República Serbia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Rubinbot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: ie:Republika Srpska
Sen resumo de edición
Liña 5: Liña 5:


==Nome==
==Nome==
A '''República Serbia''' é chamada de xeito xeral en prensa e medios oficiais '''Republika Srpska'''. Segundo as regras das linguas eslavas, ''Srpska'' (ou sexa ''de Serbia''), pode ser tanto un adxetivo como un nome propio. Por mor da posible confusión entre a '''República Serbia''' (parte de Bosnia á que se refire este artigo) e a [[República de Serbia]] (ou [[Serbia]], país independente), o nome ''Republika Srpska'' deixase sen traducir nos países non eslavos para evitar confusións.
A '''República Serbia''' é chamada de xeito xeral na prensa e medios oficiais '''Republika Srpska'''. Segundo as regras das linguas eslavas, ''Srpska'' (ou sexa ''de Serbia''), pode ser tanto un adxetivo como un nome propio. Por mor da posible confusión entre a '''República Serbia''' (parte de Bosnia á que se refire este artigo) e a [[República de Serbia]] (ou [[Serbia]], país independente), o nome ''Republika Srpska'' deixase sen traducir nos países non eslavos para evitar confusións.


==Demografía==
==Demografía==

Revisión como estaba o 19 de agosto de 2009 ás 11:02

A República Serbia (en adiante RS) (serbio: Република Српска) é unha das dúas entidades políticas que forman Bosnia e Hercegovina. A outra é a Federación de Bosnia e Hercegovina.

Superficie: 24.811 km² Poboación: 1.490.993 habitantes

Nome

A República Serbia é chamada de xeito xeral na prensa e medios oficiais Republika Srpska. Segundo as regras das linguas eslavas, Srpska (ou sexa de Serbia), pode ser tanto un adxetivo como un nome propio. Por mor da posible confusión entre a República Serbia (parte de Bosnia á que se refire este artigo) e a República de Serbia (ou Serbia, país independente), o nome Republika Srpska deixase sen traducir nos países non eslavos para evitar confusións.

Demografía

A RS comprende o 48% da superficie do país, e ten aproximadamente o 34% da poboación. Estes datos como case todos os da antiga Iugoslavia son estimacións, xa que o derradeiro censo oficial tivo lugar en 1991 [1]. O 88,4% da poboación é serbia, bosnios 10,7% e croatas 0,9%. Durante as guerras dos Balcáns a rexión recibiu a refuxiados serbocroatas e serbobosnios doutras partes da antiga Iugoslavia.

Historia

Trala independenza de Eslovenia e Croacia da antiga Iugoslavia o 24 de outubro de 1991, créase a Asamblea Serbobosnia para defender os intereses serbobosnios dentro da antiga República Iugoslava de Bosnia e Hercegovina. Esta asemblea organizou un referendo para manterse unidos a Iugoslavia no caso de independencia de Bosnia e Hercegovina. O líder do principal partido serbiobosníaco Radovan Karadzic organizou as "Provincias Autónomas Serbias" e posteriormente declarou os territorios como República do Pobo Serbio de Bosnia e Hercegovina (Република српског народа Босне и Херцеговина). Isto foi declarado inconstitucional polo goberno de Saraievo, que votou unha nova constitución secesionista de Iugoslavia (caso análogo á da República Krajina de Serbia en Croacia).

En marzo de 1992 proclámase a independencia de Bosnia e Hercegovina co desacordo dos serbobosnios (un terzo da poboación). Como reacción a República Serbia de Bosnia e Hercegovina declarou a súa independencia o 7 de abril, e o 12 de agosto eliminaba a referencia a Bosnia e Hercegovina no nome quedando só en Republika Srpska. Forzas paramilitares serbias e o exército iugoslavo (JNA, mandado polos serbios pero non formado unicamente por serbios) intentaron impedir a secesión bosníaca.

De 1992 a 1995, é dicir, durante a guerra de Bosnia, os serbobosnios da RS era un dos tres bandos enfrontados: os outros dous eran os bosníacos e os bosníacocroatas da República Croata de Herzeg-Bosnia. Durante a guerra e segundo o Tribunal Internacional para a Antiga Iugoslavia, os serbobosníacos abriron campos de concentración, levaron a cabo masacres masivos (ver masacre de Srebrenica) e actos de xenocidio e limpeza étnica da poboacion non serbia.

Segundo o Acordo de Paz de Dayton, a RS ficaría co 49% do territorio de Bosnia e Hercegovina e recoñeceríaselle o estatus de entidade propia en confederación coa Federación de Bosnia e Hercegovina para formar Bosnia e Hercegovina.

Por mor da guerra e dos desprazamentos forzosos de poboación, a transición á economía de mercado vese complicada. O Alto Representante para Bosnia e Hercegovina tivo que apartar dos seus cargos a moitos dirixentes serbiobosníacos acusados de corrupción ou de crimes de guerra. Debido ó referendo de Montenegro e a cada vez maior insatisfacción dos serbiobosníacos co goberno de Saraievo, moitos queren convocar un referendo de seu, aínda que a comunidade internacional non acepta a lexitimidade dun referendo convocado por unha das entidades do Acordo de Dayton.

O 1 de xaneiro de 2006 a RS deixou de xeito oficial de ter forzas armadas como reivindicación da OTAN para un acordo de cooperación con Bosnia e Hercegovina. Pese a que Saraievo é a capital de iure da RS, Banja Luka é a capital de facto, coa maioría das sedes do goberno rexional.

Ligazóns externas