Phaeophyceae: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: tr:Kahverengi algler
mSen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
[[Ficheiro:Leatheria difformis.jpg|thumb|right|200px|Leatheria difformis]]
[[Ficheiro:Leatheria difformis.jpg|thumb|right|200px|''Leathesia difformis'']]
{{Fusión|Feófito}}
{{Fusión|Feófito}}
As '''algas pardas''' ou '''feófitos''' son un grupo de [[alga]]s pertencentes á clase '''Phaeophyceae''' no reino [[Protista]]. Son organismos multicelulares que antes eran clasificados coma plantas "non vasculares" no reino [[Vexetal]]. Comprende uns 265 xéneros cunhas 1.500-2.000 especies, principalmente mariños; só seis xéneros son de auga doce.

Revisión como estaba o 23 de agosto de 2009 ás 05:31

Ficheiro:Leatheria difformis.jpg
Leathesia difformis

As algas pardas ou feófitos son un grupo de algas pertencentes á clase Phaeophyceae no reino Protista. Son organismos multicelulares que antes eran clasificados coma plantas "non vasculares" no reino Vexetal. Comprende uns 265 xéneros cunhas 1.500-2.000 especies, principalmente mariños; só seis xéneros son de auga doce.

A maioría viven nas costas rochosas das zonas temperadas e subpolares, dominando a zona intermareal coma no caso das Laminariales da costa de California. Tamén se presentan en formas flotantes libres, coma o Sargassum, que forma grandes extensións no Mar dos Sargazos. Son os principais produtores primarios de varias comunidades de animais invertebrados e microbios.

Xeralmente están diferenciadas en talo e mais pé. O talo dalgunhas formas pode estar provisto de un tamiz de tubos capaces de transportar auga e produtos da fotosíntese, vestixios dos verdadeiros tecidos condutores (xilema e floema) das plantas superiores. Presentan clorofila a e c e xantofila.