikipedias as possible every week. The article will be about a subject that usually gets rarely translated and has a lot of links to other subjects. Currently we have no-one to translate in your language. If someone is interested to participate please see: meta:Translation of the week You can also submit articles from your own languages there that you think deserve translation, but have a small chance of it. The articles must not be to short and not to long and have lots of links to possible other articles! en:user:Waerth

Wiktionario

Os dous teñen colaborado na galipedia, pero non está mal a invitación.--Agremon 16:38, 6 Nov 2004 (UTC)

Ola, Prevert. Grazas por invitarme á discusión. Enténdesme ben cando dis que usaba a retranca nos nomes de cidades estranxeiras, estaría ben poñelos nomes co seu alfabeto orixinal, aínda que non teño nin idea de outro que non sexa o latino.

Cando comentei o de ligar as entradas do Galizionario e da Galipedia, era unha especie de resposta á túa conversa con Agremon. Ha! Vou 15 minutos a cear e cando volvo xa fixestes vinte variacións! Non merecedes un monumento, pero case :). Un saúdo. --Aricum 20:16, 6 Nov 2004 (UTC)

Grazas polas ligazóns de parroquias, unha xa a coñecía, mais a outra non. Por acaso non saberás dunha páxina cos nomes dos ríos galegos, hidronimia e todo iso? Tamén serían artigos interesantes. Un saúdo. aricum

Graciñas polas páxinas dos ríos eu non atopara nada útil, a verdade é que é incríbel que non haxa nada máis completo na internet. Será que temos poucos ríos na Galiza. Xa deixei a miña opinión sobre túa proposta léxica, vese que a tes moi pensada :). Un saúdo. Aricum

Edición de Galiza

Se ves que queda mellor como propós, adiante. O que si, deixa a táboa para que se poda editar de xeito individual, para no ter que cargar toda a páxina dunha vez, porque está chamado a ser un artigo longo e para editar é un incordio facelo todo xunto.--Agremon 19:47, 9 Nov 2004 (UTC)

Felicidades

Polas páxinas que rematas de crear sobre toponimia/wikiproxecto. Asegúroche que van ter éxito e visitas.--Agremon 23:05, 11 Nov 2004 (UTC)

A Botoneira e outros

Ola, Prevert. Tes razón, Valdubrés é natural do Val do Dubra, un erro de copia/pega.

Sobre a páxina de ríos, semella interesante e apúntome. Seguín buscando máis páxinas de ríos na rede, mais non atopei nada. Xa tiraremos a información dalgures.

Acabo de ver o proxecto toponimia, algo xa me pasara pola cabeza, e tamén é unha grande idea.

Vou probar a túa botoneira no Galizionario :) (Daslle a todo, rapaz!)

A nova portada da Galipedia poderíase probar, a min gústame. Non sei se tentar unha nova no dicionario, Eu non son tan artista e pode acabar nunha chafallada.

Teño que dicir que estou tentando traducir o arquivo galego.php, que afecta á interface da Galipedia e, creo, do Galizionario. É longo e enguedellante, mais algún día rematarei.

Creo que non queda nada máis por dicir. uf, como traballades :).

Gracias

Por aclarar o de auliómetros. Crin que fóra el e tes razón: podía dar lugar a malentendidos.--Agremon 00:36, 13 Nov 2004 (UTC)

Varios

O de Galiza paréceme ben. O único, cambiar de lado a bandeira para que vaian os datos todos á dereita.

Sobre o da toponimia, estás a facer un bó traballo. Pouco a pouco, escribeo con calma.

O da botoneira, non sei por que a min non me sae. Debe ser que teño mal algunha opción. Estes días (con frecuencia me pasa) non teño moito tempo, xa o farei máis adiante.

O das páxinas máis visitadas é cousa de falalo máis detidamente. Teño algunha teoría ó respecto, e predigo variacións no tema.--Agremon 00:59, 13 Nov 2004 (UTC)

Sobre a tabla en HTLM

A tabla fíxena nese formato porque é o formato no que xa estaba tanto en Lúns coma en Domingo así que tamén a empreguei en Martes De tódalas formas tentarei arranxalo o antes posíbel --Alyssalover 23:09, 14 Nov 2004 (UTC)


  • O teu comentario non me molestou en absoluto, é mais eu non coñecía o formato wiki e xa vexo que é moito máis sinxelo. Xa o corrixín en Luns e Martes. Mañá tentarei completar o resto dos días. Saúdos --Alyssalover 23:23, 14 Nov 2004 (UTC)

Envío de correo-e

Olá, Prevert, (escreverei em português pois não domino o galego, embora possa ler os textos perfeitamente) Enviei-te há pouco um e-mail. Embora eu não domine a grafia em galego, posso colaborar enviando imagens, principalmente relacionadas ao Brasil e cidades brasileiras. Um grande abraço User:Joao Xavier Dia 15-nov-2004, 20:03 (horário brasileiro).

