Katsuhiro Otomo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xapones (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Xapones (conversa | contribucións)
Liña 39: Liña 39:
*''[[Memories]]''
*''[[Memories]]''
*''[[Jiyo wo wareranai]]''
*''[[Jiyo wo wareranai]]''
*''[[Genma Daisen]]''
*''[[Genma Taisen]]''


[[Categoría:Personalidades do cómic|Otomo Katsuhiro]]
[[Categoría:Personalidades do cómic|Otomo Katsuhiro]]

Revisión como estaba o 15 de setembro de 2009 ás 14:48

Katsuhiro Otomo (大友 克洋): historietista e director de cine, nacido na prefectura de Miyagi (Xapón), en 1954.

Ten gran consideración tanto en occidente como en oriente. Foi un dos primeiros autores de bd xaponesa en publicar en occidente. Domu (editada en España como 'Pesadillas' por Norma Editorial) e AKIRA son obras que abriron o mundo da bd en europa ás producións e sensibilidade xaponesas. As carecterísticas principais da maioría seu traballo son a búsqueda dun realismo e temáticas adultas tanto no visual como no argumental. Foi un dos autores clave na bd xaponesa dos oitenta, ao axudar a criar un estilo realista propiamente xaponés e a abrir o mercado xaponés ás innovacións e experimentacións visuais da bd francesa e tamén á inversa, levando a occidente o estilo narrativo e visual oriental.

Domu 童夢 (Pesadelos)

Despois de diferentes relatos curtos e algunha serie inacabada (Fierball), debuxou Domu, unha historia de ciencia ficción na que xoga co sobrenatural e os soños infantís. Tivo un grande éxito e gañou o SF Grand Prix, un premio literario. Isto levantou críticas, xa que nunca este premio fora otorgado a unha bd anteriormente. Nesta obra xa se ve máis claramente o estilo que mostrará na súa obra máis coñecida: AKIRA.

AKIRA

Considerado por moitos a súa obra mestra, naceu como bd en 1981, na revista Young Magazine. É unha historia de ciencia ficción futurista de tipo ciberpunk. Conta a historia de Kaneda e o seu amigo Tetsuo que adquire extraños poderes despois duns experimentos militares. A historia, chea de acción e narrada dunha forma maxistral e innovadora foi un éxito internacional e levou a banda deseñada xaponesa á atención dos países occidentais, nos que daquela se tiña unha idea vaga sobre a banda deseñada xaponesa. Os fondos feitos cun detalle poucas veces visto na bd daba unha ambientación profunda e fascinante que os autores europeus e americanos admiraron.

A forza visual da obra, a boa construción da trama e a interesante visión do futuro fan de AKIRA unha obra capital para entender a ciencia ficción dentro da banda deseñada.

Gracias ao éxito da obra fíxose unha adaptación cinematográfica de animación da obra, dirixida polo propio Katsuhiro Otomo. Cun presuposto espectacular para unha produción non xaponesa e unha estética completamente nova conseguiu un éxito internacional importante e está considerada filme de culto dentro da animación.


Obra

Historietística

Cinematográfica