Franz Bopp: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
FlaBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sl:Franz Bopp
Liña 50: Liña 50:
[[ru:Бопп, Франц]]
[[ru:Бопп, Франц]]
[[sk:Franz Bopp]]
[[sk:Franz Bopp]]
[[sl:Franz Bopp]]
[[sv:Franz Bopp]]
[[sv:Franz Bopp]]
[[tg:Франз Бопп]]
[[tg:Франз Бопп]]

Revisión como estaba o 20 de agosto de 2009 ás 23:16

Franz Bopp

Franz Bopp (Mainz,14 de setembro de 1791 - 23 de outubro de 1867), foi un filólogo e lingüísta alemán.

A obra de Bopp

Foi Franz Bopp quen, polos seus traballos sobre o indoeuropeo, xustificou a lingüística comparada e quen fundou, por medio do ensino e polas súas publicacións, unha nova disciplina científica: a gramática comparada. Franz Bopp ademais probou a pertenza das linguas célticas ao indoeuropeo. Houbo que agardar aos primeiros anos do século XIX para que alemáns como Franz Bopp ou os irmáns Jacob e Wilhelm Grimm, e paralelamente, unha figura máis illada e menos coñecida, o danés Rasmus Rask, abordasen un dominio até entón case inexplorado, que aproveitan o datos que oferecen ao observador atento as semellanzas entre as linguas denominadas clásicas (grego, latín), as linguas xermánicas, as linguas eslavas, o persa e, sobre todo, o idioma antigo da India, o sánscrito, cuxo coñecemento agora se difunde. A este conxunto, engádenselle, progresivamente, as linguas célticas, as linguas bálticas, o armenio e o albanés, e logo, son coñecidas, xa no século XX, o hitita e o tocario.

Bopp foi autor dunha obra titánica, plena dun saber que pasma á maioría da xente común: a súa "Gramática comparada das linguas indoeuropeas que comprende o sánscrito, o zendo, o armenio, o grego, o latín, o lituano, o antigo eslavo, o gótico e o alemán" (1833-1849).

Rexeitou a idea de que todas as linguas procedesen do sánscrito, pensando máis ben nunha lingua común máis antiga. Prescindiu do misticismo nacionalista que pexaba en ocasións a investigación filolóxica alemá, estudando de forma moderna as linguas, por si mesmas, como obxecto e como medio de coñecemento. Por outra banda, Bopp, xuntamente con Schlegel, é autor do concepto moderno de flexión.

Entre 1821 e 1864, Franz Bopp foi profesor en Berlín de sánscrito, de literatura oriental e de lingüística xeral. Era membro correspondente do Instituto de Francia en Berlín.

Publicacións principais

  • Über das Conjugationssystem der Sanskritsprache in Vergleichung mit jenem der griechischen, lateinischen, persischen und germanischen Sprachen, Frankfurt am Main, 1816.
  • Vergleichende Grammatik des Sanskrit, Zend, Griechischen, Lateinischen, Litauischen, Gotischen und Deutschen (Gramática comparada das linguas sánscrita, zenda, grega, latina, lituana, eslava, gótica e alemá), Berín, (1833-1849).
  • Grammaticocritica linguae sanscriticae, 1829.
  • Über die keltischen Sprachen, Berlin, 1839.
  • Glossarium sanscritum, 1840.
  • Über die Verwandtschaft der malaiisch-polynesischen Sprachen mit dem Indogermanischen, Berlín, 1841.
  • Über die kaukasischen Glieder des indo-europäischen Sprachstammes, Berlín 1847
  • Über die Sprache der alten Preußen, Berlín, 1853.
  • Vergleichendes Accentuationssystem, Berlín, 1854.
  • Über das Albanesische in seinen verwandtschaftlichen Beziehungen, Berlín, 1855.

Ver tamén