Lista de monarcas de Asturias: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
León -> León, España
TXiKiBoT (conversa | contribucións)
Liña 52: Liña 52:
[[hu:Asztúria uralkodóinak listája]]
[[hu:Asztúria uralkodóinak listája]]
[[it:Lista dei monarchi delle Asturie]]
[[it:Lista dei monarchi delle Asturie]]
[[ka:ასტურიის მეფეთა სია]]
[[la:Reges Asturorum]]
[[la:Reges Asturorum]]
[[lt:Sąrašas:Astūrijos karaliai]]
[[lt:Sąrašas:Astūrijos karaliai]]

Revisión como estaba o 27 de xullo de 2009 ás 12:36

Esta lista enumera os reis que dende o século XIX son considerados principalmente pola historiografía española coa designación de reis de Asturias. Pese que existe certo consenso entre os especialistas nos nomes e nas datas, o carácter e a extensión do seu goberno, asi como a propia existencia dos primeiros, aínda hoxe é obxecto de disputa.

Moderna Designación

É importante subliñar que ata o goberno de Afonso II, ningún dos anteriores gobernantes se titula como rex, senón como princeps, do mesmo xeito, ningún deles se titulou "rei de Asturias" -denominación que como a do reino, nace no romanticismo español decimonónico-, sendo titulación da época como reis "en Oviedo" ou "de Galicia" entre outras, agás Paio a quen a Crónica Albeldense cita como "rei dos astures".

Por iso, gran parte da historiografía galega actual consideraos como señores territoriais ata Afonso II e como reis da Galicia alto-medieval aos sucesivos.

Listaxe

  1. Paio (718-737), lendariamente [1]considerado pola mitoloxía española descendente dos reis visigodos
  2. Fávila (737-739)
  3. Afonso I, o Católico (739-757), herda o goberno por via matrilineal.
  4. Froila I (757-768)
  5. Aurelio (768-774)
  6. Silo (774-783)
  7. Mauregato, o Usurpador (783-789)
  8. Vermudo I o Diácono, (789-791)
  9. Afonso II, o Casto (791-842)
  10. Ramiro I (842-850)
  11. Ordoño I (850-866)
  12. Afonso III, o Grande ou Afonso Magno (866-910), transfire a capital de Oviedo para León, sendo por iso considerado o primeiro monarca leonés (Afonso III de León)
  13. Froila II (910-925), tamén rei de León (924-925)

O destronamento de Afonso III polo seu fillo maior, García e o establecemento definitivo da capital na cidade de León, foi visto pola maior parte historiografía española como o remate do Reino de Asturias e o comezo do Reino de León, asignándolle ao reino a denominación de "astur-leonés" e aos seus reis como "astur-leoneses".

Pola contra, gran parte dos historiadores galegos actuais consideran que non existe a desaparición dun reino (Asturias) nin o comezo doutro (León), pois existe unha continuación dinástica da mesma liñaxe real, asi como un mesmo marco xeográfico, constatandose a traslación da sede desde Oviedo até a cidade de León como se viña pretendendo desde finais do século IX. Oviedo e León continuaron a ser cidades de Galicia como en séculos pasados tal e como amosa toda a documentación medieval asi como a cartografia da época onde a denominación "León" sinxelamente non existe.

A lista prosegue coa Lista de reis de León.

Mais tarde, pasou a ser atribuído ao herdeiro do trono da España o título de príncipe de Asturias.

Véxase tamén

Referencias

  1. Así, Pelayo fue, según el pasaje cronístico que elijamos, «filium quondam Faffilani ducis ex semine regio»14, o bien «filius Ueremudi nepus Ruderici regis Toletani»15. Alfonso I, hijo del duque de Cantabria, Pedro, descendía «ex semine Leuuegilde et Reccaredi»16 Raquel ALONSO ÁLVAREZ: Los enterramientos de los reyes de León y Castilla hasta Sancho IV Continuidad dinástica y memoria regia [1]