Romanización de Galicia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m bot: Substituír 'Paris' por 'París'
arranxiños
Liña 1: Liña 1:
:''Para o sistema de [[transliteración]], ver [[romanización (lingüística)]]
:''Para o sistema de [[transliteración]], ver [[romanización (lingüística)]]

----

{{Historia Galega}}
{{Historia Galega}}
Coñécese como '''romanización''' o proceso polo que os territorios conquistados polo [[Imperio Romano]] ían adoptando os costumes, técnicas, relixión e finalmente [[lingua latina|idioma]] destes.
A '''romanización''' o proceso polo que os territorios conquistados polo [[Imperio Romano]] ían adoptando os costumes, técnicas, relixión e finalmente [[lingua latina|idioma]] destes.

==Orixe e evolución==
==Orixe e evolución==

O comezo de romanización de [[Galiza]] adóitase datar na expedición de [[Décimo]], o Gallaico, e o seu fito de atravesar o [[río Lethes]] ou do olvido (o [[río Limia|Limia]]). Porén, o noroeste [[Península Ibérica|peninsular]] non ficou integrado inmediatamente no mundo romano. Ao longo do [[século I]] foise estabelecendo un comercio, principalmente nas costas, ao que acompañaron varias expedicións militares ([[Craso]], [[Perpenna]], [[Xulio César]]), de maneira que cando [[Octavio Augusto|Augusto]] emprendeu as [[Guerras Cántabras]], o noroeste era xa unha simple base de operacións. O noroeste peninsular foi organizado sobre a base do sistema pre-existente en ''[[populum|populi]]'' e ''[[castellum|castella]]'', representado nas inscricións por un '''C''' invertido. No ano [[74]] dC, concedeuse o ''[[ius latii]]'' para toda a península.

Revisión como estaba o 31 de agosto de 2009 ás 11:45

Para o sistema de transliteración, ver romanización (lingüística)

Historia de Galicia

Este artigo é parte da
Categoría:Historia de Galicia

Prehistoria
O megalitismo
Idade de Bronce
Idade de Ferro
Cultura castrexa
Idade Antiga
Galaicos
Romanización
Cultura galaico-romana
Cristianización
Antigüidade tardía
Monarquía sueva
Chegada dos bretóns
Monarquía visigoda
Idade Media
Período altomedieval
Era Compostelá
Período feudal
Idade Moderna
Antigo Réxime
Ilustración en Galicia
Idade Contempóranea
A Restauración borbónica
Segunda República
Guerra civil española
Ditadura franquista
Período autonómico
Véxase tamén
Historia da lingua galega
Reino de Galicia
Galicia
Cronoloxía do Reino de Galicia
Cronoloxía de Galicia

A romanización o proceso polo que os territorios conquistados polo Imperio Romano ían adoptando os costumes, técnicas, relixión e finalmente idioma destes.

Orixe e evolución

O comezo de romanización de Galiza adóitase datar na expedición de Décimo, o Gallaico, e o seu fito de atravesar o río Lethes ou do olvido (o Limia). Porén, o noroeste peninsular non ficou integrado inmediatamente no mundo romano. Ao longo do século I foise estabelecendo un comercio, principalmente nas costas, ao que acompañaron varias expedicións militares (Craso, Perpenna, Xulio César), de maneira que cando Augusto emprendeu as Guerras Cántabras, o noroeste era xa unha simple base de operacións. O noroeste peninsular foi organizado sobre a base do sistema pre-existente en populi e castella, representado nas inscricións por un C invertido. No ano 74 dC, concedeuse o ius latii para toda a península.

O territorio pertenceu primeiro á provincia de Lusitania, logo á Tarraconensis e finalmente constituiuse a Gallaecia, xa no século III. Esta dividiuse en tres conventos (demarcacións) xurídicos: bracarense, lucense e asturicense. O latín foi substituindo as linguas anteriores nun proceso que remataría probabelmente no século III d.C.

Os medios de subsistencia continuaron a ser os mesmos; na organización económica resultan relevantes dous elementos: dunha parte, a introdución da villa romana, residencia rural de luxo e explotación agrícola a un tempo, que se expandería a partir do século III; doutra, o aproveitamento de minas, en especial de ouro, que decaería no século II. Nas minas empregábanse escravos, mais as villae foron atendidas por colonos. A estrutura social castrexa perviviría longo tempo en forma de aristocracia indíxena romanizada e de poboación rural.

Na Gallaecia o cristianismo foi introducido serodiamente, a mediados do século III, por soldados da Legio VII Gemina. Un episodio notorio foi a difusión do priscilianismo a fins do século IV.

As referencias documentais para o estudio da romanización en Galicia atópanse na obra de diversos escritores gregos e latinos. Un listado dos principais sería o que segue: Apiano, Tito Livio, Floro, Orosio, Estrabón, Pomponio Mela, Plinio, Ptolomeo, Rufo Festo Avieno, Hidacio e Martiño de Dumio, e no Itinerario de Antonino.

Trátanse de breves descricións de Galicia que como a feita por Mela na súa obra Coreografía aportan poucos datos, e que neste caso fala do territorio dos Celtici.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Arias Vilas, Felipe. A Romanización de Galicia. Historia de Galicia 4. Ed. A Nosa Terra. (1992).
  • Tranoy, Alain. La Galice Romaine. Pub. du Centre Pierre París, 7. (1981)

Ligazóns externas