Mohamed Zahir de Afganistán: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: wuu:穆罕默德·查希爾·沙阿 |
m bot Engadido: az:Məhəmməd Zahir Şah; cambios estética |
||
Liña 2: | Liña 2: | ||
O rei '''Mohamed Zahir''', chamado '''Mohamed Zahir Xah''' (que quere dicir "rei"), nado en [[Cabul]] o [[16 de outubro]] de [[1914]] e morto na mesma cidade o [[23 de xullo]] de [[2007]], foi o xefe de estado e [[reis de Afganistán|monarca]] de [[Afganistán]] entre [[1933]] e [[1973]]. |

==Orixes== |
== Orixes == |
||
Mohamed Zahir foi o fillo de [[Mohamed Nader de Afganistán|Mohamed Nader]], autoproclamado rei afgán, e descendente dunha ampla familia de gobernantes e príncipes coma o [[ghan]] [[Sardar Mohamed]], medio irmán do ghan [[Dost Mohamed]] que vendeu a cidade de [[Peshawar]] en troca de [[ouro]]. O seu avó era o ghan [[Iahia]], encargado das negociacións entre o goberno británico e o ghan Iaqub para o [[tratado de Gandomak]], e que marchou a vivir á India logo da sinatura. |

Era [[paxtún]], pero falaba fluentemente a [[lingua persa]] da elite afgá. Xa como príncipe, foi educado en [[Francia]], no [[Instituto Pasteur]] e na [[Universidade de Montpellier]], onde tomou contacto coa [[democracia]] de preguerra, e onde aprendeu a falar [[lingua francesa|francés]], [[lingua inglesa|inglés]] e [[lingua italiana|italiano]]. |

==Reinado== |
== Reinado == |
||
O [[8 de novembro]] de [[1933]] foi proclamado rei logo do asasinato de seu pai Mohamed Nader, que el mesmo presenciou. Tiña 19 anos, e cedeulles o poder aos seus tíos, que gobernaron nos primeiros tempos. Xa coas rendas do estado collidas, en [[1964]] proclamou unha nova constitución, promoveu a modernización da economía, implantou un [[parlamento]] (se ben con poderes limitados) e animou a educación ás mulleres, medidas que o levaron a gañar a inimizade dos sectores [[islamismo|musulmáns]] ortodoxos. |

Liña 22: | Liña 22: | ||
{{End box}} |
{{End box}} |
||
==Exilio e retorno== |
== Exilio e retorno == |
||
O [[17 de xullo]] de [[1973]], cando Mohamed Zahir estaba en [[Italia]] operándose da vista e tratándose do [[lumbago]], o seu curmán e antigo [[primeiro ministro]] o ghan [[Mohamed Daud]] deu un [[golpe de estado]] e estableceu un goberno republicano. Mohamed Zahir abdicou e deixouse quedar no exilio italiano, vivindo nunha gran casa en [[Olgiata]], ao norte de [[Roma]]. Prohibíuselle voltar ao seu país durante o réxime comunista dos anos setenta, e tampouco volveu durante o réxime dos [[talibán]]s. |

Liña 31: | Liña 31: | ||
A partir dese ano comeza a sufrir problemas de saúde: esvara no baño durante dúas visitas a Francia, a primeira en outubro de [[2002]] e a segunda en xuño de [[2003]] e máncase nas costelas e rompe o [[fémur]], respectivamente. En febreiro de [[2004]] é hospitalizado durante dúas semanas en [[Nova Delhi]] por un problema intestinal, e en maio dese mesmo ano ten que acudir a un hospital dos [[Emiratos Árabes Unidos]] por [[hemorraxia]]s [[nariz|nasais]] producidas pola calor. Faleceu no seu palacio de Cabul dunha longa enfermidade, e a súa morte foi anunciada na televisión polo presidente Carsai. |

