Wikipedia:Guía/Ligazóns internas: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
m engado o exemplo de Prevert (a oración deixáraa sen traducir por non ter eu ningunha idea equivalente en galego)
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 22: Liña 22:
:<tt><nowiki>''[[Cantares gallegos]]''</nowiki></tt> = ''[[Cantares gallegos]]''
:<tt><nowiki>''[[Cantares gallegos]]''</nowiki></tt> = ''[[Cantares gallegos]]''


Comproba as ligazóns para aseguráreste de que apuntan cara ao artigo correcto. Por exemplo, [[Miño]] apunta ao artigo sobre o concello da provincia da Coruña, mentres que [[río Miño]] é o título do artigo sobre o río. Ademais, hai tamén páxinas de [[Wikipedia:Homónimos|homónimos]] que non son artigos, pero que conteñen ligazóns a artigos con títulos similares. Algúns como [[Lima (homónimos)]] son obvios, mentres que outros como [[Xeorxia]] usan títulos xenéricos. Estes títulos fan que a barra vertical sexa especialmente útil, xa que un artigo titulado [[Cadrado (álxebra)]] é moito menos lexible que [[Cadrado (álxebra)|Cadrado]].
Comproba as ligazóns para aseguráreste de que apuntan cara ao artigo correcto. Por exemplo, [[Miño]] apunta ao artigo sobre o concello da provincia da Coruña, mentres que [[río Miño]] é o título do artigo sobre o río máis importante de Galicia. Ademais, hai tamén páxinas de [[Wikipedia:Homónimos|homónimos]] que non son artigos, pero que conteñen ligazóns a artigos con títulos similares. Algúns como [[Lima (homónimos)]] son obvios, mentres que outros como [[Xeorxia]] usan títulos xenéricos. Estes títulos fan que a barra vertical sexa especialmente útil, xa que un artigo titulado [[Cadrado (álxebra)]] é moito menos lexible que [[Cadrado (álxebra)|Cadrado]].


==Categorías==
==Categorías==

Revisión como estaba o 17 de setembro de 2009 ás 16:10

Páxina de inicio   Edición   Formato   Ligazóns internas   Citar as fontes   Páxinas de conversa   Ten en conta   Rexistro   Resumo    

As ligazóns entre os artigos da Wikipedia son moi importantes. Estas ligazóns, fáciles de crear, axudan a un mellor acceso á información relacionada co artigo que se está a ler, favorecendo a utilidade da Wikipedia.

Cando (non) ligar

É moi útil engadir ligazóns aos artigos, pero demasiadas ligazóns poden distraer. Isto é o motivo polo que só se debería ligar a primeira aparición dunha palabra. As seccións principais poden ter máis ligazóns.

A observación doutros artigos da Wikipedia pódete axudar a aprender cando engadir ligazóns. Olla a páxina dos artigos de calidade para obter unha lista de artigos de alta calidade.

Como ligar as páxinas

Para facer unha ligazón a outra páxina da Wikipedia (chamada ligazón interna), pona entre dous corchetes, deste xeito:

[[Bugallo]] = Bugallo

Se queres ligar un artigo, pero mostrar outro texto na ligazón, podes conseguilo engadindo unha barra vertical (|) seguida do texto alternativo. Por exemplo:

[[Burro|Equus asinus]] = Equus asinus

Tamén podes facer que a ligazón leve ata unha sección específica:

[[Cruceiro#Orixe|orixe dos cruceiros]] = orixe dos cruceiros

Se queres que o texto da ligazón se amose en cursiva ou negra, insire os dobres corchetes dentro dos apóstrofos correspondentes segundo o que desexas obter. Así:

''[[Cantares gallegos]]'' = Cantares gallegos

Comproba as ligazóns para aseguráreste de que apuntan cara ao artigo correcto. Por exemplo, Miño apunta ao artigo sobre o concello da provincia da Coruña, mentres que río Miño é o título do artigo sobre o río máis importante de Galicia. Ademais, hai tamén páxinas de homónimos que non son artigos, pero que conteñen ligazóns a artigos con títulos similares. Algúns como Lima (homónimos) son obvios, mentres que outros como Xeorxia usan títulos xenéricos. Estes títulos fan que a barra vertical sexa especialmente útil, xa que un artigo titulado Cadrado (álxebra) é moito menos lexible que Cadrado.

Categorías

Tamén podes (e debes) incluír o artigo nunha categoría con outros dun tema relacionado. Simplemente escribe [[Categoría:]] e pon o nome da categoría entre os dous puntos e os corchetes de peche.

É moi importante inserir unha ou varias categorías correctas para que os demais poidan atopar facilmente o teu traballo. A mellor meneira de decidir que categorías lle acaen mellor é revisar as que levan os artigos relacionados. Por exemplo, se redactas un artigo sobre un tipo de árbore, terías que mirar outro artigo sobre outro tipo de árbore para ver que categorías poderían ser as axeitadas.

Para obter máis información vai á páxina sobre as categorías.
Proba o que aprendiches na zona de probas

Continúa a guía coa cita das fontes