Wikipedia:Guía: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Toliño (conversa | contribucións)
m traduzo esta páxina de introdución ao proxecto desde en.wp; esta e as vindeiras traducións forman parte dun traballo de mellora de todas as páxinas de axuda da Galipedia
Toliño (conversa | contribucións)
m moveu "Wikipedia:Tutorial" a "Wikipedia:Guía": traduzo o anglicismo "tutorial" por "guía"
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 16 de setembro de 2009 ás 14:56

Páxina de inicio   Edición   Formato   Ligazóns internas   Citar as fontes   Páxinas de conversa   Ten en conta   Rexistro   Resumo    
Atallos:
WP:T
WP:TUTOR

Benvido ao tutorial de edición da Wikipedia!

A Wikipedia é unha enciclopedia escrita por colaboradores na que ti podes contribuír. Este tutorial axudarate a te converter nun wikipedista.

As seguintes páxinas daranche consellos sobre o estilo e contido dos artigos da Wikipedia, e achegarante á comunidade e as políticas e convencións máis importantes da Wikipedia.

Isto é un tutorial básico, non un manual amplo. Se queres obter máis detalles, hai diversas ligazóns cara a outras páxinas con máis información. Para botarlles unha ollada á vez que continúas este tutorial, podes abrilas noutra ventá ou separador do navegador.

Existen ligazóns á páxina da "zona de probas" onde podes practicar o que esteas a aprender. Intenta facer cousas novas e argalla alí todo o que queiras! Ninguén se vai amolar porque experimentes nesta área de prácticas.

Nota: O tutorial asume que estás a usar a apariencia da páxina por defecto. Se accediches ao sistema e cambiaches as túas preferencias, a posición dalgunhas ligazóns pode diferir.