Nomes de persoas

O final decidiuse algo sobre o que se fai para nomear ás persoas??. E que estou axudando a xelos cas efemérides e seríame de moita axuda saber cales son as normas se é que xa se decidiron. Un saúdo --Alyssalover 23:43, 15 Nov 2004 (UTC)


  • Graciñas. E que estou nestes intres traballando nas efemérides do 2 de xaneiro e ese día naceu "Isaac Asimov/Айзек Азимов" e tiña a dúbida de que nome empregar. Desculpas polas molestias que che causo con tantas preguntas e moitas gracias ;-). --Alyssalover 00:05, 16 Nov 2004 (UTC)
  • Pois se rematas indo a un deses concursos non esquezas avisarnos para que poidamos animarte :lol: Por creto nas efemérides xa comecei a empregar as novas normas de toponimia. Poderás ver como vai quedando en 2 de xaneiro (cando o edite ;-)). E agora vou durmir que maña (sería máis correcto dicir hoxe) teño clase. Saúdos --Alyssalover 00:22, 16 Nov 2004 (UTC)

de Agremon

De xeito taquigráfico antes de ir a clase: A botoneira funcióname na es.wiki, pero non na galipedia. Misterios da informática.

O do cambio en galiza, non te preocupes, é unha cousa sen importancia.

O de Actualidade: pasarei por alí. (Tamén temos que falar un día sobre as estatísticas...)//Xa pasei. O teu artigo é moi completo. Voume ver dificultado para melloralo.--Agremon 10:19, 16 Nov 2004 (UTC)//

Ocúpome do artigo 'galipedia' ...mañá.

Río Grande: Pasarei as coordenadas xeográficas da súa desembocadura; xa sei que moita xente non o entende, pero é un dato máis para discernir entre eles.

O de Astronomía: como podes comprobar, cou a saltos, cando poido.

Imaxes nas páxinas: vai sendo hora de que nós tamén as poñamos... pronto estará unha miña:) Ciao.--Agremon 08:03, 16 Nov 2004 (UTC)

Borrado dunha páxina

Pois que estaba movendo a páxina de Alxeria á súa nova ubicación en Alxeria - الجزائر e por erro púxenlle de nome Alxeria - الجزائ (fáltalle un carácter) e precisaría que a borrases. Por certo creo lembrar que na wikipedia española había unha boa lista de alfabetos --Alyssalover 20:43, 16 Nov 2004 (UTC)

Moi bo

O traballo desta fin de semana.A taberna máis parece un local de 5*.--Agremon 19:26, 21 Nov 2004 (UTC)

Estou de acordo. Cheguei fai un anaco á casa (estiven todo o fin de semana fóra) e quedei moi gratamente sorprendido polos cambios tanto da portada coma polo estreo da taberna. Noraboa :-) --Alyssalover 21:59, 21 Nov 2004 (UTC)

Re: Brasil (Gracias)

Olá, Prevert! Obrigado (gracias) pela modificação. Estou concluindo um texto sobre o estado de São Paulo. Sugiro que, no caso das cidades e estados brasileiros, padronizemos a identificação como no exemplo a seguir:

  • [São Paulo, cidade] e [São Paulo, estado] para o caso de homônimos (precisamos também criar uma página de desambiguação - vou providenciar isso).

Ao invés de entre parênteses [São Paulo (cidade)] [São Paulo (estado)]. A página Sao Paulo - São Paulo cria alguma confusão, em minha opinião, pois aqui no Brasil existe a Cidade de São Paulo (capital do estado) e Estado de São Paulo (o estado, que é uma subdivisão do país).

É semelhante ao que ocorre na Galiza: Província de Ourense e Cidade de Ourense; etc. A mesma coisa ocorre na Argentina, onde existe a província de Salta e a cidade de Salta, e assim em outras regiões do planeta. Poderíamos, talvez, padronizar a identificação das mesmas usando vírgula , para separar ao invés de parênteses ( ). Um grande abraço, user:Joao Xavier

Categorías

Non sabía que as categorías debían seguir unha orde xa establecida. Desculpa por darche traballo innecesario, a partires de agora tentarei polas na súa orde ;-) --Alyssalover 16:33, 23 Nov 2004 (UTC)

Homonimias

Paréceme mellor en plural: homonimias (alomenos polo momento...)--Agremon 22:02, 24 Nov 2004 (UTC)

Pregúntaslles logo ós do Galizionario?--Agremon 22:38, 24 Nov 2004 (UTC)

Curso de galego

Ola Prevert,

Non podo usar nomes de páxinas do tipo "Curso de galego:Os artigos" xa que isto faría que "Os artigos" fora parte do espazo de nomes "Curso de galego" e non está ben crear novos espazos de nomes.

