Abismo de Helmo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Manudosde (conversa | contribucións)
Manudosde (conversa | contribucións)
Liña 20: Liña 20:


==Aglarond==
==Aglarond==
Aglarond e [[Angrenost]] (máis tarde coñecida como [[Isengarda]]) eran as dúas fortalezas construídas por [[Gondor]] para defender os [[Vaos Isen]]. Ao igual que Angrenost ao norte, ao primeiro estivo ben custodiada, mais a medida que a poboación de [[Calenardhon]] (que despois sería o reino de [[Rohan]]) foi diminuíndo, foise abandonando e perdendo importancia, até acabr nas mans dun pequeno corpo de garda que se mesturou cos [[Dunlending]]s.
Aglarond e [[Angrenost]] (máis tarde coñecida como [[Isengarda]]) eran as dúas fortalezas construídas por [[Gondor]] para defender os [[Vaos Isen]]. Ao igual que Angrenost ao norte, ao primeiro estivo ben custodiada, mais a medida que a poboación de [[Calenardhon]] (que despois sería o reino de [[Rohan]]) esmoreceu, foise abandonando e perdendo importancia, até acabar nas mans dun pequeno corpo de garda que se mesturou cos [[Dunlending]]s.


Cando [[Cirion]], [[Mordomo de Gondor]], outorgou Calenardhon a [[Éothéod]], Aglarond pasou aos coidados dos [[Rohirrim]], que a chamaron '''Súthburg''' (burgo do sur no seu idioma). The Gondorian guard was merged with that of [[Angrenost]] to the north, which remained in the keep of Gondor. Guard duty of the Fords was initially shared between Gondor and Rohan, but later maintained only by the Rohirrim.
Cando [[Cirion]], [[Mordomo de Gondor]], outorgou a rexión de Calenardhon a [[Éothéod]], Aglarond pasou aos coidados dos [[Rohirrim]], que a chamaron '''Súthburg''' (burgo do sur no seu idioma). A garda de Gondor fusionouse coa de [[Angrenost]] ao norte, que permaneceu en poder de Gondor. Nun principio, as tarefas de vixilancia dos vaos foron compartidas por Gondor e Roham, mais acabaron sendo mantidas polos Rohirrim.


During the reign of [[Helm Hammerhand]], [[Rohan]] was attacked by Dunlendings from across the river [[Isen (Middle-earth)|Isen]]. [[Edoras]] was taken, and Helm and many of his people retreated to Súthburg. Because Helm always blew a great horn before riding out to fight the beleaguering [[Dunlendings]], the keep was renamed '''Hornburg'''. During the [[War of the Ring]], the Hornburg was the refuge of the [[Rohirrim]] as they defended [[Battle of the Hornburg|Helm's Deep]].
Durante o reinado de [[Helmo Man de Martelo]], [[Rohan]] sufriu o ataque dos Dunlendings que moraban na outra beira do río [[Isen (Terra Media)|Isen]]. A súa capital, [[Edoras]], caeu, e Helmo retirouse a Súthburg xunto con grande parte do seu pobo. Como Helmo sempre tocaba un grande corno antes de saír a cabalo para combater os belicosos [[Dunlendings]], a torre da homenaxe pasou a chamarse '''Cornoburgo'''. Durante a [[Guerra do Anel]], o Cornoburg serviu de refuxio para os [[Rohirrim]] mentres defendían o [[Batalla de Cornoburgo|Abismo de Helmo]].


Após a guerra, [[Gimli]] o [[Anano (Terra Media)|Anano]], que loitou nesa batalla, estabeleceu alí unha colonia da Xente de Durin. Aglarond estaba situada fronte a un enorme complexo de cavernas de grande beleza, que se lle antollou irresistíbel. A partir daquela, Gimli foi coñecido como o 'Señor das Cavernas Escintilantes', aínda que en teoría o goberno deste reino recaía en [[Thorin Helmo de Pedra]], parente seu e herdeiro soberano de toda a Xente de Durin. Trala Guerra do Anel, os ananos de Aglarond restauraron o Cornoburgo, que se converteu nunha fortaleza compartida cos [[Rohirrim]].
After the war, [[Gimli (Middle-earth)|Gimli]] the [[Dwarf (Middle-earth)|Dwarf]], who fought in that battle, established a colony of [[Durin's folk]] there. Aglarond lay in front of a huge and very beautiful cave system, which proved irresistible to him. Gimli became known as 'the Lord of the Glittering Caves', although this new realm was presumably under the overlordship of [[List of Middle-earth Dwarves#Thorin III Stonehelm|Thorin Stonehelm]], his kinsman and heir of the lordship of all Durin's Folk. The dwarves of Aglarond restored the Hornburg following the War of the Ring, and it became a fortress they shared with the [[Rohirrim]].


