Illa de San Martiño: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 69: Liña 69:
[[Categoría:Illas de Francia]]
[[Categoría:Illas de Francia]]


[[an:Isla de San Martín]]
[[bg:Синт Мартен]]
[[br:Sant-Martin (enez)]]
[[ca:Illa de Sant Martí]]
[[cs:Svatý Martin (ostrov)]]
[[de:Saint-Martin (Insel)]]
[[en:Saint Martin]]
[[es:Isla de San Martín]]
[[es:Isla de San Martín]]
[[eo:Sankta Marteno (insulo)]]
[[ja:マリゴ]]
[[fr:Saint-Martin (Marigot)]]
[[et:Saint-Martin]]
[[nl:Marigot]]
[[fi:Saint-Martin]]
[[no:Marigot]]
[[fo:Saint Martin]]
[[fr:Saint-Martin (île)]]
[[he:סן מרטן]]
[[id:Sint Maarten]]
[[it:Saint-Martin (isola)]]
[[ja:セント・マーチン島]]
[[ko:세인트마틴 섬]]
[[lb:Saint-Martin (Insel)]]
[[lv:Senmartēna (sala)]]
[[nl:Sint-Maarten (eiland)]]
[[nn:Øya St. Martin]]
[[no:Saint Martin]]
[[oc:Sant Martin (illa)]]
[[pl:Sint Maarten (wyspa)]]
[[pms:San Martin (Antile)]]
[[pt:São Martinho (ilha)]]
[[ro:Insula Sfântul Martin]]
[[ru:Остров Святого Мартина]]
[[sk:Saint Martin (ostrov)]]
[[sq:Shën Martini]]
[[sr:Острво Свети Мартин]]
[[sv:Saint Martin]]
[[tr:Ermiş Martin]]
[[vec:Sint Maarten Saint Martin]]
[[vi:Saint Martin]]
[[zh:圣马丁岛]]

Revisión como estaba o 27 de xullo de 2009 ás 20:28

San Martín
Bandeira Escudo
Localización
Mapa de localización da illa de San Martín
[[]]
Datos
Capital Marigot e Philipsburg
País Francia, Holanda
Linguas
Poboación (2007) 73.397 hab.
Superficie 98 km²
Densidade 749 hab/km²
Concellos
Coordenadas Modelo:Coor dm
Maior Altura 414 m. Pic Paradis

A Illa de San Martín (Saint-Martin en francés, Sint Maarten en neerlandés) é unha illa situada no mar Caribe, aproximadamente a 240 km. ao leste da illa de Porto Rico.

A illa, de 98 km² de superficie, está dividida en dúas: a parte sur pertence ás Antillas Neerlandesas (denominada Sint Maarten), mentres que a parte norte é a colectividade de ultramar francesa de Saint-Martin, formada en 2007 logo da súa secesión do departamento de ultramar de Guadalupe.

Colectivamente, ambos os territorios son coñecidos como St. Martin/St. Maarten ou St. Martins. As principais cidades son Marigot, no lado francés, e Philipsburg, no lado neerlandés.

Historia

A illa foi divisada polo navegante Cristobo Colón o 11 de novembro de 1493, día de San Martín de Tours, en honra ao cal chamou á illa.

Os conquistadores holandeses chegaron a esta illa e habitárona desde os anos 1620. España reconquistó a illa en 1633 e fundaron un forte en Punta Branca. Baixo a dominación hispana, foron introducidos os primeiros escravos africanos. Con todo, estes entraron en maior cantidade durante o século XVIII como traballadores nas plantacións de cana de azucre dos franceses.

Mapa da illa de San Martín. En verde, zona francesa; en laranxa, zona neerlandesa

O 23 de marzo de 1648 foi asinado un acordo para dividir a illa entre os reinos de Francia e de Holanda.

Desde ese entón, ambos os territorios dependeron doutros territorios de ultramar de potencias estranxeiras. Xa a comezos do século XXI, ambos os territorios comezaron a esixir unha modificación aos estatutos de goberno. A zona francesa, que era unha comuna do departamento de ultramar de Guadalupe decidiu escindirse, do mesmo xeito que a próxima illa de San Bartolomé. Tras ser aprobado polo parlamento francés, San-Martín estableceuse como unha colectividade de ultramar o 22 de febreiro de 2007. En tanto, unha reforma importante que sufrirá as Antillas Neerlandesas durante 2007 permitirán que San Martiño teña un estátus similar ao que ostenta actualmente Aruba.

Vista de Philipsburg, capital de Sint Maarten

Demografía

A illa de San Martín sufriu nos últimos anos un forte incremento demográfico, debido ao forte desenvolvemento do turismo. A inmigración preponderante é de ascendencia haitiana, francesa e dominicana. En 2002 estimábase unha poboación en Saint-Martin de 31.397, mentres en Sint-Maarten era de preto de 42.000 en 2005.

Aínda que os idiomas máis usados son o francés e neerlandés nas súas diversas variantes, mesturadas con dialectos caribeños, tamén está presente o español, cunha estimación de preto de 4.500 hispanoparlantes en toda a illa.

Deporte

Os principais deportes practicados son o sóftbol e o béisbol. O fútbol non é moi popular, con todo, ambas as partes da illa posúen seleccións deste deporte. A selección de fútbol de Saint-Martin e a selección de fútbol de Sint Maarten son na actualidade seleccionados asociados á CONCACAF e non pertencen á FIFA, pero probablemente co cambio nos seus estatutos durante 2007 puidesen ter acceso á membresía.

Transporte

Existen dous aeroportos na illa: o Aeroporto Internacional Princesa Xuliana na parte holandesa, e o Aeroporto Grand-Case na francesa. O primeiro dos mencionados aeroportos é único no seu tipo xa que a cabeceira da pista atópase xunto á praia e é que numerosas persoas poden observar descender avións de gran porte a escasos metros da súa localización.