Paul Tillich: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m bot: Substituír 'Alemania' por 'Alemaña'
arranxiños
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Paul Johannes Tillich's gravestone in the Paul Tillich Park, New Harmony, Indiana.jpg|thumb|200px|Lápida de Paul Tillich no parque Paul Tillich, New Harmony, [[Indiana]], [[Estados Unidos]]]]
[[Ficheiro:Paul Johannes Tillich's gravestone in the Paul Tillich Park, New Harmony, Indiana.jpg|thumb|200px|Lápida de Paul Tillich no parque Paul Tillich, New Harmony, [[Indiana]], [[EUA]].]]


'''Paul Tillich''', nado en [[Starzeddel]], [[Brandenburgo]], o [[20 de agosto]] de [[1886]] e finado en [[Chicago]] o [[22 de outubro]] de [[1965]], foi un [[teoloxía|teólogo]] [[protestantismo|protestante]] [[Alemaña|alemán]].
Un dos grandes teólogos [[protestantismo|protestantes]] do século XX. Nado en agosto de [[1886]] na pequena vila de [[Starzeddel]] na provincia de [[Brandenburgo]] no leste de [[Alemaña]]. Estudou na universidade de [[Berlín]], na de [[Tubinga]] e na de [[Halle]]. Recibiu o Doutoramento de [[Filosofía]] na Universidade de [[Breslau]] e lincenciouse en [[teoloxía]] na Universidade de Halle.

==Traxectoria==
Estudou na universidade de [[Berlín]], na de [[Tubinga]] e na de [[Halle]]. Recibiu o Doutoramento de [[Filosofía]] na Universidade de [[Breslau]] e lincenciouse en [[teoloxía]] na Universidade de Halle.


En [[1914]] casou con Margarethe Wever, e no mesmo ano entrou no exército alemán como capelán. Margarethe abandonou a Tillich tras ter un fillo extramatrimonial.
En [[1914]] casou con Margarethe Wever, e no mesmo ano entrou no exército alemán como capelán. Margarethe abandonou a Tillich tras ter un fillo extramatrimonial.
Liña 15: Liña 18:
Moitas das súas publicacións acadaron unha enorme audiencia ao igual que os seus sermóns. Interesouse, así mesmo, polo [[budismo]], particularmente polo [[zen]], na súa experiencia xaponesa.
Moitas das súas publicacións acadaron unha enorme audiencia ao igual que os seus sermóns. Interesouse, así mesmo, polo [[budismo]], particularmente polo [[zen]], na súa experiencia xaponesa.


Atinxiu o maior rango na Universidade de[[Harvard]] e en [[1962]] mudouse pra a Universidade de [[Chicago]] ata a súa morte en [[1965]]. As súas cinsas están soterradas no chamado ''Paul Tillich Park'' en [[New Harmony]], [[Indiana]].
Atinxiu o maior rango na [[Universidade Harvard]] e en [[1962]] mudouse á [[Universidade de Chicago]] ata a súa morte en [[1965]]. As súas cinsas están soterradas no chamado ''Paul Tillich Park'' en [[New Harmony]], [[Indiana]].


==Pensamento==
==Pensamento==

Clave para compender o pensamento de Tillich e o método de ''correlación''. As cuestións existenciais do home están asociadas ao eido da filosofía, e máis específicamente ao da [[ontoloxía]], tal como a entendía o [[existencialismo]] en autores como [[Heidegger]]. Correlativamente, as respostas a esas cuestións atópanse no [[cristianismo]]. Deste xeito, empézase por unha análise ontolóxica da existencia humana e as ambigüidades que o ameazan, análise que abrangue a dimensión psicolóxica, social, cultural, histórica e relixiosa do home.
Clave para compender o pensamento de Tillich e o método de ''correlación''. As cuestións existenciais do home están asociadas ao eido da filosofía, e máis específicamente ao da [[ontoloxía]], tal como a entendía o [[existencialismo]] en autores como [[Heidegger]]. Correlativamente, as respostas a esas cuestións atópanse no [[cristianismo]]. Deste xeito, empézase por unha análise ontolóxica da existencia humana e as ambigüidades que o ameazan, análise que abrangue a dimensión psicolóxica, social, cultural, histórica e relixiosa do home.



Revisión como estaba o 5 de setembro de 2009 ás 08:42

Lápida de Paul Tillich no parque Paul Tillich, New Harmony, Indiana, EUA.

Paul Tillich, nado en Starzeddel, Brandenburgo, o 20 de agosto de 1886 e finado en Chicago o 22 de outubro de 1965, foi un teólogo protestante alemán.

Traxectoria

Estudou na universidade de Berlín, na de Tubinga e na de Halle. Recibiu o Doutoramento de Filosofía na Universidade de Breslau e lincenciouse en teoloxía na Universidade de Halle.

En 1914 casou con Margarethe Wever, e no mesmo ano entrou no exército alemán como capelán. Margarethe abandonou a Tillich tras ter un fillo extramatrimonial.

