Vittorio Alfieri: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: pl:Vittorio Alfieri
FlaBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sl:Vittorio Alfieri
Liña 28: Liña 28:
[[ro:Vittorio Alfieri]]
[[ro:Vittorio Alfieri]]
[[ru:Альфьери, Витторио]]
[[ru:Альфьери, Витторио]]
[[sl:Vittorio Alfieri]]
[[sv:Vittorio Alfieri]]
[[sv:Vittorio Alfieri]]
[[tr:Vittorio Alfieri]]
[[tr:Vittorio Alfieri]]

Revisión como estaba o 24 de agosto de 2009 ás 00:43

Vittorio Alfieri por François-Xavier Fabre

Niccolò Vittorio Alfieri - (Asti 1749 - Florencia 1803), poeta e dramaturgo italiano. Fortemente influenciado pola cultura clásica e o espírito romántico.
Perde a seu pai na súa infancia e continúa a residir coa súa nai e o seu novo marido ata que en 1758 entra na Academia militar de Turín, onde os nobres piemonteses eran tradicionalmente instruídos, no ano 1766 deixa a academia e principia unha longa viaxe por Europa, durante case dez anos viaxa por toda Italia, Francia, Inglaterra, Países Baixos, Suíza, Austria, Dinamarca e Rusia. Durante este período dedicouse tamén á lectura de autores como Dante Alighieri, Petrarca, Boccaccio, Maquiavelo, Ariosto e Tasso. Fascinado coa forma de se organizar da natureza e reticente con calquera forma de organización social.
En 1774 escribe a súa primeira traxedia Cleopatra, que se representou ao ano seguinte en Turín, con gran éxito. Entre 1776 e 1777 estrea dúas traxedias Filippo e Polinice e escribe Antigone (1776). En 1778 renuncia ao seu título nobiliario, deixa as súas propiedades á súa irmá e marcha a vivir á Toscana, illándose da sociedade contemporánea. Entre 1781 e 1783 reside en Roma, alí escribe Saul (1783) e Agamennone (1783) e pouco despois escribe Mirra (1784-1786).

Ligazóns externas

Obras de Alfieri, en italiano

Modelo:Link FA