Saltón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lmbuga (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Lmbuga (conversa | contribucións)
Liña 14: Liña 14:
==Galería de imaxes==
==Galería de imaxes==
===Saltóns en [[Bastavales, Brión|San Xulián de Bastavales]]===
===Saltóns en [[Bastavales, Brión|San Xulián de Bastavales]]===
:''Vexa o artigo principal en [[Galería de imaxes de saaltóns de galicia]]''
{{Commons|:Category:Caelifera|Saltóns}}
{{Commons|:Category:Caelifera|Saltóns}}
{{Commons|:Category:Grashoppers of Galicia|Saltóns en Galicia}}
{{Commons|:Category:Grashoppers of Galicia|Saltóns en Galicia}}
Liña 19: Liña 20:
<gallery>
<gallery>
Ficheiro:Saltón en Bastavales, Brión, Galiza 090709 03.jpg
Ficheiro:Saltón en Bastavales, Brión, Galiza 090709 03.jpg
Ficheiro:Saltón en Bastavales, Brión, Galiza 090709 02.jpg
Ficheiro:Saltón 061007 Bastavales Galicia 018.jpg
Ficheiro:Saltón 061007 Bastavales Galicia 018.jpg
Ficheiro:Saltón 160eue.jpg
Ficheiro:Saltón 078eue.jpg
Ficheiro:Saltón 078eue.jpg
Ficheiro:Salton 019eue.jpg
Ficheiro:Bastavales Galiza-Salton 02.JPG
Ficheiro:Salton en Bastavales Brion Galiza 1.JPG
Ficheiro:Salton en Bastavales Brion Galiza 1.JPG

</gallery>
</gallery>

===Outros Saltóns===
===Outros Saltóns===
<gallery>
<gallery>

Revisión como estaba o 1 de setembro de 2009 ás 11:25

Saltón en Bastavales, Brión

O saltón é unha suborde de insectos herbívoros da orde Orthoptera. Diferéncianse da outra suborde de ortópteros (Ensifera) en que as antenas son curtas e adoitan ter menos de 30 artellos. Esta suborde inclúe moitas familias de saltóns.

Os saltóns poden saltar grandes distancias coas súas potentes patas traseiras, e nalgunhas ocasións mesmo son capaces de migrar. Esta circunstancia dáse cando se concentran demasiados individuos nunha mesma zona. Ante a escasez de alimento, o seu organismo libera unha serie de hormonas que fomentan a mobilidade das ás para que os individuos poidan desprazarse voando a outros lugares e evitar así a competencia intraespecífica polo alimento. Algunhas especies, como a Locusta migratoria e a Schistocerca gregaria, desprázanse en grandes enxambres minguando as colleitas.

Algunhas especies producen ruídos audibles, usualmente frotando as patas contra as á ou o abdome, ou co golpeteo das ás no voo. Algúns contan con órgano de audición, situado nos costados do primeiro segmento abdominal. As patas traseiras son tipicamente longas e fortes, apropiadas para saltar. Xeneralmente contan con ás, pero só as traseiras son membranosas e lles permiten voar, mentres que as dianteiras son coriáceas e non son útiles no voo. As femias son de maior tamaño cós machos.

Os ortópteros que contan con antenas tan largas ou maiores có seu propio corpo son en realidade grilos de matogueira ou saltóns de antenas longas, pertenecentes á suborde Ensifera, dos que se diferencian tamén pola estrutura do ovipositor, así como a localización do órgano auditivo e a forma en que producen os sons característicos. En termos evolutivos existe unha división entre ambas as dúas subordes que data do límite Permo-Triásico[1].

Os ovos adoitan colocarse nunha substancia escumosa que os protexe durante a incubación. O número de ovos por posta acostuma rondar entre os 400 e 500.


Galería de imaxes

Saltóns en San Xulián de Bastavales

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes de saaltóns de galicia

Outros Saltóns

Véxase tamén

Referencias