Levallois-Perret: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
DragonBot (conversa | contribucións)
SieBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sw:Levallois-Perret
Liña 27: Liña 27:
[[sl:Levallois-Perret]]
[[sl:Levallois-Perret]]
[[sv:Levallois-Perret]]
[[sv:Levallois-Perret]]
[[sw:Levallois-Perret]]
[[vi:Levallois-Perret]]
[[vi:Levallois-Perret]]
[[vo:Levallois-Perret]]
[[vo:Levallois-Perret]]

Revisión como estaba o 14 de agosto de 2009 ás 21:15

Localización de Levallois-Perret
Escudo do concello
Escudo do concello
Rúa de Levallois-Perret

Levallois-Perret é un concello situado no departamento de Altos do Sena, ao noroeste de París, en Francia. Nos seus 2.42 km² habitan 62.500 habitantes (2005), o que fai que con 25.826 h/km² ocupe o primeiro posto en densidade de poboación dos concellos de Francia, con todo o dato debe ser relativizado xa que o concello forma parte da aglomeración de París onde esas densidades non son raras.

No territorio do que hoxe é o concello de Levallois-Perret existía a vila de Villiers e a aldea de Courcelles que pertencían ao concello de Clichy mentres o suroeste pertencía ao concello de Neuilly-sur-Seine. O concello debe o seu nome a Nicolas Eugène Levallois e Jean-Jacques Perret. En 1822 Perret urbanizou unha parte das súas propiedades, nacendo Champ-Perret. Anos despois outro gran propietario confía a Levallois para que organice a urbanización de parte dos seus terreos, a vila de Levallois nace oficialmente o 27 de setembro de 1845, aínda que a vila non estará concluída ata anos despois, e o 1 de xaneiro de 1867 créase o concello de Levallois-Perret.

No territorio do concello identificáronse restos prehistóricos a fins do século XIX que deron nome a unha técnica de talla lítica empregada na prehistoria, a Técnica Levallois.