O que vou facer, co teu permiso, é pór todas as páxinas do curso de galego nas categorías "Lingua galega" e logo facer unha páxina inicial do curso poñendo todas as súas páxinas en orde.

Saúdos, Roberto

Curso de galego

Ola Prevert,

Non podo usar nomes de páxinas do tipo "Curso de galego:Os artigos" xa que isto faría que "Os artigos" fora parte do espazo de nomes "Curso de galego" e non está ben crear novos espazos de nomes.

O que vou facer, co teu permiso, é pór todas as páxinas do curso de galego nas categorías "Lingua galega" e logo facer unha páxina inicial do curso poñendo todas as súas páxinas en orde.

Saúdos. --Rabalde 10:27, 25 Nov 2004 (UTC)

Espacio de nomes

A ver se cho podo explicar. A páxina "Wikipedia:Política e normas:Toponimia" ten como espacio de nomes "Wikipedia", porque o nome do espacio vai dende o comezo até os primeiros ":". Se eu fixera unha páxina chamada "Curso de lingua galega: Os artigos" o seu espacio sería "Curso de lingua galega". E a Galipedia está formada só por artigos sen espacio de nomes, o resto das páxinas non son consideradas como contido. Enténdese? --Rabalde 15:15, 25 Nov 2004 (UTC)


Mensaxe de Samersoc

me late que lo que pasa es que vos sos venido de la weikipedia española y andas emepeñado a imponer la verdad a l estilo de la wikipedia española, y no la verdad que vewmos al interior de nuestro pais y teniamos reflejada en este escrito en la galipedia 200.93.150.155 18:42, 26 Nov 2004 (UTC)

Cidades de Galicia

¿Poderíase crear unha categoría de cidades de Galicia, que fose subcategoría de Cidades do Mundo e o mesmo tempo de Cidades de España? --Pablo Grandio 22:26, 27 Nov 2004 (UTC)

Parroquias de Ribadeo

A que parroquias te refires? Hai algunha na que non está establecido a nivel popular a grafía, como o caso de Ove/Obe. Podes poñerme o listado na páxina?--Agremon 23:32, 27 Nov 2004 (UTC)

Toponimia

Pois si que lle deches voltas ó asunto eu xa case non recordaba ese asunto ;-) --Alyssalover 21:16, 28 Nov 2004 (UTC) ☺

Sobre Toquio

Existe un artigo chamado Toquio - 東京都 referíndose á capital de xapón pero 東京都 é a Toukyouto é dicir, a prefectura e/ou zona metropolitana. O nome correcto da cidade é 東京. Dígocho a ti por que vin que clasificaches ese artigo na categoría de cidades de Xapón e era por se podes amañalo ;-) Un saúdo --Alyssalover 14:10, 30 Nov 2004 (UTC)


Gracias por arranxalo ;-)

  • "guerras lingüisticas" hainas en tódalas partes nas que conviven máis dunha lingua porque o bilingüismo só existe na teoría. Eu tamén me comín o coco para decidir que nomes elexía como "oficias" ó realizala lista de paises e hai algúns (coma o caso que dis de Noruega) que aínda non estou moi seguro de que escollese o máis axeitado.
  • Para nada son experto en xaponés, non sei máis que unhas palabras (ola, adeus, grazas e pouco máis) pero é unha lingua que me gusta moito e ademais atopei esta páxina que axuda moito a buscar nomes nesa lingua ;-)
  • Estarei agardando ansioso ese sistema para marcalas páxinas que penso fai moita falla e axilizará moito o traballo

Saudos --Alyssalover 22:34, 30 Nov 2004 (UTC)

Criar "distinción" Modelo:Distinción

Olá, Prevert! :) Sugiro que se crie, por exemplo, um indicativo (Template) equivalente ao portugués "desambiguação"; ou ao castelhano "desambiguación", ou ao inglês "desambiguation". Poderia, digamos, ser algo como Modelo:Distinción: (assim, não precisaríamos criar uma palavra, como "desambiguación", ou equivalente). Neste indicativo, poderia, por exemplo, constar a expressão, padronizada Esta páxina permite distinguir dous ou máis significados da mesma palabra ou expresión. Isto nos permitiria criar páginas de desambiguação, com mais facilidade. Saudações e um grande abraço, user:Joao Xavier

Re: {homónimos}: excelente

Olá, Prevert, Homónimos está perfeito, pois não é um neologismo. Por enquanto, nas páginas em que existirem homônimos - e, portanto, a necessidade de distinguir um do outro - utilizarei a expressão Esta páxina permite distinguir dous ou máis significados da mesma palabra ou expresión. Vou escrever também sobre o estado do Rio de Janeiro (espero que eu consiga fazer um bom texto, consultando várias fontes para obter um bom resultado).Um grande abraço, user:Joao Xavier

