Diferenzas entre revisións de «Reino Unido»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
sen resumo de edición
m (bot Engadido: pnb:برطانیہ)
O '''Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte''', ou simplemente '''Reino Unido''' (incorrectamente chamado [[Gran Bretaña]] ou [[Inglaterra]]) é un [[país]] e un [[Estado|estado soberano]] situado ao noroeste da [[Europa|Europa Continental]]. O seu territorio, con capital en [[Londres]], está formado xeograficamente pola illa de [[Gran Bretaña]], o nordés da [[illa de Irlanda]] e pequenas illas adxacentes. [[Irlanda do Norte]] é a única parte do Reino cunha fronteira terrestre, que a separa da [[Irlanda|República de Irlanda]]. Aparte desta fronteira, o '''Reino Unido''' está rodeado ao norte e ao oeste polo [[océano Atlántico]], ao leste polo [[Mar do Norte]], ao sur polo [[Canle da Mancha]] e ao oeste polo [[mar de Irlanda]]. A illa máis grande, Gran Bretaña, está unida a [[Francia]] polo [[Eurotúnel]].
 
O '''Reino Unido''' é unha [[monarquía parlamentaria]] comprendida por catro [[países constituíntes]]; [[Escocia]], [[Inglaterra]], [[Irlanda do Norte]] e [[Gales]]; que teñen como [[xefe de Estado]] á [[Sabela II do Reino Unido|raíña Sabela II]]. As [[Dependencia da Coroa británica|Dependencias da Coroa]] das [[Illas da Canle]] e a [[Illa de Man]] non forman parte do Reino Unido, pero sesi forman unha federación con el. O Reino Unido ten catorce [[Territorio Británico de Ultramar|Territorios de Ultramar]], todos eles vestixios do que foi o [[Imperio Británico]], que na súa cúspide territorial chegou a abranguir preto dun cuarto da superficie terrestre do planeta. É un país desenvolvido e polo volume neto do seu [[produto interno bruto]] é considerado como a quinta economía a nivel mundial.
 
O país foi a principal potencia mundial durante o [[século XIX]] e o comezo do [[século XX]], pero o custo económico das dúas [[Guerra mundial|guerras mundiais]] e o declive do seu imperio na segunda parte do século XX diminuíron o seu rol de líder nas relacións internacionais. Con todo, o Reino Unido mantén unha significativa influencia económica, cultural, militar e política e é unha [[Países con armas nucleares|potencia nuclear]]. Ademais, é un dos cinco membros permanentes do [[Consello de Seguridade de Nacións Unidas]] con dereito a veto, e é membro do [[G8]], a [[Organización do Tratado do Atlántico Norte|OTAN]], a [[Unión Europea]] e a [[Mancomunidade Británica de Nacións]].
Usuario anónimo

Menú de navegación