Microfilamento: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: eu:Mikrofiru |
m bot Engadido: th:ไมโครฟิลาเมนท์ |
||
Liña 40: | Liña 40: | ||
[[pl:Mikrofilamenty]] |
[[pl:Mikrofilamenty]] |
||
[[ru:Микрофиламенты]] |
[[ru:Микрофиламенты]] |
||
[[th:ไมโครฟิลาเมนท์]] |
|||
[[uk:Мікрофіламенти]] |
[[uk:Мікрофіламенти]] |
||
[[zh:微丝]] |
[[zh:微丝]] |
Revisión como estaba o 9 de agosto de 2009 ás 11:04
Os microfilamentos son finas fibras de proteínas de 3 a 7 nm de diámetro. Están compostos predominantemente dunha proteína contráctil chamada actina.
Os filamentos de actina ou microfilamentos sitúanse na periferia da célula e sintetízase dende puntos específicos da membrana celular. Son os responsables da forma e do desprazamento celular. Están formados por proteínas globulares.
A asociación dos microfilamentos coa proteína miosina é a responsable pola contracción muscular. Os microfilamentos tamén poden levar a cabo movementos celulares, incluíndo desprazamento, contracción e citocinese. en conxunción cos microtúbulos danlle á célula a estrutura e o movemento.
Organización
Os filamentos forman distintas proxeccións segundo a situación da célula:
- Proxeccións dinámicas:
- a.- Lamilopodios (con forma de lámina) e filopodios (forma filamentosa e que censa o ambiente para decidir se a célula avanza non), que son estruturas que protruyen da membrana celular e que permiten o movemento da célula.
- b.- Anel contráctil: fórmase cando se está dividindo a célula, unha vez que os cromosomas se separaron, e estrangula a célula para a dividir en dous.
- Proxeccións estables: permanecen no tempo. Son por exemplo, os paquetes de estereocilios (están na superficie das células pilosas do oído interno) ou outros arranxos que permiten a contracción muscular.
Polimerización de microfilamentos
A actina está situada nos bordos da célula polo tanto dende aí polimerízase. Comeza como resposta a sinais externas que lle din á célula a forma que ten que adoptar. O primeiro que se forma é unha especie de carapuchón formado por proteínas especiais que son a ARP2 e a ARP3, xunto con outras proteínas que fortalecen este carapuchón e que forman o complexo ARP (proteína relacionada con actina). A partir do carapuchón se unen os monómeros de actina para formar os protofilamentos. O lado menos ten o carapuchón polo tanto o filamento medra só no sentido máis. O carapuchón pódese unir a outros filamentos para ramificarse.
Funcións dos microfilamentos
- Teñen unha misión esquelética.
- Son responsables dos movementos do citosol.
- Tamén son os responsables da contracción das células musculares.