Cedro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m bot Engadido: fa:سرو, hr:Cedar
VolkovBot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: hi:सीडर
Liña 75: Liña 75:
[[hak:Hiông-pak-su]]
[[hak:Hiông-pak-su]]
[[he:ארז]]
[[he:ארז]]
[[hi:सीडर]]
[[hr:Cedar]]
[[hr:Cedar]]
[[hsb:Cedra]]
[[hsb:Cedra]]

Revisión como estaba o 30 de xullo de 2009 ás 13:37

Cedro
Ficheiro:Cedrolíbano.jpg
Estado de conservación
[[Ficheiro:Status_iucn3.1_{{{ESTADO}}}_gl.svg|250px|]]
{{{ESTADO_NOME}}}
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pinophyta
Clase: Pinopsida
Orde: Pinais
Familia: Pinales
Xénero: Cedrus
Nome científico
Cedrus
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos


Agullas xóvenes do cedro do Atlas.
Vista do coñecido cedro do Líbano.
Vista dun corte de madeira de cedro.

O cedro (que ten coma nome científico cedrus) é, estrictamente, un xénero de coníferas (pináceas) orixinario de Oriente Próximo e do Himalaia. Tódalas especies de cedro son grandes árbores, de madeira olorosa e de copa cónica ou vertical.


Características

Os cedros son grandes árbores, de vintecinco a cincuenta metros de alto, nas que as follas (agullas perennes e curtas, de dous a catro centímetros, un pouco puntiagudas; pero máis longas, de tres a seis centímetros e máis flexibles no caso do cedro do Himalaia) reúnense en ramilletes sobre as pólas máis curtas. A súa copa, afiada durante a súa xuventude, toma unha forma tabular característica a partir dos trinta anos. As súas pólas son moi horizontais.

As piñas femia, ovoides oblongos, de seis a once centímetros de longo e catro a seis de diámetro, da que medran piñóns delgados, separándose antes da súa caída da árbore. As sementes triangulares teñen ás.

Calcúlase que os cedros poden vivir máis de dous mil anos, aínda que os máis antigos da actualidade teñen unha idade estimada de arredor de mil anos.


Clasificación


Usos

Árbores de ornamento

Os cedros foron introducidos en Europa alí onde son amplamente utilizados coma árbors de ornamento en parques públicos e xardíns. Existen numerosas variedades hortícolas.

Especie de repoblación

O cedro do Atlas foi moi empregado durante o século XIX para repoboar as ladeiras espidas dos Pirineos e outros montes. Logra constituír poboacións notables entre os oitocentos e os mil metros de altitude, rexenerándose abundantemente.

Madeira

Hai que cita-lo uso da madeira do cedro do Líbano para a construción do primeiro Templo de Xerusalén cara o 976 antes de Cristo. A súa madeira ten a calidade, aparte do seu olor particular, de repeler ós insectos e vermes. O cedro, erez en hebreo, é a árbore máis citada da Biblia.

Sen embargo, é unha madeira bastante fráxil, o cal limita o seu emprego na carpintería. As súas propiedades de imputridez fano tamén ideal para ser usado na construción naval e para a fabricación de sarcófagos desde a antigüidade, de feito, o rei Salomón posuía unha grande flota mercantil de barcos de madeira desta árbore.

A madeira preciosa do cedro do Líbano serve ós artesáns para a confección de xoieiros, cofres e outros produtos deste tipo.

Hoxe utilízase para a construción, sobre todo no recubrimento de muros exteriores (Bevel-siding) ou tellas (shingels); ou para a construción de vivendas de madeira.

Esencia e resina

O aceite natural aromático do cedro do Atlas ten propiedades antisépticas (non confundir este aceite co aceite de cedro utilizado para a observación microscópica, extraído do xenebreiro de Virxinia, por iso chamado cedro de Virginia).

Para os antigos exipcios, a esencia do cedro se utilizaba na preparación do embalsamento de momias.