Jean-Andoche Junot: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Luckas-bot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ro:Jean-Andoche Junot
FlaBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: cs:Andoche Junot
Liña 35: Liña 35:


[[ca:Jean-Andoche Junot]]
[[ca:Jean-Andoche Junot]]
[[cs:Andoche Junot]]
[[de:Andoche Junot]]
[[de:Andoche Junot]]
[[en:Jean-Andoche Junot]]
[[en:Jean-Andoche Junot]]

Revisión como estaba o 19 de agosto de 2009 ás 19:12

Jean-Andoche Junot

Jean-Andoche Junot, duque de Abrantes alcumado la Tempête (O Trebón) 23 de outubro de 1771 en Bussy-le-Grand29 de xullo de 1813 en Montbard, foi un xeneral francés.

Biografía

De familia bourguesa, comezou estudos de dereito en París cando comezaba a Revolución francesa. Enrolouse no exército en 1790, no batallón de voluntarios do departamento da Côte-d'Or. Ascendido rapidemente a sarxento de granadeiros, participou no asedio de Toulon en 1793. Encontrouse entón con Napoléon Bonaparte do que sería secretario.

No 13 vendimiario, da cando a campaña de Italia, Junot distinguíuse polo seu valor, sendo recompensado co encargo de levar ao Directorio as bandeiras do inimigo e máis co ascenso a coronel. Ferido en Lonato durante esa campaña, parece que isto mudou seu carácter, que se tornou irritábel. Marchou con Napoleón durante a campaña de Exipto, na cal foi ascendido a xeneral de brigada desde o momento de pisar terra exipcia. Ferido nun duelo, na campaña, foi capturado polos ingleses, e voltaría a Franza como mutilado. Progresivemente Napoleón foise distanciando do seu xeneral, demasiado temerario para o seu gosto.

Junot participou no 18 Brumario. Ao seu regreso a Francia en 1801, foi nomeado xeneral de división e gobernador de París. Máis foi tirado do posto polo mesmo Napoleón, quen o enviou a Arras, con a misión de instruír o novo corpo de granadeiros. Como manifestase os seu desacordo, foi mandado en 1805 como embaixador en Portugal, aínda que antes chegou a tomar parte na batalla de Austerlitz.

A comezos do Consulado, casou con Laure Permon.

A súa amizade cun banqueiro prexudicouno, ao demandar un empréstamo feito a Bonaparte, polo que foi de contado enviado fóra da Franza en 1806, nesta ocasión como gobernador de Parma, e con a misión de afogar unha insurrección. Volto a Franza en 1807, recobrou o seu posto de gobernador militar de París, ´mais o seu tren de vida fastuoso e os extravíos de conduta forzaron o seu relevo.

As súas extravagancias levárono a un cuarto exilio: foi posto ao mando do exército destinado a invadir Portugal en 1807. Partindo desde Salamanca en novembro, tomou Lisboa a inicios de decembro. Foi entón nomeado duque de Abrantes e gobernador de Portugal. Mais cando os británicos desembarcaron en agosto de 1808, foi derrotado na batalla do Vimeiro e aillado do resto do exército francés; grazas á asinatura da convención de Sintra evitou a súa captura. Voltou para Franza. Tornou de novo á peninsula Ibérica en 1810, co exército dirixido por André Masséna; nesta ocasión foi herido de gravidade. Acabaría sendo derrotado polo xeneral británico Wellington.

En 1809, estaba con a Grande Armée (Grande Exército), participando na campaña de Austria. Colaboraría aínda nas campañas de España (1810) e de Rusia (1812). Porén o seu estado de saúde mental non era satisfactorio.

De seguido tomou parte en canta batalla lle permitise facerse con bastón de xeneral; mais foi criticado por permitir ao exército ruso a retirada, despois da batalla de Smolensk, por contra na Batalla de Moscova mandou o 8º corpo con competencia.

En 1813, retiróuselle o mando de tropas e pasou a gobernar as Provincias ilirias, cuxo centro era Venecia. Unha tarde, nun ataque de delirio, caíu dunha xanela, fracturándose unha perna, logo do cal tentou amputarse cun coitelo de cociña.

Morreu uns días despois, o 29 de xullo de 1813, a causa de complicacións infecciosas, sendo inhumado no cemiterio de Montbard na Côte-d'Or.

Foi o mesmo Napoleón o que lle puxo a alcuña de "Junot la Tempête" (Junot o Trebón).