Moebius: Diferenzas entre revisións
m bot Engadido: ru:Жиро, Жан (художник) |
m bot Engadido: zh:墨比斯 |
||
Liña 25: | Liña 25: | ||
[[ru:Жиро, Жан (художник)]] |
[[ru:Жиро, Жан (художник)]] |
||
[[sv:Jean Giraud]] |
[[sv:Jean Giraud]] |
||
[[zh:墨比斯]] |
Revisión como estaba o 30 de xullo de 2009 ás 15:43
Jean Giraud (París, 8 de maio de 1938), coñecido polo seu pseudónimo Moebius, é un historietista francés. Alcanzou a celebridade como debuxante do western O Teniente Blueberry, que guionizaba Jean-Michel Charlier e se publicaba na revista Pilote.
En 1974 formou o grupo dos Humanoides Asociados con outros autores como Philippe Druillet, Dionnet e Farkas. Xuntos editarían a revista Metal Hurlant, onde Jean Giraud (ahora co seudónimo Moebius) se revelaría como autor completo en renovadoras series de fantasía e ciencia ficción como Arzach (1975) ou O garaxe hermético (1976). En 1980, iniciou coa saga de O Incal a sua frutífera colaboración co guionista Alejandro Jodorowsky. Dende o ano 1988, cando viu Akira, ten sido gran fan do estilo de debuxo xaponés, en especial de Katsuhiro Otomo e de Yukito Kishiro (quen á vez tamén esta moi influenciado polo estilo franco-belga de Frank Miller ou o propio Jean Giraud), e as súas obras se viron influenciadas por este feito.
Paralelamente á sua labor como historietista e ilustrador, Jean Giraud ten participado nos deseños de multitude de películas, como Alien (1979), Tron (1982), Abyss (1989) ou O quinto elemento (1997).