John Boyd Dunlop: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
DragonBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: id:John Boyd Dunlop
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: tr:John Boyd Dunlop
Liña 46: Liña 46:
[[sr:Џон Бојд Данлоп]]
[[sr:Џон Бојд Данлоп]]
[[sv:John Boyd Dunlop]]
[[sv:John Boyd Dunlop]]
[[tr:John Boyd Dunlop]]

Revisión como estaba o 8 de agosto de 2009 ás 14:44

John Boyd Dunlop

John Boyd Dunlop (North Ayrshire, 5 de febreiro de 1840 ; †Dublín, 23 de outubro de 1921), foi un veterinario escocés que reinventou o pneumático con cámara. Fundou a compañía que leva o seu apelido, Dunlop Tyres.

Naceu nunha granja en Dreghorn, no norte de Ayrshire (Escocia), e licenciouse como veterinario no Edinburgh Veterinary College (agora parte da Universidade de Edimburgo) con só 19 anos. Exerceu a profesión de veterinario en Edimburgo durante oito anos. En 1867 trasladouse a Belfast.

En 1887, desenvolveu o primeiro pneumático con cámara de aire para o triciclo que o seu fillo de nove anos de idade usaba para ir á escola polas rúas bacheadas de Belfast. Para resolver o problema do traqueteo do triciclo, Dunlop inflou uns tubos de goma cunha bomba de aire para inflar balóns. Despois envolveu os tubos de goma cunha lona para protexelos e pegounos sobre as llantas das rodas do triciclo. Ata entón, a maioría das rodas tiñan llantas con goma maciza, pero os pneumáticos permitían unha marcha notablemente máis suave. Desenvolveu a idea e pantentou o pneumático con cámara o 7 de decembro de 1888. Con todo, dous anos despois de que lle concedesen a patente, Dunlop foi informado oficialmente de que a patente foi invalidada polo inventor escocés Robert William Thomson, quen patentara a idea en Francia en 1846 e en Estados Unidos en 1847.[1] Dunlop gañou unha batalla legal contra Robert William Thomson e validou a súa patente.

Dunlop fundou a compañía Dunlop Tyres que máis tarde sería coñecida como Dunlop Rubber Company. A produción comercial empezou a finais de 1890 en Belfast. Dunlop vendeu a súa patente e o nome da súa compañía a William Harvey Du Cros, que xa era propietario da Pneumatic Tire and Booth's Cycle Agency, a cambio de 1500 accións da compañía resultante e finalmente non fixo moita fortuna pola súa invención. Dunlop retirouse a Dublin, onde morreu o 12 de outubro de 1921, e foi enterrado no cemiterio de Deansgrange, un suburbio ao sur de Dublín.

O desenvolvemento do pneumático con cámara de Dunlop chegou nun momento crucial durante a expansión do transporte terrestre, coa construción de novas bicicletas e automóbiles.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas