Excalibur: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Almabot (conversa | contribucións)
m bot Engadido: sco:Excalibur Eliminado: no:Excalibur
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
m bot Engadido: eu:Exkalibur
Liña 37: Liña 37:
[[eo:Excalibur]]
[[eo:Excalibur]]
[[es:Excalibur]]
[[es:Excalibur]]
[[eu:Exkalibur]]
[[fa:اکس کالیبور]]
[[fa:اکس کالیبور]]
[[fi:Excalibur]]
[[fi:Excalibur]]

Revisión como estaba o 28 de xullo de 2009 ás 11:08

A espada Excalibur

Excalibur é o nome máis aceptado da espada lendaria do Rei Artur, á que se atribuíron diferentes propiedades extraordinarias ao longo das numerosas versións do mito e as historias subseguintes.

Orixinalmente recibiu outros nomes: Caliburn, nos escritos de Geoffrey de Monmouth; e Caledfwlch, en antigas narracións galesas como Culhwch ac Olwen. Esta última é unha palabra que deriva do gaélico antigo "caladbolg", que significaría "espada escintilante".

A partir das narracións de ficción baseadas no mítico personaxe do Rei Artur, a espada Excalibur ten diversas historias asociadas.

A obtención de Excalibur

Existen diversas historias sobre como Artur se fixo posuidor da mítica espada. Geoffrey de Monmouth só di que a mesma foi forxada en Ávalon, sen dar máis detalles.

No Ciclo da Vulgata cóntase que Artur recibe a espada dunha ninfa chamada a Dona do Lago. Porén hai outra historia (máis difundida, mais que segundo os primeiros escritos non era a orixinal) na cal se conta que Artur obtivo Excalibur ao extraela dunha pedra, e que a espada foi forxada por Merlín. En resumo, Excalibur é a espada máis poderosa que nunca existiu, pois dáballe o poder a quen a posuíra de non ser ferido nunca.

A desaparición de Excalibur

Bedivere lanzando a mítica espada á auga. Ilustración de 1894.

O relato máis aceptado é aquel que narra que Arturo, moribundo, ordénalle a un dos seus cabaleiros que tire a súa espada a un estanque encantado. Este cabaleiro, que primeiro desobedece e despois acepta a orde de moi mala gana, é chamado Girflet, Bedivere, Lanzarote ou Perceval, segundo o relato.

Cando o cabaleiro lanza a espada ao estanque, unha man xorde da superficie da auga, colle a espada e despois desaparece nas profundidades.

Películas

A espada dá nome á película Excalibur sobre o Rei Artur e as súas aventuras, dirixida en 1981 por John Boorman.

Así mesmo, é mencionada noutras películas como Merlin, do director Steve Barron, en 1998, facendo alusión en gran parte ao ciclo da Vulgata.