Constancio I Cloro: Diferenzas entre revisións
mSen resumo de edición |
m outra imaxe procedente de Commons vía 'Images for biographies' |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
[[Ficheiro:Const.chlorus02 pushkin.jpg|thumb|right|Busto de Constancio I Cloro]] |
|||
[[Ficheiro:Constantius I capturing London after defeating Allectus Beaurains hoard.jpg|thumb|right|Efixie de Constancio I Cloro]] |
[[Ficheiro:Constantius I capturing London after defeating Allectus Beaurains hoard.jpg|thumb|right|Efixie de Constancio I Cloro]] |
||
'''Marcus Flavius Valerius Constantius''', nado en [[Salona]], [[Espalato]], na [[Dalmacia]] no [[243]], pasou á historia coma [[Constancio I Cloro]], a causa da súa palidez. |
'''Marcus Flavius Valerius Constantius''', nado en [[Salona]], [[Espalato]], na [[Dalmacia]] no [[243]], pasou á historia coma [[Constancio I Cloro]], a causa da súa palidez. |
Revisión como estaba o 17 de setembro de 2009 ás 15:50
Marcus Flavius Valerius Constantius, nado en Salona, Espalato, na Dalmacia no 243, pasou á historia coma Constancio I Cloro, a causa da súa palidez.
Traxectoria
Da súa xuventude sábese pouco. No ano 272 casa con Helena, beatificada despois coma Santa Helena, nai do futuro emperador Constantino I o Grande. Poucas cousas se saben a ciencia certa da orixe de Helena. Puido ser filla do rei bretón Cole ou filla dunha concubina.
O 1 de marzo do ano 293 foi nomeado César de occidente por Maximiano. Foi o elexido pola sua competencia no goberno da Dalmacia. Na división de Diocleciano de dous augustus e dous césares, a Constancio tocáronlle as provincias de Britania e a Galia. Repudiara a Helena e casou con Teodora, fillastra de Maximiano no ano 289.
No ano 296, na Britania rebélase Carausio, e proclámase emperador. Toma as terras británicas e algúns portos da Galia. Constancio lógrao derrotar, pero non nunha batalla definitiva, pero Carausio morre a mans do seu lugartenente Alecto. Pouco despois este é derrotado por Constancio, que se fai co control da Britania.
No ano 298 vence aos alamáns en Lingones e fai reforzar toda a fronteira do Rhin. No ano 305, despois da abdicación de Maximiano, é nomeado augustus, pero morre en Eboracum (York) no ano 306 nunha expedición contra os pictos. As lexións elixen ao seu fillo Constantino coma César.
Imperio Romano | ||
---|---|---|
Segue a: Maximiano |
Constancio I Cloro | Precede a: {{{DESPOIS}}} |
Segunda Tetrarquia |