Terebinto: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Liña 5: Liña 5:
{{Taxonomia-familia |FAMILIA= Anacardiaceae }}
{{Taxonomia-familia |FAMILIA= Anacardiaceae }}
{{Taxonomia-xenero |XENERO= Pistacia }}
{{Taxonomia-xenero |XENERO= Pistacia }}
{{Taxonomia-binomial-planta |NOME_CIENTIFICO= Pistacia terebinghus }}
{{Taxonomia-binomial-planta |NOME_CIENTIFICO= Pistacia terebinthus }}
{{Taxonomia-fin}}
{{Taxonomia-fin}}



Revisión como estaba o 2 de agosto de 2009 ás 19:17

Escornacabras
Estado de conservación
[[Ficheiro:Status_iucn3.1_{{{ESTADO}}}_gl.svg|250px|]]
{{{ESTADO_NOME}}}
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Sapindales
Familia: Anacardiaceae
Xénero: Pistacia
Nome científico
Pistacia terebinthus
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos


O escornacabras, terebinto ou árbore trementina (Pistacia terebinthus) é unha especie de árbore nativa da familia das Anacardiáceas da rexión mediterránea, desde Marrocos e Portugal no oeste ata Turquía e Siria no leste, e tamén se atopa nas illas Canarias.

É unha árbore que pode chegar ata os 10 m, aínda que normalmente alcanza unha altura máis modesta en torno ós 5 m. As follas son compostas de 10-20 cm de longo con varios folíolos máis pequenos (5-11) que xorden da principal. As flores teñen unha cor vermella purpurada, aparecendo coas follas a principios da primavera. Os froitos son pequenos bagos vermellos de 5-7 mm de longo, que escurecen ó madurar. Todas as partes da planta teñen un forte cheiro resinoso.

Historia

John Chadwick cre que o escornacabras é a planta chamada ki-ta-no que aparece nalgunhas táboas de Linear B, un antigo dialecto de Grecia. Cita a obra do erudito español J.L. Melena, que atopou "un antigo léxico que amosaba que o kritanos era outro nome para a árbore turpentina (terebinto) e que a pronunciación micénica podía representar unha variante da palabra."

O escornacabras é mencionado na Biblia no Antigo Testamento. Por exemplo, en Isaías 1:29, onde a palabra hebrea "el" ou "elim" a miúdo pode traducirse como buxo ou escornacabras. Tamén en tres capítulos sucesivos do Xénese (12:6, 13:18, 14:13) referíndose ós lugares onde o patriarca Abraham acampaba. Tamén hai unhas poucas referencias no libro dos Xuíces.

O escornacabras tamén é mencionado na Eneida de Virxilio, libro 10, liña 136.

Utilidade

O uso máis antigo e coñecido do escornacabras é como fonte da augarrás ou esencia de trementina, un aceite vexetal utilizado como diluinte e como compoñente químico. Actualmente a trementina do escornacabras é coñecida como trementina chipriota.

A árbore é rica en substancias resinosas e foi utilizada polas súas propiedades medicinais e aromáticas na Grecia clásica. A corteza pode utilizarse para elaborar unha pasta de cheiro doce e na confección de coiro. Máis recentemente, para a elaboración de antiinflamatorios.

Os froitos do escornacabras son utilizados en Chipre para a elaboración dun pan especial. En Creta, onde recibe o nome de tsikoudia, é utilizado na elaboración dun licor que tamén se chama tsikoudia.