Materialismo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: an:Materialismo
SieBot (conversa | contribucións)
Liña 19: Liña 19:
[[ar:مادية]]
[[ar:مادية]]
[[bat-smg:Materēlėzmos]]
[[bat-smg:Materēlėzmos]]
[[be-x-old:Матэрыяльнае]]
[[bg:Материализъм]]
[[bg:Материализъм]]
[[br:Danvezelouriezh]]
[[br:Danvezelouriezh]]

Revisión como estaba o 20 de setembro de 2009 ás 00:09

Materialismo é unha doutrina metafísica consistente en afirmar que só exise a materia ou que esta é a realidade básica da que depende todo o que existe. Por materia enténdese calquera substancia que ocupa un espazo e que pode verse e tocarse. En consecuencia, o materialismo nega a existencia de substancias absolutamente independentes da materia, como poden ser as almas, espíritos, deuses, etc. Por este motivo o materialismo asóciase xeralmente con actitudes ateas e antirrelixiosas.

Aínda que as metafísicas materialistas existen dende os inicios da filosofía occidental, a época materialista máis relevante acontece nos séculos XVIII, co empirismo inglés e os enciclopedistas franceses e, sobre todo, no século XIX en Alemaña co materialismo mecanicista (Karl Vogt e Ludwig Büchner) e o materialismo dialéctico (Friedrich Engels e Karl Marx). No século XX o materialismo vese reflectido tamén no programa fisicalista da corrente filosófica denominada Neopositivismo.

O materialismo mecanicista apóiase fundamentalmente nos avances experimentados polas ciencias da natureza durante o século XIX e sostén que os procesos psíquicos e mentais, aparentemente de natureza incorpórea, non son outra cousa que procesos químicos e fisiolóxicos explicables de maneira meramente mecánica a medida que as ciencias vaian progresando. Nun sentido parecido hai que entender tamén o fisicalismo neopositivista. Estas orientacións, polo tanto, caracterízanse por un reducionismo do psíquico ó neuro-fisiolóxico.

O materialismo dialéctico, en cambio, admite que os procesos psíquicos son de natureza irredutible a meros procesos físicos, se ben estes últimos son a base material da que emerxen os primeiros. Sen cerebro, polo tanto, non poderían existir os procesos mentais. Estes, por outra parte, consideran que a materia está sometida a procesos evolutivos dominados polas leis da dialéctica.

Hai tamén un uso popular do termo, alleo ó seu significado filosófico, e segundo o cal fálase, por exemplo, de "época materialista". Neste uso a palabra ten un significado moral e disigna unha actitude vital desprovista de valores e interesada unicamente no aprecio do benestar material (ter cousas) xunto coas accións que contribúen a logralo.

Véxase tamén

Outros artigos