Despois da guerra, reanuda a súa carreira académica ensinando teoloxía na universidade de Berlín.

Trala volta da guerra, coñece a Hanna Werner Gottswchow, entonces casada e embarazada. En marzo de 1924 casan.

En 1924 pasa a ser profesor de Teoloxía na Universidade de Marburg onde empeza a desenvolver a súa teoloxía sistemática. Máis tarde é profesor en Dresde en Leipzig e en Frankfurt. Aquí sucedeu a Max Scheler na cátedra de filosofía e psicoloxía.

As súas ideas fanno entrar en conflito co nazismo e acaba sendo desposuido da súa posición. Reinhold Niebuhr, na súa visita a Alemaña en 1933, ficou abraiado polos escritos de Tillich e animouno a traballar na facultade do Union Thological Seminary de Nova York. Aos 47 anos, Tillich exilouse a Estados Unidos e comezou a perfeccionar o seu inglés e a dar clases sobre filosofía da relixión. Foi, asemade, profesor visitante da Universidade de Columbia. Obtivo a nacionalidade americana.

Moitas das súas publicacións acadaron unha enorme audiencia ao igual que os seus sermóns. Interesouse, así mesmo, polo budismo, particularmente polo zen, na súa experiencia xaponesa.

Atinxiu o maior rango na Universidade Harvard e en 1962 mudouse á Universidade de Chicago ata a súa morte en 1965. As súas cinsas están soterradas no chamado Paul Tillich Park en New Harmony, Indiana.

Pensamento

Clave para compender o pensamento de Tillich e o método de correlación. As cuestións existenciais do home están asociadas ao eido da filosofía, e máis específicamente ao da ontoloxía, tal como a entendía o existencialismo en autores como Heidegger. Correlativamente, as respostas a esas cuestións atópanse no cristianismo. Deste xeito, empézase por unha análise ontolóxica da existencia humana e as ambigüidades que o ameazan, análise que abrangue a dimensión psicolóxica, social, cultural, histórica e relixiosa do home.

A literatura é pródiga en loubanzas á grandeza do universo físico que apunta ao misterio cualitativo das estructuras de cada partícula do mesmo, así como á estructura do todo. Misterioso significa aquí a infinitude de preguntas que cada resposta enfronta á mente humana. Pola súa banda, a autotrascendencia da vida leva consigo as condicións do carácter tráxico da vida, a ambigüidade do grande e do tráxico, tal como xa se ve en Grecia. Finalmente está o amor que inclúe o coñecemento da persoa amada alén da análise e a manipulación calculadora; é máis ben o coñecemento participante o que cambia tanto á persoa que coñece como a que é coñecida e que lles arrastra a unha unidade trascendente que lles restableza a plenitude(agape). Pero, nos mesmos actos de afirmación e entrega, reaparece ameazante a ambigüidade da vida. A relixión é a consecuencia da alienación do home do fondo do seu ser e dos seus intentos por retornar a él.

Na mensaxe cristiá, centrada no acontecemento de Xesús de Nazareth, atópase a resposta ao dilema humano. Deus aparece como o substrato, a fondura de todo ser fronte a ameaza de non-ser na que se debate a existencia humana. Non é un ser senón o Ser mesmo. Só quen rexeita seriamente a a profundidade da realidade pode ser denominado ateo.

No feito cristiá ese Deus participa plenamente na dimensión finita e negativa do home, cuxa máxima expresión é a morte en cruz. E faino para pasar á plenitude da vida do ser na resurrección.

Se o ser en canto ser é bo -tal como afirmou Agostiño de Hipona contra o maniqueísmo- ningunha cousa que exista pode trocarse en completamente mala. Se algo existe, se ten ser, está incluída no amor divino creador, o que priva ao símbolo do inferno do seu carácter de condenación eterna.

O ser total, incluíndo os aspectos conscientes e inconscientes de todo individuo, está amplamente determinado polas condicións sociais que lle influencian ao entrar na existencia; o individuo é interdependente. Quen queira que condene a alguén á morte enterna condénase a si mesmo, porque a súa esencia e a do outro non poden estar afastadas absolutamente. En Xesús, a plenitude é un acontecemento absoluto e a través da participación nel o ser é afirmado eternamente. A resurrección inclúe todas as dimensións do ser e supón unha vigorosa afirmación do significado eterno da unicidade da persoa individual e a súa participación na realización universal que expresa o símbolo: Reino de Deus.

Fronte a Karl Barth, para Tillich non hai oposición entre o Deus da razón e o Deus da fe. No abismo de todo ser converxen o ser en sí e o Uno-Trino do Deus da revelación cristiá. Tamén difire de Barth en que o a Biblia non é para el a única fonte da teoloxía, a cal ten de abrirse a todas as formas de cultura e debe ser unha tarefa racional na confianza de que, no cristianismo, Xesús, o Cristo, é identificado como o Logos da Creación, o sentido do Cosmos e da historia.

Obras

  • Teoloxía Sistemática.
  • A coraxe do existir.
  • A dinámica da fe
  • Amor, Poder e Xustiza.