==Sources==
==Sources==

Revisión como estaba o 25 de agosto de 2009 ás 11:01

No legendarium de J. R. R. Tolkien, o Abismo de Helmo é un grande val ficticio situado na parte noroccidental das Ered Nimrais (Montañas Brancas), no continente da Terra Media. A fortaleza ubicada nel adquire un especial potagonismo no segundo volume d' O señor dos aneis: As dúas torres.

Descrición do val e da fortaleza

O val decorría entre o espazo formado pola serie de outeiros chamada Helm's Dike, e ao fondo atopábase a fortaleza de Aglarond, tamén chamada Cornoburgo, fronte á entrada das Cavernas Escintilantes.

Unha rampa elevada e tortuosa levaba até a grande porta principal da fortaleza. A torre da homenaxe albergaba as cortes e mais a armaría, así como un grande salón na parte traseira, escavado na faldra da montaña. Había tamén unha grande torre (o Cornoburgo) cuxa parte superior consistía no grande corno de Helmo Man de Martelo. O abismo que xacía a carón da fortaleza víase truncado polo longo Deeping Wall, feito de rocha sólida agás por un pequeno sumidoiro que deixaba entrar agua desde o Deeping Stream; isto permitía contar cun subministro constante en caso de asedios longos. O Deeping Wall erguíase máis de 6 metros sobre o chan, e era ancho de abondo para catro homes colocados o un a carón do outro. A entrada á fortaleza desde o abismo era posíbel grazas a unha longa escaleira que levaba á porta traseira do Cornoburgo.

Historia

Nun principio o val fora o lar dun pequeno rexemento de Gondor, mais cando a rexión de Calenardhon pasou a ser o reino de Rohan, converteuse nun acampamento dos Rohirrim, habitado polos gardas dos Vaos do Isen.

Durante a guerra contra os Dunlendings de Wulf, os Rohirrim, gobernados polo rei Helmo Man de Martelo, refuxiáronse na torre da homenaxe, onde resistiron todo o inverno de 2758-2759 TA.

Durante a Guerra do Anel a fortaleza que custodiaba o Abismo de Helmo volveu abeirar algúns dos Rohirrim, desta volta baixo o goberno do rei Théoden, e foi o escenario da Batalla de Cornoburgo.

Segundo conta un mito, o Abismo de Helmo nunca caería mentres houbese homes que o defendesen. Ningún exército dera traspasado o Deeping wall, nin pisado o Cornoburgo, mais no ano 3019 TA, durante a devandita Guerra do Anel, as hostes de Uruk-hai de Saruman case que conseguiron sobrepasar as defensas dos Rohirrim, provocando unha explosión de lume no sumidoiro, que destruíu a defensas principais. A orixe desta deflagración non fica clara, pois Tolkien descríbea como "Saruman's devilry." Na triloxía cinematográfica d' O señor dos aneis de Peter Jackson, esta arma aparece representada como pólvora.

A fortaleza aparece como taboleiro de escenario no xogo de mesa d'O señor dos aneis.

Aglarond

Aglarond e Angrenost (máis tarde coñecida como Isengarda) eran as dúas fortalezas construídas por Gondor para defender os Vaos Isen. Ao igual que Angrenost ao norte, ao primeiro estivo ben custodiada, mais a medida que a poboación de Calenardhon (que despois sería o reino de Rohan) esmoreceu, foise abandonando e perdendo importancia, até acabar nas mans dun pequeno corpo de garda que se mesturou cos Dunlendings.

Cando Cirion, Mordomo de Gondor, outorgou a rexión de Calenardhon a Éothéod, Aglarond pasou aos coidados dos Rohirrim, que a chamaron Súthburg (burgo do sur no seu idioma). A garda de Gondor fusionouse coa de Angrenost ao norte, que permaneceu en poder de Gondor. Nun principio, as tarefas de vixilancia dos vaos foron compartidas por Gondor e Roham, mais acabaron sendo mantidas só polos Rohirrim.

Durante o reinado de Helmo Man de Martelo, Rohan sufriu o ataque dos Dunlendings que moraban na outra beira do río Isen. A súa capital, Edoras, caeu, e Helmo retirouse a Súthburg xunto con grande parte do seu pobo. Como Helmo sempre tocaba un grande corno antes de saír a cabalo para combater os belicosos Dunlendings, a torre da homenaxe pasou a chamarse Cornoburgo. Durante a Guerra do Anel, o Cornoburg serviu de refuxio para os Rohirrim mentres defendían o Abismo de Helmo.

Após a guerra, Gimli o Anano, que loitou nesa batalla, estabeleceu alí unha colonia da Xente de Durin. Aglarond estaba situada fronte a un enorme complexo de cavernas de grande beleza, que se lle antollou irresistíbel. A partir daquela, Gimli foi coñecido como o 'Señor das Cavernas Escintilantes', aínda que en teoría o goberno deste reino recaía en Thorin Helmo de Pedra, parente seu e herdeiro soberano de toda a Xente de Durin. Trala Guerra do Anel, os ananos de Aglarond restauraron o Cornoburgo, que se converteu nunha fortaleza compartida cos Rohirrim.

Sources