==Herdeiros== |
== Herdeiros == |
||
Casou con Homairah Begun o [[7 de novembro]] de [[1931]], e xuntos tiveron seis nenos e dúas nenas. |
Casou con Homairah Begun o [[7 de novembro]] de [[1931]], e xuntos tiveron seis nenos e dúas nenas. |
||
*1. A princesa Bilqis Begun (1932 - ) |
*1. A princesa Bilqis Begun (1932 - ) |
||
Liña 47: | Liña 47: | ||
[[ar:محمد ظاهر شاه]] |
[[ar:محمد ظاهر شاه]] |
||
[[az:Məhəmməd Zahir Şah]] |
|||
[[cs:Muhammad Záhir Šáh]] |
[[cs:Muhammad Záhir Šáh]] |
||
[[da:Zahir Shah]] |
[[da:Zahir Shah]] |
Revisión como estaba o 15 de setembro de 2009 ás 09:32
O rei Mohamed Zahir, chamado Mohamed Zahir Xah (que quere dicir "rei"), nado en Cabul o 16 de outubro de 1914 e morto na mesma cidade o 23 de xullo de 2007, foi o xefe de estado e monarca de Afganistán entre 1933 e 1973.
Orixes
Mohamed Zahir foi o fillo de Mohamed Nader, autoproclamado rei afgán, e descendente dunha ampla familia de gobernantes e príncipes coma o ghan Sardar Mohamed, medio irmán do ghan Dost Mohamed que vendeu a cidade de Peshawar en troca de ouro. O seu avó era o ghan Iahia, encargado das negociacións entre o goberno británico e o ghan Iaqub para o tratado de Gandomak, e que marchou a vivir á India logo da sinatura.
Era paxtún, pero falaba fluentemente a lingua persa da elite afgá. Xa como príncipe, foi educado en Francia, no Instituto Pasteur e na Universidade de Montpellier, onde tomou contacto coa democracia de preguerra, e onde aprendeu a falar francés, inglés e italiano.
Reinado
O 8 de novembro de 1933 foi proclamado rei logo do asasinato de seu pai Mohamed Nader, que el mesmo presenciou. Tiña 19 anos, e cedeulles o poder aos seus tíos, que gobernaron nos primeiros tempos. Xa coas rendas do estado collidas, en 1964 proclamou unha nova constitución, promoveu a modernización da economía, implantou un parlamento (se ben con poderes limitados) e animou a educación ás mulleres, medidas que o levaron a gañar a inimizade dos sectores musulmáns ortodoxos.
Promoveu o paxtún como lingua de comunicación, en detrimento do persa, iniciativa que non gozou o éxito agardado, e escollei os seus ministros e altos cargos de entre a etnia paxtúa, o que provocou a reacción dos outros grupos étnicos que constituíron os seus partidos e movementos políticos, coma o do taxico Mohamed Tahir Badakhshi.
Predecesor: Mohamed Nader |
Rei de Afganistán 1933 - 1973 |
Sucesor: instauración da república |
Predecesor: Rei Mohamed Nader |
Xefes de estado de Afganistán 1933 - 1973 |
Sucesor: ghan Mohamed Daud |
Exilio e retorno
O 17 de xullo de 1973, cando Mohamed Zahir estaba en Italia operándose da vista e tratándose do lumbago, o seu curmán e antigo primeiro ministro o ghan Mohamed Daud deu un golpe de estado e estableceu un goberno republicano. Mohamed Zahir abdicou e deixouse quedar no exilio italiano, vivindo nunha gran casa en Olgiata, ao norte de Roma. Prohibíuselle voltar ao seu país durante o réxime comunista dos anos setenta, e tampouco volveu durante o réxime dos talibáns.
En 1991 un home, facéndose pasar por xornalista portugués, tentou asasinalo a coiteladas, sen conseguilo, e en 2002 voltou a Cabul co inicio da democratización. Abriu a Loia Irga, o sistema de consultas entre os principais líderes afgáns para a constitución dun novo réxime, e agardaba a posibilidade de ser designado presidente (que non rei), cargo que ao final non recibiu. A constitución afgá aprobada durante a ocupación estadounidense nomeábao, iso si, "pai da patria", en recompensa polo seu papel na historia do país e como símbolo de unidade nacional.
Se ben el non estivo no goberno, o novo presidente de Afganistán, Hamid Carsai, pertence ao seu clan, e moitos dos seus parentes e seareiros formaron parte do executivo de transición. Regresou a vivir no antigo palacio real, pero a Loia Irga rexeitou devolverlle o trono. O 7 de decembro de 2004 participou na cerimonia de investidura de Carsai como presidente de Afganistán.
A partir dese ano comeza a sufrir problemas de saúde: esvara no baño durante dúas visitas a Francia, a primeira en outubro de 2002 e a segunda en xuño de 2003 e máncase nas costelas e rompe o fémur, respectivamente. En febreiro de 2004 é hospitalizado durante dúas semanas en Nova Delhi por un problema intestinal, e en maio dese mesmo ano ten que acudir a un hospital dos Emiratos Árabes Unidos por hemorraxias nasais producidas pola calor. Faleceu no seu palacio de Cabul dunha longa enfermidade, e a súa morte foi anunciada na televisión polo presidente Carsai.
Herdeiros
Casou con Homairah Begun o 7 de novembro de 1931, e xuntos tiveron seis nenos e dúas nenas.
- 1. A princesa Bilqis Begun (1932 - )
- 2. O príncipe Mohamed Acbar (10 de agosto de 1933 - 26 de novembro de 1942)
- 3. O príncipe Ahmed de Afganistán (23 de setembro de 1934 - )
- 4. A princesa Mariam Begun (1936 - )
- 5. O príncipe Mohamed Nader (1941 - )
- 6. O príncipe Mahmud (15 de novembro de 1946 - decembro de 2002)
- 7. O príncipe Mohamed Daud (1949 - )
- 8. O príncipe Mir Wais (1957 - )
Malia ser o cuarto na liña de sucesión, o príncipe Mir Wais foi designado príncipe herdeiro, viviu a carón de seu pai e traballou como o seu asistente e conselleiro. Sería o hipotético novo rei de Afganistán en caso de producirse unha reinstauración monárquica.