Tenzón: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
RNC (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
RNC (conversa | contribucións)
m a ligazón externa non funcionaba, supoño que era a mesma que a que coloco na súa vez.
Liña 10: Liña 10:
<references/>
<references/>
==Ligazóns externas==
==Ligazóns externas==
*[http://centros.edu.xunta.es/iesvalminor/departamentos/galego/html/cantiga_de_tenzon.htm Descrición da tenzón e do partimen]
*[http://revistas.ucm.es/fll/11389664/articulos/MADR0202110061A.PDF Joseph Ghanime ''A tenzón e o partimén'']
[[Categoría:Literatura]]
[[Categoría:Literatura]]
[[Categoría:Literatura galega medieval]]
[[Categoría:Literatura galega medieval]]

Revisión como estaba o 6 de agosto de 2009 ás 19:36

A tenzón é unha cantiga de xénero xocoso[1], constitúe un xénero menor da lírica occitana[2] e é tamén subxénero da lírica medieval galego-portuguesa en que aparecen as críticas mutuas entre xograres e trobadores.

A tenzón é un xénero menor das cantigas de escarnio. É unha cantiga de carácter dialogado en que, polo xeral, un dos interlocutores fala nunha estrofa e outro na seguinte. Na Arte de Trobar dise que as tenzóns poden ser de amor, de amigo ou de escarnio, mais hoxe téndese a falar de tenzóns coma unha variedade das cantigas de escarnio e maldizer.

Nesta composición dialogan un trobador e un xograr, co interese conseguinte da diferenza social e cultural que podían presentar. O primeiro que intervén elixe o argumento, o outro debe responder aténdose ó mesmo esquema métrico e rítmico. Hai pois unha tendencia á ridiculización pública e son, sen dúbida ningunha, a mellor crónica da vida e da sociedade da época.

Consérvanse trinta tenzóns galego-portuguesas: vinte e oito son burlescas e só dúas son de amor. Este xénero tivo o seu apoxeo na época de Afonso X o Sabio, xa que case todas corresponden ao período entre 1250 e 1280.

Notas

  1. Henrique Monteagudo. Tres poetas medievais da Ría de Vigo. Galaxia, 1998, páxina 72
  2. William Doremus Paden Medieval lyric: genres in historical context. Urbana, 2000, páxina 28

Ligazóns externas