Bloque Nacional Popular Galego: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
O '''Bloque Nacional Popular Galego''' ('''BNPG''' ou '''BN-PG''') foi unha organización política constituída en abril de 1977 pola [[Unión do Povo Galego]] e a [[Asemblea Nacional Popular Galega]]. Presentouse como agrupación de electores ás eleccións xerais de 1977 defendendo as Bases Constitucionais de 1976. O BNPG obtivo 23.167% votos, un 2% dos votos, sen conseguir entrar no Parlamento. Nas eleccións xerais de 1979 con 63.747 votos conseguiu o 5.87% dos votos. Nas eleccións municipais de 1979 o BNPG presentouse en 164 concellos, obtendo 70.355 votos (7.18%) o que lle supuxo 258 concelleiros e 9 alcades. No referendo do Estatuto de 1980 solicitou o voto negativo. Nas eleccións autonómicas de 1981 formou unha coalición co [[Partido Socialista Galego]], conseguindo como BNPG-PSG tres deputados no [[Parlamento de Galicia]], que foron expulsados por se negaren a xurar a Constitución e o Estatuto. Os conflitos internos e os malos resultados das eleccións de 1982, 38.615 votos (2.98%) provocaron a realización dunha Asemblea a fins de 1982 que transformou o BNPG no [[Bloque Nacionalista Galego]] (BNG)
O '''Bloque Nacional Popular Galego''' ('''BNPG''' ou '''BN-PG''') foi unha organización política constituída en abril de 1977 pola [[Unión do Povo Galego]] e a [[Asemblea Nacional Popular Galega]]. Presentouse como agrupación de electores ás eleccións xerais de 1977 defendendo as Bases Constitucionais de 1976. O BNPG obtivo 23.167 votos, un 2% dos votos, sen conseguir entrar no Parlamento. Nas eleccións xerais de 1979 con 63.747 votos conseguiu o 5.87% dos votos. Nas eleccións municipais de 1979 o BNPG presentouse en 164 concellos, obtendo 70.355 votos (7.18%) o que lle supuxo 258 concelleiros e 9 alcaldes. No referendo do Estatuto de 1980 solicitou o voto negativo. Nas eleccións autonómicas de 1981 formou unha coalición co [[Partido Socialista Galego]], conseguindo como BNPG-PSG tres deputados no [[Parlamento de Galicia]], que foron expulsados por se negaren a xurar a Constitución e o Estatuto. Os conflitos internos e os malos resultados das eleccións de 1982, 38.615 votos (2.98%) provocaron a realización dunha Asemblea a fins de 1982 que transformou o BNPG no [[Bloque Nacionalista Galego]] (BNG)


== Bibliografía ==
== Bibliografía ==

Revisión como estaba o 25 de xullo de 2009 ás 01:01

O Bloque Nacional Popular Galego (BNPG ou BN-PG) foi unha organización política constituída en abril de 1977 pola Unión do Povo Galego e a Asemblea Nacional Popular Galega. Presentouse como agrupación de electores ás eleccións xerais de 1977 defendendo as Bases Constitucionais de 1976. O BNPG obtivo 23.167 votos, un 2% dos votos, sen conseguir entrar no Parlamento. Nas eleccións xerais de 1979 con 63.747 votos conseguiu o 5.87% dos votos. Nas eleccións municipais de 1979 o BNPG presentouse en 164 concellos, obtendo 70.355 votos (7.18%) o que lle supuxo 258 concelleiros e 9 alcaldes. No referendo do Estatuto de 1980 solicitou o voto negativo. Nas eleccións autonómicas de 1981 formou unha coalición co Partido Socialista Galego, conseguindo como BNPG-PSG tres deputados no Parlamento de Galicia, que foron expulsados por se negaren a xurar a Constitución e o Estatuto. Os conflitos internos e os malos resultados das eleccións de 1982, 38.615 votos (2.98%) provocaron a realización dunha Asemblea a fins de 1982 que transformou o BNPG no Bloque Nacionalista Galego (BNG)

Bibliografía

  • Justo Beramendi e Xosé Manoel Núñez Seijas, O nacionalismo galego, A Nosa Terra, 1996
  • Manuel Anxo Fernández Baz, A formación do nacionalismo galego contemporáneo (1963-1984), Laiovento, 2003