  • (em tempo: por uma falha minha, a mensagem acima estava duplicada - João)

Em tempo (2): recebi o e-mail

  • Vou pesquisar sobre a divisão administrativa da COLÔMBIA. Assim que eu obtiver informações mais precisas, procurarei trabalhar no assunto. Por enquanto, tenho completado as páginas de alguns países. Aproveito para te perguntar: como é nome mais correto das Ilhas Cayman (ou Ilhas Caymans; em inglês Cayman Islands) em galego? illas Caimán ou illas Caymán (ou então, sem o acento agudo (´) sobre a letra "a"?). Faltou mencioná-las na lista de países e territórios. Posso redigir um texto sobre a mesma. Um grande abraço, João Xavier M. Santos

re: Abegondo

Obrigado, Prevert! A propósito, peço-te uma orientação: como poderemos categorizar Irlanda do Norte (acabei de incluir o texto, neste instante). Um grande abraço, João Xavier M.Santos

Sobre Ares

Esa páxina debería ser unha páxina de homónimos dado que Ares tamén pode referirse ó deus grego da guerra. Ares Enyalius era o deus espartano da guerra. Ares Galaxy é un programa P2P. A Ares Shrike 5.56 é unha pistola lixeira fabricada por Ares Defense Systems. Tamén son as siglas da Amateur Radio Emergency Service unha organización de voluntarios estadounidense. E ademais existe Arès en Francia. Faríao eu mesmo pero ata mañá non terei tempo para adicarme a escribir ningún artigo. Saudos --Alyssalover 15:26, 10 Dec 2004 (UTC)

Páxinas a fusionar

Vin que xa creaches os templates correspondentes e teño unha dúbida, como fago para non perder o historial das páxinas que fusiono?? e outra dúbida máis, hai algunha páxina na que se poida ver unha lista de tódolos templates existentes??? porque recordalos todos de memoria pareme algo complicado ;-) un saúdo --Alyssalover 11:48, 11 Dec 2004 (UTC)

Galiza vs. Galicia

Creo recordar que agora a preferencia normativa é por Galiza, este ano saíu unha nova normativa do galego na que cambian moitas palabras, como por exemplo, estrutura perde o c, diretor, grazas (gracias), servizo etc. :!. Saúdos--BokY 21:06, 14 Dec 2004 (UTC)

;)!

Grazas por informarme. Inda me queda moito que descubrir na galipedia. Isto é xigante! Ehehe. --BokY 21:33, 14 Dec 2004 (UTC)

Sobre unha imaxe

Vin que na imaxe Nasa perfil costa galega e portuguesa puxeches (Imaxe da Nasa. Uso libre para fins non comercias.) pero a licencia da wikipedia é a GFDL que di que todo o seu contido pode ser empregado tamén para fins comerciais así que deberíase borrar e/ou buscar unha semellante. Un saúdo --Alyssalover 13:30, 15 Dec 2004 (UTC)


OK grazas pola explicación tereino en conta a partires de agora ;-) --Alyssalover 16:47, 15 Dec 2004 (UTC)

Suíza

Nun primeiro momento eu optei por escribir suisse porque era o único nome non-inglés que aparecía na wikipedia inglesa e tiña algo de prisa (coma sempre), pero ,dado que empregar tódolos seus nomes oficiais pareme excesivo, eu optaría (coma fixen nalgúns outros países) por emprega-lo idioma maioritario que neste caso é o alemán (falado polo 64% da poboazón). Ademáis tamén penso que se debería facer dentro do artigo unha explicación o máis ampla posíbel sobre o tema das linguas en Suíza e incuír un mapa coma este Saúdos --Alyssalover 11:26, 16 Dec 2004 (UTC)

Artigos con problemas 16:57, 17 Dec 2004 Dmvm

ASpreciado amigo como hacemos para ponernos de acuerdo? digo con respecto a todos los articulos mios que uds tienen en la lista de articulos incomprensibles, sera que os envio el articulo en español para que os orienteis en la fporma correcta de traducirlo, o sera que tiodo esto es asuinto del significado de la diferencia de significado que se le da a algunas palabras en el español euroepeo frente a nuestro español colombiano?

y que al trasducir no tiene equivalente facil.

att: Dmvm escribame la respuesta en mi talk de usuario

gracias



mi resposta

aprecido amigo ,acabo de tomar tu consejo y me anime a imprimir las hojas del curso que me dijistes, lo estudiare en mi casa y quizas logre aprender a la perfeccion tu lengua, no estoy seguro que tan bien lo logre peor lucha por lograrlo,


ala te puedo pedir un favor? ayudame a crear una wikipedia en lengua creole del español andino colombiano,soy mienbro creador de la clandestina academia de la lengua del criollo andino colombiano.