Wikipedia:Guía/Formato: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
m pequenas correccións
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 68: Liña 68:
</div>
</div>


[[Category:Guía da Wikipedia| 2]]
[[Categoría:Guía da Wikipedia| 2]]


[[als:Wikipedia:Tutorial/2]]
[[als:Wikipedia:Tutorial/2]]

Revisión como estaba o 17 de setembro de 2009 ás 09:02

Páxina de inicio   Edición   Formato   Ligazóns internas   Citar as fontes   Páxinas de conversa   Ten en conta   Rexistro   Resumo    

A escritura nos artigos da Wikipedia é lixeiramente diferente á que se fai nun procesador de texto estándar. No canto dun estrito WYSIWYG ("What You See Is What You Get", ou sexa, "o que ves é o que obtés"), a Wikipedia usa códigos de texto para crear os elementos particulares da páxina (as cabeceiras, por exemplo). Esta "linguaxe" coñécese como formato wiki e está deseñado para unha sinxela edición.

Negra e cursiva

As etiquetas máis usadas son as que permiten poñer o texto en negra e cursiva. Isto conséguese poñendo apóstrofos (') a un e outro lado do texto en cuestión:

Escribes Obtense
''cursiva'' cursiva

'''negra'''

negra

'''''negra e cursiva'''''

negra e cursiva

Na Wikipedia, os nomes do tema do artigo escríbense en negra a primeira vez que se mencionan no libro. Por exemplo, o artigo Manuel Rivas comeza así:

Manuel Rivas Barrós, nado no barrio coruñés de Montealto o 26 de outubro de 1957, é un escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego.

A cursiva úsase para os títulos de libros, películas, álbums e videoxogos. Se algún elemento dos citados antes é o principal do que trata o artigo, a primeira vez que apareza nel estará en negra e cursiva.

Para obter máis información sobre cando usar a negra e mais a cursiva, olla Wikipedia:Libro de estilo.

Cabeceiras e subcabeceiras

As cabeceiras e subcabeceiras son un xeito doado de mellorar a organización dun artigo. Se ves que o artigo trata dous temas distintos, podes separalos inserindo unha cabeceira para cada sección.

As cabeceiras fanse desta maneira:

Escribes Obtense

== Cabeceira ==

Cabeceira

=== Subcabeceira ===

Subcabeceira

Se un artigo ten, polo menos, catro cabeceiras, xerarase automaticamente unha táboa de contidos. Intenta crear unha cabeceira na zona de probas.

HTML

O código HTML pódese usar nas páxinas para producir un formato máis avanzado como cores, táboas e outra disposición. Porén, non necesitas coñecer o HTML para usar a Wikipedia e seguir as convencións de formato.

Olla como editar unha páxina ou a referencia rápida para saber máis sobre a edición de páxinas.
Proba o que aprendiches na zona de probas

Continúa a guía coas ligazóns internas